Francisco Fraga Civeira
Francisco José Fraga Civeira[1] é un político galego que foi alcalde de Piñor.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Galicia, España |
Alcalde de Piñor | |
2003 – 2015 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
editarMembro do PSdeG-PSOE, foi candidato á alcaldía de Piñor nas eleccións municipais de 1999 e foi portavoz do partido na oposición. Nas eleccións municipais de 2003 logrou a vitoria e foi elixido alcalde co apoio do BNG. Nas municipais de 2007 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi vicepresidente executivo da FEGAMP. Nas municipais de 2011 volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu a sela candidatura máis votada, pero perdeu a maioría absoluta por un estreito marxe. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor do PPdeG ó alcanzar estes un acordo con dous edís independentes. Foi elixido deputado na Deputación de Ourense, sendo portavoz dende novembro de 2016. Porén, foi destituído en decembro de 2018[2] tras apoiar publicamente a Pachi Vázquez, do cal sempre foi un dos seus principais afíns, trala marcha deste do PSdeG.
Desta forma, pasou a formar parte do partido Espazo Común que Vázquez presentou en febreiro de 2019. Encabezou esta formación nas municipais dese ano en Piñor logrando 3 concelleiros e un 35% dos votos, se ben non consigueu recuperala alcaldía dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o cabeza de lista da candidatura da coalición formada por Espazo Común e Recortes Cero-Os Verdes [3][4], conseguindo resultados testimoniais. Nas municipais de 2023 foi elixido concelleiro de Espazo Común no Carballiño.
Notas
editar- ↑ "Corporación" Arquivado 23 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. Concello de Piñor
- ↑ El PSOE releva a su portavoz en la Diputación ourensana tras apoyar en público a Pachi Vázquez
- ↑ "Francisco Fraga, candidato de Espazo Común a las autonómicas por Ourense". La Región (en s). 26 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ "Lista de candidaturas ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020". Diario Oficial de Galicia. 10 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Francisco Fraga: «Acaban de darlle a puntilla á Galicia do interior»" La Voz de Galicia, 6/12/2011.
Predecesor: Manuel Fariñas Vázquez |
Alcalde de Piñor 2003 - 2015 |
Sucesor: José Luis González Rodríguez |