Francisco de Orellana
Francisco de Orellana,[1] nado en Trujillo, Estremadura en 1511, e finado no río Amazonas en novembro de 1546, foi un explorador, conquistador e adiantado español na época da colonización española de América. Participou na conquista do Imperio Inca e, no posterior, foi nomeado gobernador en diversas poboacións. Consideróuselle como un dos conquistadores máis ricos da súa época.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1511 (Gregoriano) Trujillo (Coroa de Castela) |
Morte | 1546 (Gregoriano) (34/35 anos) Delta do Amazonas, Brasil (pt) |
Causa da morte | doenza |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Conquistadores casteláns e exploración |
Lugar de traballo | Amazonas |
Ocupación | Conquistadores casteláns, militar, soldado |
Empregador | Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 |
En 1535, participou na pacificación e fundación de Portoviejo onde desempeñou os cargos de rexedor, alcalde ordinario ademais de tenente de gobernador e un dos primeiros veciños. En 1537, fundou a cidade de Guayaquil, que fora destruída polos indíxenas nativos en varias ocasións e recolocada por diferentes colonizadores españois. O ano seguinte recibiu o título de tenente de gobernador de Guayaquil. Despois de rematar a reconstrución da cidade partiu cara a Quito e, xunto a Gonzalo Pizarro, organizou unha expedición que remataría co descubrimento do río Amazonas.
Tras sobrevivir á travesía da viaxe pola Amazonia, partiu de regreso a España onde foi acusado de traizón por cargos presentados por Pizarro. Tras ser absolto, organizou outra expedición, pero non contou co capital nin coa aprobación necesarias. Por esta razón, dedicouse á pirataría e dirixiuse novamente ó Amazonas, onde xunto á maior parte da súa tripulación faleceron sen localización específica ó longo do río.
Notas
editar- ↑ "Francisco de Orellana". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco de Orellana |
Bibliografía
editar- Ramusio, Giovanni Battista (comp.) (1606). Delle Navigationi et Viaggi. Tomo 3 (PDF). Venecia: Appresso i Giunti.
- Herrera, Antonio de (1556). Juan de la Cuesta, ed. Historia general de los hechos de los castellanos en las Islas i Tierra firme del Mar Océano. (Década Séptima). Madrid.
- Fernández de Oviedo, Gonzalo (1855). José Amador de los Ríos, ed. Historia general y natural de las Indias, islas y tierra-firme del mar océano. Tercera parte. Tomo IV. Madrid: Imprenta de la Real Academia de la Historia.