Franz Waxman
Franz Wachsmann, nado en Königshütte (Chorzów) (hoxe en Polonia) o 24 de decembro de 1906 e finado nos Ánxeles o 24 de febreiro de 1967 foi un compositor xermano-estadounidense coñecido como Franz Waxman. Destacou especialmente polo seu traballo no mundo do cinema.
Nome orixinal | (de) Franz Wachsmann |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de decembro de 1906 Chorzów, Polonia (pt) |
Morte | 24 de febreiro de 1967 (60 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Cemiterio Hollywood Forever |
Actividade | |
Campo de traballo | Música cinematográfica |
Lugar de traballo | Berlín Dresden Os Ánxeles |
Ocupación | compositor, director de orquestra, compositor de bandas sonoras |
Instrumento | Piano |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , |
Sitio web | franzwaxman.com |
|
Traxectoria
editarWaxman naceu no reino de Prusia (hoxe Silesia) nunha familia de orixe xudía. Aos tres anos sufriu unha ferida nun ollo con auga fervendo que lle deixou secuelas permanentes. En 1923 entrou na Academia Musical de Dresden, onde estudou composición e dirección. Nesa época vivía dos cartos que facía tocando música popular.[1] Mentres traballaba como pianista cos Weintraub Syncopaters coñeceu a Frederick Hollander, que o presentou ao célebre director Bruno Walter.
Waxman traballou como orquestrador para a industria cinematográfica alemá, incluíndo a banda sonora de Hollander para Der blaue Engel en 1930. A súa primeira composición para o cinema foi en 1934 no filme Liliom. Ese ano recibiu unha grave malleira duns simpatizantes nazis en Berlín que o levaron a abandonar Alemña e marchar coa súa dona primeiro a París e logo a Hollywood.
En Hollywood coñeceu a James Whale, que coñecía o seu traballo en Liliom. O éxito da súa música para A noiva de Frankenstein (1935) converteuno en xefe musical dos Universal Studios. Porén, estaba máis interesado en compoñer ca en dirixir, polo que deixou a Universal para entrar na MGM como compositor. Estivo no estudio ata que en 1943 pasou á Warner Bros., onde traballou con outros grandes compositores, como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold.
En 1947 fundou o Los Angeles Music Festival. Ese mesmo ano fíxose músico autónomo e gañou dous Oscars consecutivos en 1950 e 1951. Traballou en máis de 1950 filmes e tamén na televisión.
Filmografía
editar- The Man in Search of His Murderer (1931)
- Scampolo (1932)
- Liliom (1934)
- Mauvaise Graine (1934)
- A noiva de Frankenstein (1935)
- Fury (1936)
- Captains Courageous (1937)
- A Christmas Carol (1938)
- The Young in Heart (1938)
- On Borrowed Time (1939)
- Lady of the Tropics (1939)
- Rebecca (1940)
- The Philadelphia Story (1940)
- Sospeita (1941)
- Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1941)
- Her Cardboard Lover (1942)
- Objective, Burma! (1945)
- Hotel Berlin (1945)
- Humoresque (1946)
- The Paradine Case (1947)
- Dark City (1950)
- The Furies (1950)
- Sunset Boulevard (1950)
- He Ran All the Way (1951)
- Anne of the Indies (1951)
- A Place in the Sun (1951)
- Phone Call from a Stranger (1952)
- Come Back, Little Sheba (1952)
- Stalag 17 (1953)
- Demetrius and the Gladiators (1954)
- A ventá indiscreta (1954)
- The Silver Chalice (1954)
- Mister Roberts (1955)
- Peyton Place (1957)
- Run Silent, Run Deep (1958)
- Historia dunha monxa (1959)
- Cimarrón (1960)
- Return to Peyton Place (1961)
- Taras Bulba (1962)
Concertos
editar- Carmen Fantasie, (1946) para violín e orquestra
- Tristan and Isolde Fantasy, para violín, piano e orquestra
- Auld Lang Syne Variations (1947), para violín e conxunto de cámara
- The Song of Terezín (1964–65), baseada en poemas de nenos do campos de concentración de Theresienstadt
- "Joshua" (1959), oratorio
Notas
editar- ↑ Thomas, Tony. “Franz Waxman.” Chap. 4 in Film Score: The Art & Craft of Movie Music. Burbank, CA: Riverwood Press, 1991, 35.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Franz Waxman na IMDb (en inglés).
- Artigo de David RaksinArquivado 13 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
- Páxina oficial
- Guide to Waxman's papers at Syracuse University Library