Friedrich Herlin
Friedrich Herlin (nado ca. 1430 en Nördlingen, morto ca. 1500) foi un pintor alemán do final da Idade Media, ás veces é citado como Fritz Herlin.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1435 (Gregoriano) Nördlingen, Alemaña (pt) |
Morte | 1500 (Gregoriano) (64/65 anos) Nördlingen, Alemaña (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bopfingen Giengen an der Brenz |
Ocupación | pintor |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Q124888624 |
Obra
editarHerlin exerceu a súa actividade especialmente en Rothenburg ob der Tauber, onde se pode admirar a súa obra mestra, o "retablo dos doce apóstolos", erguido sobre do altar maior da igrexa de St. Jakob (Santiago) (1466). Da súa autoría é tamén un retablo sobre a vida de Cristo e a Adoración dos Magos en Bopfingen (1472) e mais un tríptico no que se representa a Virxe Nai co Neno, san Lucas e santa Margarida, en Nördlingen (1488). Todas estas obras levan a súa sinatura.
Caracteres pictóricos
editarHerlin móstrasenos na actualidade como o sucesor de Rogier van der Weyden, mais o seu estilo non chega a un modo de expresión totalmente persoal. Non temos certeza algunha de que Herlin traballase nos Países Baixos, mais probabelmente seguiu unha aprendizado semellante aos de Martin Schöngauer e Hans Holbein o Vello, que se formaron na escola de Der Weyden. O retabuo de Rothenburg mostra grupos e figuras, movementos e roupaxes que semellan copiados dos de Van der Weyden ou de discípulos de Hans Memling. A Virxe de 1488 presenta características que son inexplicábeis sen contactos con pintores contemporáneos da Suabia.
Herlin carece do xenio de Schöngauer, non ten a delicadeza dos discípulos de Quentin Metsys, mais sen dúbida contribuíu ao desenvolvemento da arte en Suabia.
Galería
editar-
Retablo dos doce apóstolos, Rothenburg ob der Tauber
-
Retablo de Nördlingen: O doador Jakob Fuchsart e seus fillos
-
Retablo de Nördlingen: A esposa de Jakob Fuchsart e súas fillas