Friedrich Wöhler

químico alemán

Friedrich Wöhler, nado en Eschersheim (hoxe parte de Frankfurt) o 31 de xullo de 1800 e finado en Gotinga o 23 de setembro de 1882, foi un químico alemán.

Modelo:BiografíaFriedrich Wöhler

(1856) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1800 Editar o valor en Wikidata
Frankfurt (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1882 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Gotinga (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Philipps de Marburgo
Universidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Director de teseLeopold Gmelin e Jöns Jacob Berzelius Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario, bioquímico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorQ15787840 Traducir (1825–1831)
Universidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosWilhelm Kühne Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAdolph Wilhelm Hermann Kolbe, Georg Ludwig Carius, Carl Schmidt (pt) Traducir, Georg Städeler (en) Traducir, Wilhelm Kühne, Heinrich Limpricht, Georg Städeler (en) Traducir e Georg Ludwig Carius Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вёлер Фридрих)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 143515274 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mentres estudaba medicina en Heidelberg interesouse pola química, trasladándose a Estocolmo para estudar co químico sueco Berzelius. En 1836 foi profesor de química na universidade de Gotinga.

Precursor no campo da química orgánica, Wöhler é famoso pola súa síntese do composto orgánico urea, a partir amoníaco e ácido cianhídrico, dúas substancias minerais. Non foi este o primeiro composto orgánico que sintetizou a partir de compostos inorgánicos, xa que o primeiro foi o oxalato de amonio, pero non revelou dito acontecemento debido a que non sabía daquela o nome que debería levar, e por iso chamouno sólido branco descoñecido.

 
Síntese de Wöhler.

Con esta síntese demostrou, en contra do pensamento científico da época, que un produto propio dos procesos vitais se podía obter no laboratorio a partir de materia inorgánica. Isto provocou unha revolución na química e na bioloxía, e foi un golpe decisivo para refutar as concepcións vitalistas.

Tamén fixo investigacións importantes sobre o ácido úrico e o aceite de améndoas amargas, en colaboración co químico alemán Justus von Liebig.

Illou ademais dous elementos químicos, o aluminio e o berilio. Descubriu o carburo de calcio e, a partir deste, obtivo o acetileno. Tamén desenvolveu un método para preparar o fósforo que aínda se segue a utilizar hoxe.

En 1830 determinou que o eritronio, descuberto por Andrés Manuel del Río en México en 1801, e o vanadio, descuberto por Nils Gabriel Sefström en Suecia 30 anos despois, eran o mesmo elemento.[1]

Escribiu varios libros de texto de química orgánica e inorgánica.

  1. Pese a primacía do descubrimento de del Río, o nome vanadio vén de Vanadis, outro nome de Freyja, deusa escandinava da beleza, porque este metal ten sales moi coloreadas. Descuberto en 1801 en México por Andrés Manuel del Río, mineraloxista español, que o bautizou daquela como chumbo pardo. No curso das súas experimentacións, del Río descubriu que esta coloración proviña de trazas de cromo, e renomeouno entón vomo panchromium. Rebautizaríao unha vez máis como eritronio, porque a maior parte dos seus sales volvíanse vermellos cando se quentaban. O químico francés Hippolyte-Victor Collet-Descotils declarou entón que o novo elemento de del Rio non era senón cromo impuro, e o barón Alexander von Humboldt, amigo de del Rio, dixo o mesmo. Del Rio mantivo as súas conclusións. Trinta anos más tarde (1831), un sueco chamado Nils Gabriel Sefström, redescubriu o vanadio nuns óxidos que encontrou traballando en minerais de ferro. No mesmo ano, Friedrich Wöhler confirmou os traballos de del Rio, pero o metal non cambiou o seu nome escandinavo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hoppe, Brigitte (2007): "Review of 'The life and work of Friedrich Wohler (1800-1882)' by Robin Keen, edited by Johannes Buttner", in Isis, 98, (1), páxs. 195–196.
  • Kauffman, George B. & Steven H. Chooljian: (2001): "Friedrich Wöhler (1800-1882), on the Bicentennial of his Birth", in The Chemical Educator 6, páxs. 121-133.
  • McKie, Douglas (1944): "Wöhler's syntethic Urea and the rejection of Vitalism: a chemical Legend", in Nature 152, páxs. 608-610.
  • Ramberg, Peter J.(1967): "The Death of Vitalism and the Birth of organic Chemistry. Wöhler's Urea Synthesis and the disciplinary Identity of organic Chemistry", in Ambix 47, páxs. 170-215.
  • Keen, Robin (2005): The Life and Work of Friedrich Wöhler. Bautz.

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2