Un funxicida é un produto aplicado no control de pragas producidas por fungos parasitos. Os funxicidas son compostos químicos empregados para previr os graves danos que os fungos ocasionan en colleitas e nos xardíns. Os funxicidas tamén se empregan para loitar contra as infeccións causadas por fungos.

Os funxicidas poden actuar por contacto ou de xeito sistémico. Un funxicida de contacto pulverízase sobre a superficie da planta e mata os fungos ó poñerse en contacto con eles. Un funxicida sistémico é absorbido pola planta e distribuído polo sistema vascular da mesma, deste xeito chega ós fungos ós que mata.

Os funxicidas poden ser prexudiciais para a saúde humana cando se entra en contacto con eles de xeito directo, pero tamén indirectamente cando se consomen produtos procedentes de colleitas tratadas cos mesmos. Poden producir irritación, dores de cabeza, diarrea, ocasionar danos en distintos órganos e enfermidades relacionadas co sistema nervioso.

Existe o perigo de que contaminen ecosistemas e augas. Pequenas doses de funxicidas poden ser acumuladas e chegar a ser tóxicas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1