Gake no ue no Ponyo
Gake no ue no Ponyo (崖の上のポニョ) é un filme de animación xaponés do estudio de anime Studio Ghibli, dirixido e escrito por Hayao Miyazaki, director de Mononoke Hime, A viaxe de Chihiro e Hauru no Ugoku Shiro.
Ponyo no cantil | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gake no ue no Ponyo |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki Executivo: Koji Hoshino |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Yuria Nara Hiroki Doi Tomoko Yamaguchi George Tokoro Kazushige Nagashima |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Animación |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho Walt Disney Pictures |
Estrea | 2008 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Aventuras, Animación |
Orzamento | ¥3,4 billóns (US$34 millóns) |
Recadación | US$201 750 937 |
Na rede | |
http://www.ghibli.jp/ponyo | |
Sinopse
editarSosuke é un neno de cinco anos que atopa unha peixiña de cor vermella cando estaba xogando na praia a carón da súa casa. Ese peixe ten atascada a cabeza nun tarro de marmelada e Sosuke axúdaa a liberarse e adóptaa co nome de Ponyo. Porén, o pai de Ponyo é un feiticeiro que vive no máis profundo do océano e obrígaa a volver con el ás profundidades do mar. "Quero ser humana!", exclama Ponyo e, decidida a transformarse nunha nena e regresar con Sosuke, foxe do seu pai. Mais non vai ser doado reunirse con Sosuke.
Personaxes
editar(Voces de dobraxe da versión orixinal xaponesa).
- Yuria Nara como Ponyo
- Hiroki Doi como Sosuke
- Jòji Tokoro como Fujimoto
- Tomoko Naraoka como Yoshie
- Kazuko Yoshiyuki como Toki
- Yuki Amami como Grandmammare
- Tomoko Yamaguchi como Lisa
- Akiko Ogawa como Noriko
- Kazushige Nagashima como Koichi
- Tokie Hidari como Kayo
- Emi Hiraoka como Kumiko
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gake no ue no Ponyo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en xaponés)