Galeguismo (lingüística)
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2011) |
Un galeguismo no ámbito da lingüística refírese á estrutura propia da lingua galega aplicada noutra lingua.
Explicación histórica
editarO galego foi lingua de cultura en toda a Península Ibérica durante boa parte da Idade Media, e a súa influencia foi bastante importante nas linguas do occidente europeo (español e occitano). No castelán, a influencia do galego deuse ademais nos Séculos Escuros coa interpretación de que o galego era un dialecto da norma castelá, e polo tanto os galeguismos no castelán non eran máis que dialectalismos da súa norma. Dende as institucións que establecían o corpus normativo e a norma, dificultouse o recoñecemento desta influencia: así, Corominas no seu Dicionario etimolóxico, moi poucas veces recoñece a orixe galega de termos que por outra parte están ben documentados. Velaquí algúns exemplos de galeguismos en diferentes niveis do castelán:
Galeguismo fonético
editarEn castelán dáse a utilización do sistema de sete vogais galegas nas verbas en castelán: así, verbas coma "suerte" pronunciaríanse cunha vogal media semiaberta.
O uso falando castelán de determinados fonemas inexistentes en castelán importados do galego tamén é un caso de galeguismo: a nasal velar de "unha" ou a fricativa palatal de "Xose" permitían ós galegos unha vantaxe cando aprendían portugués, catalán, inglés ou francés, pero tamén se extrapolou esta realización á lingua española. A identificación do "X" galego co "J" castelán deu lugar a unha norma errónea, que produciría aberracións coma "Jeito" para "Xeito" ou "Jato" para "Xato". Este defecto deuse de forma esaxerada nos topónimos e antropónimos: a teima por castelanizar levaría a dicir barbaridades coma "Chandreja de Queija" ou "Otero", dando mesmo formas híbridas coma "Puenteareas" ou "Teijeiro".
Outra forma do galego aplicada no castelán é o ieísmo (que en realidade en castelán tamén está en franca maioría), non distinguindo a pronuncia das palatais de "rayos" e de "rollos".
Galeguismo morfolóxico
editarOs galegos somos coñecidos noutras rexións coma os "galeguiños", debido ó característico uso (e non abuso) do sufixo "-iño" na formación derivativa tamén falando castelán. Pero hai outra forma que contrasta coas falas do resto da Península: a ausencia na conxugación galega de tempos compostos, que provoca que os galegos que falan castelán non utilicen "he ido" senón "fui" e non usen "hube ido" senón "fose" ou mesmo "fora". Relacionado con isto, dáse a curiosidade de que estes problemas de distinción de uso desaparecen cando se aprende outra lingua coma francés ou inglés, do cal se deduce que o castelán de Galicia está xa nunha fase de adquisición por transmisión interxeracional (o cal é obvio: non é rigoroso supoñer que está aínda nunha fase de imposición exóxena).
Galeguismo sintáctico
editarEn castelán hai expresións, fundamentalmente perífrases verbais, que se traducen literalmente ó galego. Unha delas é "dar + participio" co significado de "conseguir + infinitivo" (que é incomprensible para un murciano). Así, "non dei rematado os deberes" tradúcese erroneamente por "no di acabado los deberes" cando o que se quere dicir é "no conseguí acabar los deberes". Outra perífrase pode ser o uso de "deber + infinitivo" co significado aproximativo que en castelán se expresa con "deber de + infinitivo".
Outro fenómeno é a utilización dos diferentes casos oblicuos con función pragmática: o pronome de solidariedade "che" ou "nos", o tamén o dativo de cortesía "lle". Así, dise incorrectamente moitas veces estruturas do tipo "no te me come nadiña" ou "¿no le quiere sal a la sopa?".
Galeguismo léxico
editarExisten moitas palabras procedentes da lingua galega que están xa integradas no idioma castelán, a maioría delas non identificadas coma galeguismos históricos. Unha boa parte deste repertorio refírese a termos da pesca ou o agro e fenómenos meteorolóxicos ("orballo" ou "chuvasco", que en castelán se escribe con "B"), pero o corpus non se restrinxe a isto. Aínda agora se utilizan galeguismos en castelán que non son interpretables por un castelanfalante de fóra de Galicia. Algúns exemplos poden ser os seguintes:[Cómpre referencia]
- Argallar
- Birollo
- Botafumeiro
- Cacho
- Cancela
- Carallo e cona
- Carballo
- Chollar
- Colo (moi estendido, por "regazo")
- Daquela
- Esmagar
- Fuchicar
- Pega
- Xurel.
- Xouba.
- Pescadilla.
- Pocillo (estes dous son formas híbridas, pero exclusivas de Galicia).
- Piolla e mesmo "pioja".
- Fanado
- Filloa ("hojuela", coma no refrán "miel sobre hojuelas").
- Faiado
- Petar.
- Silva.
- Remexer ("remover").
- Regato
- Meigo, meiga
- Miniño
- Muiñeira
- Sacar (en uso transitivo, coma sinónimo de quitar).
- Tiesto
- Reseso
- Pota
- Prestar (co significado de "render, sacar proveito").
- Pavero
- Percebe
- Poalla
- Rosmar.
- Parvo.
- Póla.
- Era boa (co significado de "si home!").
- Enfadar (derivado segundo Moliner do enfadarse do galego antigo cuxo significado era 'desalentarse', o que puido interpretarse como entregarse á fatalidade; polo tanto, pode derivar de fado[1]).
- Vieira
Na lingua portuguesa, dende o Acordo Ortográfico de 1990, conságrase por exemplo, os galeguismos brêtema (brétema) e lôstrego (lóstrego).
Calcos lingüísticos
editar- Cast. "echar de menos" é un calco lingüístico da expresión galego-portuguesa achar de menos. Curiosamente, a dita expresión perdeuse e tomouse na nosa lingua emprestada do galeguismo "echar de menos" castelán, creándose a expresión botar de menos.
Notas
editar- ↑ Academia Mexicana de la Lengua. "Enojarse, enfadarse". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2015. Consultado o 26/9/2015.