Galería de bandeiras dos concellos de Galicia

artigo de listas da Wikimedia

Galería de bandeiras dos concellos de Galicia.

Bandeiras dos concellos de Galicia

editar

Bandeiras dos concellos da Coruña

editar
Bandeira Concello Decreto/DOG Descrición
  Cambre Bandeira: Decreto 55/2009, do 26 de febreiro.

DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009).

En pano de prata, no centro un piñeiro froitado da súa cor e xunto ao tronco unha cuncha de vieira perfilada de azul a cada lado.
  Carballo Decreto 542/2005, do 20 de outubro.

DOG núm. 209 (31 de outubro de 2005).

Sobre o pano de amarelo, o carballo de verde.
  Cariño Decreto 342/1996, do 13 de setembro

DOG núm. 198 (13 de setembro de 1996)).

Branca á hasta, coa áncora de azul, e azul ó batente coas cinco estrelas de amarelo.
  Cedeira DECRETO 414/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cedeira, A Coruña[1] En pano de amarelo unha banda de verde, acompañada abaixo no terzo da hasta de tres rochas (aguillóns) de negro, sumadas de dúas ortigas de sete follas cada unha de verde; e no alto, no terzo do batente, dunha cruz patada de vermello.
  Cee Decreto 325/2002, do 14 de novembro.

DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002).

Sobre o pano verde, a torre donxonada de amarelo; terzado á hasta, de vermello coa cabeza de lobo de amarelo e, no alto, a vieira de branco.
A Coruña
  Curtis Decreto 258/2007, do 20 de decembro.

DOG núm.. 7 (10 de xaneiro de 2008)

En pano verde, unha franxa horizontal de amarelo cun carballo verde no centro e dúas crucetas vermellas colocadas xunto ao seu tronco, unha a cada lado; no pano de verde catro estrelas de amarelo, dúas no terzo do hasta e dúas no do batente.
  Dumbría Decreto 84/1999, do 11 de marzo.

DOG núm. 67 (9 de abril de 1999).

Sobre o pano amarelo, tres franxas ou tiras verticais e ondadas de azul, branco e azul.
  A Laracha Sobre o fondo azul céntrase un cruceiro.[2]
  Moeche DECRETO 332/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Moeche (A Coruña)[3] Sobre o pano verde, a banda engolada de amarelo acompañada de dúas torres do mesmo.
  Narón Decreto 125/2000, do 11 de maio.

DOG núm. 103 (29 de maio de 2000).

Sobre o pano azul escuro, dúas chaves de amarelo dispostas, á hasta, paralelas á vaina, unidas e entretidas.
  Ferrol
  Oleiros
  Oroso Decreto 85/2008, do 10 de abril.

DOG núm.84 (do 2 de maio de 2008).

En pano de verde, unha franxa horizontal de amarelo cun castiñeiro vello, froitado de catro ourizos, abrazado por unha edra.
  Ortigueira Decreto 255/2007, do 20 de decembro.

DOG núm 7 (10 de xaneiro de 2008).

Tres franxas horizontais; 1ª e 3ª pano de azul cunha franxa horizontal de branco; 2ª pano de branco con tres rochas (aguillóns) sumadas de tres matas de estruga verde de sete follas.
  Paderne Decreto 140/2001, do 25 de maio.

DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001).

Sobre o pano branco, a cabeza do xabaril da súa cor natural, linguada de vermello, e terzado á hasta de azul, con dúas vieiras de branco.
  Ponteceso
  Pontedeume Decreto 420/1996, do 21 de novembro (DOG nº 235, do 2 de decembro). Sobre pano verde, a banda de amarelo.
  As Pontes de García Rodríguez
  Ribeira Decreto 212/1986, do 25 de xuño.

DOG núm. 136 (15 de xullo de 1986).

Baseada no escudo heráldico da liñaxe ribeirense dos Mariño de Sálvora; sobre fondo prateado, tres ondas de cor azul mariño.
  Santa Comba Decreto 543/2005, do 20 de outubro[4] Sobre o de púrpura, o castelo de amarelo, sumado nos seus flancos de dúas vieiras brancas e acompañando, ao batente, de dúas tiras brancas, verticais e ondadas.
  Santiago de Compostela LEI 4/2002, do 25 de xuño, do estatuto da capitalidade da cidade de Santiago de Compostela[5] A bandeira de Santiago de Compostela é de cor granate e leva bordado, no seu centro, o escudo
  Teo DECRETO 273/1996, do 27 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Teo[6] Sobre pano azul, dous sabres brancos e encabados de amarelo, resaltados dunha vieira de amarelo.
  Trazo Decreto 83/2008, do 10 de abril.

DOG núm. 83 (30 de abril de 2008).

Pano de verde cun castelo de branco e, a súa dereita un lobo pasante de branco.
  Val do Dubra Decreto 50/2009, do 26 de febreiro.

DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009)

En pano de azul un sarcófago de branco superado dun raio de luz de branco superado, pola súa vez, dunha estrela de seis puntas da mesma cor; e no terzo horizontal de abaixo tres franxas ondadas de branco.
  Zas Decreto 138/2001, do 25 de maio.

DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001).

Sobre o pano branco, unha franxa ou tira vertical de vermello, disposta no centro e cunha torre de amarelo, aclarada de azul, e dúas mazarocas ó natural, dispostas unha á hasta e a outra ó batente.

Bandeiras dos concellos de Lugo

editar
Bandeira Concello Decreto/DOG Descrición
  Antas de Ulla DECRETO 15/1996, do 30 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Antas de Ulla (Lugo).[7] De azul, a torre amarela ó centro, e as dúas caldeiras brancas, unha ó batente e a outra á hasta.
  Baralla DECRETO 135/1996, do 29 de marzo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Baralla.[8] De azur, e sobre ondas de prata e azur, un caldeiro de ouro sumado dunha cruz do mesmo e acompañado de catro torres de prata, aclaradas de azur. Ó timbre, coroa real pechada.
  Bóveda DECRETO 137/2003, do 9 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bóveda (Lugo)[9] Sobre o pano azul, os tres dados punteados (5.4.5), dispostos á hasta e acompañados, ó batente, de tres tiras [verticais] ondeadas de branco.
  Burela Decreto 229/1996, do 30 de maio.

DOG núm. 114 (11 de xuño de 1996).

Partido de azul escuro ata un terzo co faro de branco[10] e as torques de amarelo, e o batente (dous terzos) azul celeste.
  Cervo Decreto 272/2001, do 20 de setembro.

DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001).

Sobre o pano verde, un cervo de amarelo, vilenado de vermello; encaixado de azul, un terzo da hasta, coa estrela de amarelo e unha áncora de branco.
  Cospeito DECRETO 65/2011, do 24 de marzo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cospeito[11] Pano de verde con dúas torres [amarelas] aclaradas de vermello; na parte inferior, catro ondas de branco e azul.
  Folgoso do Courel
  Foz
  O Incio DECRETO 308/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Incio.[12] Sobre pano vermello, unha aspa de amarelo.
  Lourenzá DECRETO 136/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Lourenzá[13] Pano verde con báculo e veo abacial, resaltado das dúas espigas amarelas dispostas en aspa e flanqueado no alto das dúas vieiras brancas, terzado no batente de amarelo.
  Mondoñedo Decreto 336/1999, do 9 de decembro.

DOG núm. 250 (29 de decembro de 1999).

Sobre o pano vermello, o cáliz de amarelo, sumado da Sagrada Forma de branco e acompañado de seis cruces, tamén de branco, tres á hasta e tres ó batente.
  Monterroso
  Ourol DECRETO 158/2010, do 9 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Ourol[14] En pano de verde unha banda de amarelo acompañada dun «vichelocrego» ou «gaimarelo» (Oriolus Oriolus) de amarelo e ás de negro en cada oco.
  Paradela
  O Páramo Decreto 331/1997, do 13 de novembro.

DOG núm. 227 (24 de novembro de 1997).[15]

Partida a un terzo da hasta. Azul á hasta, coas dúas torres de amarelo, e vermello ó batente coa cruz da Orde de San Xoán, ou de Malta.
  A Pontenova
  Portomarín DECRETO 173/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Portomarín[16] De vermello á hasta, coa cruz branca de San Xoán, e terzada de amarelo con tres retallos vermellos horizontais ao batente.
  Quiroga Decreto 271/1998, do 24 de setembro.

DOG núm. 195 (7 de outubro de 1998)

Sobre o pano verde, a torre de amarelo, flanqueada de catro franxas ou tiras verticais de branco, dúas á hasta e dúas ó batente.
  Rábade Decreto 330/2002, do 14 de novembro.

DOG núm. 233 (3 de decembro de 2002).

Partida á metade. De azul, coa aguia de amarelo, á hasta, e de amarelo ó batente.
  Ribadeo
  Ribas de Sil DECRETO 344/1996, do 13 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Ribas de Sil.[17] Sobre pano azul, a cruz patada de branco disposta no centro e cantonda de catro follas de vide de amarelo.
  Samos Decreto 287/2008, do 4 de decembro.

DOG núm. 6 (9 de xaneiro de 2009).[18]

Pano dividido en tres franxas verticais de verde, branco e azul; no terzo do centro, un círculo cunha cruz pometeada de amarelo con catro rubís de vermello, con catro vieiras de prata nos cantos.
  Sarria
  O Saviñao DECRETO 146/2011, do 7 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Saviñao.[19] No centro do pano de azul, doce xiróns concéntricos de amarelo recortados e postos nun óvalo imaxinario.
  Trabada
  Vilalba
  Viveiro

Bandeiras dos concellos de Ourense

editar
Bandeira Concello Decreto/DOG Descrición
  O Barco de Valdeorras Decreto 112/2007, do 24 de maio.

DOG núm.. 113 (13 de xuño de 2007)

Pano dividido en diagonal desde a parte alta da hasta, enbaixo de cor vermella e enriba, dividido en horizontal, un terzo de cor branca e baixo del dous terzos de cor azul celeste.
  Calvos de Randín DECRETO 327/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Calvos de Randín (Ourense)[20] Sobre o pano verde, a torre de amarelo acompañada dos seis besantes do mesmo.
  Castrelo do Val Decreto 328/2002, do 14 de novembro.

DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002)[21]

Sobre o pano verde, a torre de amarelo; terzado á hasta, de negro coa cruceta patada de amarelo, acompañada das vieiras de branco.
  Cortegada DECRETO 155/2024, do 20 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cortegada (Ourense)[22] O pano vermello coa copa de amarelo e venera branca flanqueadas das dúas serpes verdes. Ao hasta, as sete cruces treboladas de amarelo, ben ordenadas, e as dúas ondas brancas, ao batente.
  Laza Decreto 256/2007, do 20 de decembro.

DOG núm. 7 (10 de xaneiro de 2008)

Pano de branco cunha máscara de peliqueiro coa mitra perfilada de vermello e as borlas, pel e coloretes de vermello; e de vermello pano da parte baixa delimitada desde o centro da base da bandeira ata os ángulos de arriba.
  Maside Decreto 56/2009, do 26 de febreiro.

DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009)

Pano de verde cunha torre campanario de amarelo mazonada de negro e aclarada de azul, flanqueada por dous leóns de amarelo, uñados e linguados de vermello e enfrontados, sobre dúas franxas ondadas de branco no terzo horizontal de abaixo.
  Melón DECRETO 146/2004, do 25 de xuño, polo que se aproba a bandeira do Concello de Melón (Ourense)[23] Sobre o pano azul, o báculo amarelo, flanqueado de dúas cruces floronadas del; terciado á asta con xadrezado en dúas ordes de branco e vermello.
  Deputación Provincial de Ourense Decreto 295/1997, do 9 de outubro.

DOG núm. 204 (22 de outubro de 1997)

Sobre o pano azul, once puntos brancos dispostos en vertical e ó batente.
  Padrenda DECRETO 209/1992, do 10 de xullo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Padrenda (Ourense).[24] [...] rectangular de proporcións 2:3, formada por cinco franxas horizontais de proporcións ¼, ⅛, ¼, ⅛ e ¼, tres azuis e dúas brancas, as azuis cargadas con dúas, tres e dúas vieiras brancas, respectivamente.
  Petín DECRETO 283/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Petín (Ourense).[25] Bandeira cadrada, de cor branca cunha aspa azul celeste. Brochante ó centro o escudo municipal nas súas cores.
  Ramirás
  Riós DECRETO 175/2004, do 15 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Riós (Ourense)[26] Sobre o pano amarelo, o castiñeiro ao natural e, terciado ao batente, as ondas ou tiras verticais e ondadas, de azul e branco.
  A Teixeira DECRETO 342/2003, do 24 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello da Teixeira (Ourense)[27] Sobre o pano verde, as dúas espigas de amarelo, postas en aspa, acompañadas no alto dun acio de uvas do mesmo, e á hasta, terciado de amarelo.
  Verea
  Vilardevós DECRETO 278/2003, do 22 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Vilardevós (Ourense)[28] Sobre pano vermello, a cruz de San Xoán e, terciado á hasta, de azul coas tres vieiras de branco.
  Xunqueira de Espadanedo DECRETO 125/2000, do 11 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Narón (A Coruña).[29] En pano de azul unha banda xaquelada de trece e dúas ordes de branco e de vermello, acompañada dun xunco en cada oco.

Bandeiras dos concellos de Pontevedra

editar
Bandeira Concello Decreto/DOG Descrición
  Arbo Decreto 165/2002, do 25 de abril.

DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)[30]

Sobre o pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo.
  Baiona
  Bueu DECRETO 91/2013, do 30 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bueu.[31] O pano azul e, ao batente, tres franxas verticais e ondadas de branco.
  Cangas
  A Cañiza
  Catoira Decreto 53/2009, do 26 de febreiro.

DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009)

En pano de vermello: no terzo da hasta unha roda de branco cargada cunha cruz de branco cos cantóns en vermello; no terzo do batente dúas torres de amarelo mazonadas de sable e aclaradas de azul; e no terzo vertical do centro sete franxas verticais ondadas de branco e de azul.
  Concello de Cerdedo Decreto 270/2001, do 20 de setembro.

DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)

Partida ó centro. De azul á hasta, co Cordeiro Pascual disposto sobre o Libro dos Sete Selos; todo nas súas cores convencionais. De vermello ó batente.
  Cuntis
  A Estrada DECRETO 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada[32] Dividida por unha banda branca, de verde á hasta e de vermello ao batente.
  Forcarei
  Meaño DECRETO 43/2016, do 7 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Meaño[33] O pano verde e ao centro unha franxa branca, vertical e de dous terzos do longo, co piñeiro ao natural, flanqueado dos dous acios de uvas verdes.
  Fornelos de Montes
A Guarda
   Nigrán Pano azul cunha aspa branca.[34]
  Pazos de Borbén Decreto 85/1994, do 8 de abril.

DOG núm. 76 (21 de abril de 1994).

Cortada pola metade. Amarelo a porción superior e azul ultramar medio a inferior.
  Pontevedra
  O Rosal
Ribadumia
  Sanxenxo Decreto 209/2000, do 21 de xullo.

DOG núm. 157 (14 de agosto de 2000)

Ondado de azul e amarelo e terzado á hasta de azul co brazo saínte, vestido de amarelo e armado dunha lanza do mesmo.
  Silleda
  Vigo
  Vila de Cruces
  Vilaboa Decreto 546/2005, do 20 de outubro.

DOG núm 209 (31 de outubro de 2005)

De azul, as dúas torres de branco, aclaradas de azul.
  1. DECRETO 414/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cedeira, A Coruña. Diario Oficial de Galicia
  2. Símbolos. Páxina web oficial do concello da Laracha
  3. DECRETO 332/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Moeche (A Coruña). Diario Oficial de Galicia
  4. "Decreto 543/2005, do 20 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Santa Comba" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  5. LEI 4/2002, do 25 de xuño, do estatuto da capitalidade da cidade de Santiago de Compostela. Diario Oficial de Galicia
  6. DECRETO 273/1996, do 27 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Teo. Diario Oficial de Galicia
  7. DECRETO 15/1996, do 30 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Antas de Ulla (Lugo). Diario Oficial de Galicia
  8. DECRETO 135/1996, do 29 de marzo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Baralla. Diario Oficial de Galicia
  9. DECRETO 137/2003, do 9 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bóveda (Lugo). Diario Oficial de Galicia
  10. DECRETO 229/1996
  11. DECRETO 65/2011, do 24 de marzo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cospeito. Diario Oficial de Galicia
  12. DECRETO 308/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Incio. Diario Oficial de Galicia
  13. DECRETO 136/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Lourenzá. Diario Oficial de Galicia
  14. DECRETO 158/2010, do 9 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Ourol. Diario Oficial de Galicia
  15. DECRETO 331/1997, do 13 de novembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello do Páramo (Lugo). Diario Oficial de Galicia
  16. DECRETO 173/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Portomarín. Diario Oficial de Galicia
  17. DECRETO 344/1996, do 13 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Ribas de Sil. Diario Oficial de Galicia
  18. DECRETO 287/2008, do 4 de decembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Samos, Lugo. Diario Oficial de Galicia
  19. DECRETO 146/2011, do 7 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Saviñao. Diario Oficial de Galicia
  20. DECRETO 327/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Calvos de Randín (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  21. DECRETO 328/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Castrelo do Val (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  22. DECRETO 155/2024, do 20 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cortegada (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  23. DECRETO 146/2004, do 25 de xuño, polo que se aproba a bandeira do Concello de Melón (Ourense). Diario oficial de Galicia
  24. DECRETO 209/1992, do 10 de xullo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Padrenda (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  25. DECRETO 283/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Petín (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  26. DECRETO 175/2004, do 15 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Riós (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  27. DECRETO 342/2003, do 24 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello da Teixeira (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  28. DECRETO 278/2003, do 22 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Vilardevós (Ourense). Diario Oficial de Galicia
  29. DECRETO 125/2000, do 11 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Narón (A Coruña). Diario Oficial de Galicia
  30. DECRETO 165/2002, do 25 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Arbo (Pontevedra). Diario Oficial de Galicia
  31. DECRETO 91/2013, do 30 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bueu. Diario Oficial de Galicia
  32. DECRETO 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada. Diario Oficial de Galicia
  33. DECRETO 43/2016, do 7 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Meaño. Diario Oficial de Galicia
  34. [https://www.nigran.es/es/imagen-corporativa/ Páxina web do Concello de Nigrán

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 1
os 104
todo 2
web 2