Un galicismo é unha estrutura propia da lingua francesa aplicada noutra lingua. O francés foi lingua de cultura en toda Europa durante moitos séculos ata o século XIX, e a súa influencia foi moi importante nas linguas do leste europeo (romanés, ruso) e mesmo tamén nas occidentais (no portugués, e é abundantísmo no caso do inglés). No galego, a influencia do francés veu ademais na época medieval coa afluencia de peregrinos franceses no Camiño de Santiago. Velaí uns exemplos de galicismos en diferentes niveis do galego:

Tipos de galicismos

editar

Galicismo fonético

editar

Lectura do "v" escrito en galego coma fricativo labiodental e non coma oclusivo bilabial. Isto é típico no español da Arxentina, e os emigrantes retornados dese lugar extrapolan esa pronuncia castelá ó galego.

Existe unha hipótese que supón que a pronuncia afrancesada (velar) do "r" no portugués meridional non é máis ca unha moda instalada na corte portuguesa de Coímbra en base ao prestixio da lingua francesa daquela, que logo se estendeu á fala común. Unha proba desta teoría é a inexistencia desta pronuncia aínda hoxe no norte de Portugal.

Galicismo léxico

editar

Existen palabras procedentes da lingua francesa que están xa integradas no idioma ("bagaxe", "avalancha"), pero hai outras que poden evitarse dado que xa existe un correspondente galego e o galicismo resulta innecesario:

  • "oraxe" por "tempestade"
  • "trineo" por "zorra"

Unha lista das palabras significadas como galicismos ou de etimoloxía francesa no VOLG é a seguinte:

Galicismo morfolóxico

editar

Podería considerarse que a influencia do francés exportou tamén fenómenos morfolóxicos. Un exemplo sería o alto rendemento do sufixo -axe no léxico galego, das que moitas corresponden a palabras de procedencia francesa pero xa integradas plenamente no galego:

Con todo, moitas destas palabras tamén son patrimoniais, algunhas comúns co portugués, ou neoloxismos de nova creación:

Moitas veces é difícil saber exactamente se a palabra procede do equivalente francés ou se se formou por analoxía coas formas xa integradas no galego, en parte tamén por que as dúas linguas parten dunha raíz común, o latín. Aínda así, pódese detectar no galego certa tendencia a que este sufixo recolla o significado de "conxunto de" [1] (correaxe, cregaxe, follaxe, ondaxe, plumaxe, ramaxe, tubaxe: este sufixo porén aparece moi pouco na toponimia, o cal podería indicar a súa relativa modernidade) como para crear substantivos abstractos (aluaxe, amaraxe e aterraxe; arbitraxe, estampaxe, estiaxe, hospedaxe, marcaxe, libertinaxe, pasaxe, vasalaxe), significado tamén presente na lingua orixinal.

Galicismo sintáctico

editar

Hai construcións francesas que por tradución ou importación se van impoñendo sobre outras patrimoniais preexistentes. É o caso do infinitivo de intención ou de destino: mentres en galego se debería dicir "correo para enviar", estase estendendo o uso da expresión "correo a enviar".

  1. Rosario Álvarez & al. (1993:96) Gramática galega. Vigo: Editorial Galaxia
  NODES
todo 2