Game of Thrones (tempada 8)

A oitava e derradeira tempada da serie de televisión de drama e fantasía Game of Thrones estreouse en HBO o 14 de abril de 2019. A rodaxe da mesma comezou oficialmente o 23 de outubro de 2017 e rematou en xullo de 2018.

Oitava tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios6
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal14 de abril de 2019- 19 de maio de 2019
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 7) Oitava tempada de Game of Thrones -

Ó contrario que as primeiras seis tempadas, que tiñan dez episodios cada unha, e da sétima tempada que tiña sete episodios, a oitava só ten seis. Ó igual que a tempada anterior, gran parte do contido orixinal non se atopa na saga A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin e é unha adaptación das revelacións de Martin ó equipo de rodaxe de da serie sobre o contido das seguintes novela de Martin, The Winds of Winter e A Dream of Spring. A tempada foi adaptada para a televisión por David Benioff e D. B. Weiss.

Episodios

editar
N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
681 "Winterfell"
«Winterfell»
David NutterDave Hill14 de abril de 201911,76[1]

Ó chegar a Winterfell cos seus exércitos combinados, Jon e Daenerys descobren que os Camiñantes Brancos atravesaron o Muro e que o Rei da Noite manda o Viserion non morto. En resposta, os señores do Norte e os seus aliados reúnense arredor de Winterfell, mais desconfían de Daenerys e dubidan da promesa de Cersei de enviar reforzos. En King's Landing, Euron regresa de Essos coa Golden Company e incita a Cersei a manter relacións sexuais. Namentres, Qyburn, actuando por orde de Cersei, contrata a Bronn para asasinar a Tyrion e Jaime. Theon rescata a Yara, que parte para retomar as Illas do Ferro. Theon logo marcha cara a Winterfell para axudar a combater o Exército dos Mortos. En Winterfell, Jon reúnese con Bran e Arya, e, co alento de Daenerys, aprende a montar a Rhaegal. Despois de saber que Daenerys executou ó seu pai e ó seu irmán, Sam cóntalle a Jon a súa verdadeira identidade. Tormund e Beric, que sobreviviron á destrución do Muro, descobren a Edd e varios sobreviventes da Night's Watch na sede de Last Umth da Casa Umber, encontrando ocupantes mortos e unha mensaxe do Rei da Noite. O día seguinte, Jaime chega a Winterfell e atópase con Bran. 

692 "A Knight of the Seven Kingdoms"
«Un cabaleiro dos Sete Reinos»
David NutterBryan Cogman21 de abril de 201910,29[2]

Jaime revela o engano de Cersei á alianza Targaryen-Stark e, malia a desconfianza de Danerys e Sansa, únese ás súas forzas logo de que Brienne o respalde. Máis tarde, Jaime discúlpase con Bran por telo paralizado, e Bran afirma que non está anoxado e que xa non son as persoas que algunha vez foron. Tyrion perde o favor de Daenerys polos seus erros, o que fai que Jorah lle pida que o perdoe. Daenerys tenta gañar a confianza de Sansa a través do seu amor mutuo por Jon, mais non ofrece ningunha garantía sobre o destino do Norte. Theon, Edd, Tormund e Beric chegan a Winterfell, e os tres últimos traen novas da caída da Casa Umber. Todo o mundo acepta a regañadentes a suxestión de Bran de que atraiga ó Rei da Noite, que ten a intención de eliminar o Corvo de tres ollos. Gendry remata unha arma especial para Arya, quen despois o seduce. Tyrion, Jaime, Davos, Brienne, Podrick e Tormund comparten unha bebida, durante a cal Jaime nomea cabaleiro a Brienne. Jorah non logra disuadir a Lyanna Mormont de pelexar e recibe a espada da casa Tarley de Sam. Cando o Exército dos Mortos se achega a Winterfell, Daenerys encontra a Jon na tumba de Lyanna Stark e descobre a súa liñaxe e dereito ó Trono de Ferro. 

703 "The Long Night"
«A longa noite»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss28 de abril de 201912,02[3]

O exército dos vivos atópase co exército dos mortos fóra do Winterfell, pero son rapidamente abrumados polos números superiores dos mortos. O exército de dothraki é destruído en poucos minutos, e Edd morre logo de salvar a Sam. A vida apágase no castelo mentres que Melisandre lanza a súa maxia para acender unha barreira protectora de lume que rodea Winterfell para atrasar a horda que avanzaba. Montando a Rhaegal e Drogon, Jon e Daenerys perseguen ó Rei da Noite, que monta en Viserion. Os soldados mortos rompen a trincheira de lume e atacan a Winterfell, escalando as súas paredes. Os defensores están abrumados e dispersos, morrendo Lyanna Mormont e Beric na contenda. Melisandre axuda a Arya a comprender o seu destino. Durante o combate aéreo, Jon e Rhaegal derrotan ó Rei da Noite, que cae ó chan onde Daenerys ordena a Drogon que o queime, pero sen efecto. O Rei da Noite esperta os defensores mortos de Winterfell, incluíndo os mortos Starks sepultados na cripta que atacan ós civís refuxiados. Daenerys salva a Jon despois de que Rhaegal sexa forzado a aterrar, pero Drogon vese obrigado a fuxir por mor dos soldados mortos; Jorah morre defendéndoa. O Rei da Noite chega até Bran, e mata a Theon despois de que el tentase protexese a Bran. Arya salta sobre o Rei da Noite, que a colle pola gorxa, mais Arya conseguele acoitelalo co seu puñal de aceiro valyrio. O Rei da Noite e os seus camiñantes brancos desintégranse, e Viserion e o Exército dos Mortos caen. Co seu propósito servido, Melisandre sae de Winterfell e, retirando o seu colar protector, morre por mor da súa avanzada idade. 

714 "The Last of the Starks"
«O derradeiro dos Stark»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss5 de maio de 201911,80[4]

Os sobreviventes choran os seus mortos, queimándoos en piras funerarias. Daenerys lexitima a Gendry como Baratheon, e noméao señor de Storm's End. Arya rexeita a proposta de matrimonio de Gendry. Jaime e Brienne convértense en amantes. Para protexer a súa posición como raíña, Daenerys quere que Jon agoche a súa verdadeira identidade. Bronn chega para matar a Jaime e Tyrion por Cersei, pero non o fai en troques de Highgarden. Daenerys quere atacar de inmediato King's Landing, pero o seu consello de guerra non está de acordo. Jon revela a súa ascendencia Targaryen a Sansa e Arya, que xuran gardarlo en segredo. Querendo a Jon como rei, Sansa dillo a Tyrion, quen informa a Varys. Arya deixa Winterfell e únese a Clegane, en dirección ó sur. Tormund dille a Jon que el e os salvaxes volverán ó norte e Jon pídelle que leve a Ghost canda el. Daenerys e a súa frota partiron para King's Landing, mentres que Jon lidera o exército do Norte. A mariña de Euron Greyjoy embosca a frota en Dragonstone, matando a Rhaegal cunha arma "escorpión" máis poderosa e capturando a Missandei. Daenerys considera apoderarse de King's Landing usando o lume do seu dragón. Varys e Tyrion debaten se Jon ou Daenerys son mellores gobernantes. Jaime diríxese a King's Landing despois do ataque de Cersei. Cersei rexeita a demanda de Daenerys de renderse e fai que Missandei sexa decapitada pola Montaña, o que anoxa a Daenerys. 

725 "The Bells"
«As campás»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss12 de maio de 201912,48[5]

Varys quere que Jon tome o Trono de Ferro mais Jon rexeita traizoar a Daenerys. Logo de que Tyrion a informase sobre o plan de Varys, ela fai que Drogon queime a Varys. Daenerys proponse incinerar King's Landing, mais Tyrion conspira con Jaime para render a cidade se Jaime pode convencer a Cersei de abdicar e fuxir en segredo. Como Jaime, Arya e Sandor infíltranse en King's Landing, e Daenerys fai que Drogon destrúa os escorpións, a Frota de Ferro e a Compañía Dourada, permitindo ó seu exército entrar na cidade. As forzas Lannister vense superadas e réndense pero unha Daenerys anoxada ataca a cidade con Drogon, queimando indiscriminadamente soldados e civís. O éxercito atacante segue o seu liderado, masacrando a cidade ó seu paso mentres horroriza a Tyrion e a Jon. Despois de entrar na Fortaleza Vermella, Jaime asasina a Euron Greyjoy, mais é ferido mortalmente. Sandor Clegane e Arya deciden non asasinar a Cersei, e o primeiro encóntrase co seu irmán Gregor, quen mata a Qyburn. Ámbolos dous loitan con fiereza, e os irmáns morren xuntos logo de caer nas lapas. Cersei e Jaime reúnense e foxen, mais os túneles de escape están destruídos bloqueando a súa fuxida. Jon chama retirada mentres os civís morren e King's Landing desaparece nas chamas. Arya, no medio da destrución, apenas consegue escapar da cidade con vida. 

736 "The Iron Throne"
«O trono de ferro»
David Benioff e D. B. WeissDavid Benioff e D. B. Weiss19 de maio de 201913,61[6]

Logo de que King's Landing fose destruída, Grey Worm executa tódolos soldados capturados por orde de Daenerys. Tyrion encontra a Jaime e a Cersei nas ruínas da fortaleza. Daenerys arenga ós Inmaculados e ós dothraki, declarando que ela liberará o mundo enteiro. Denunciando a tiranía de Daenerys, Tyrion rexeita o seu cargo como Man, sendo encarcerado por traizón e agardando a execución. Temendo que Daenerys acabe con Jon e Sansa, Arya e Tyrion dinlle a Jon que o destino de Westeros está nas súas mans. Jon encóntrase con Daenerys, pero ó non poder seguir o seu camiño de tiranía, asasínaa. Doído pola súa morte, Drogon derrete o Trono de Ferro e leva o corpo dela canda si. Tyrion é liberado e alenta a que os futuros monarcas sexan elixidos polos aristócratas de Westeros, no canto de facelo por sucesión familiar. Agás Sansa, que mantén a independencia do Norte, os líderes de Westeros proclaman a Bran Stark de xeito unánime como Bran the Broken, Gobernante dos Seis Reinos. Bran nomea a Tyrion como a súa Man e sentenza a Jon a unirse á Garda da Noite para aplacar ós seguidores de Daenerys. Grey Worm e os Inmaculados parten cara a Naath. Tyrion reorganiza o Consello do Rei con Brienne, Bronn, Davos e Sam para reconstruír King's Landing. Sansa é coroada Raíña do Norte. Arya embárcase a explorar o oeste de Westeros. En Castle Black, Jon únese a Tormund e a Ghost, acompañando ós salvaxes ó norte do Muro. 

  1. Welch, Alex (16 de abril de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ season 8 premiere hits new series high". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  2. Welch, Alex (23 de abril de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ slips, ‘Barry’ hits another high". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  3. Welch, Alex (30 de abril de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' rises to another series high". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019. 
  4. Welch, Alex (7 de maio de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' stays high, 'Barry' dips". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2019. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  5. Metcalf, Mitch (14 de maio de 2019). Showbuzz Daily, ed. "SHOWBUZZDAILY’s Top 150 Sunday Cable Originals & Network Finals: 5.12.2019". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  6. Welch, Alex (21 de maio de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' series finale sets new records". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2020. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  NODES
Done 1
orte 8