Gateway
dispositivo que permite interconectar redes informáticas
Un gateway ou pasarela é un dispositivo que permite interconectar redes que utilizan arquitecturas diferentes, é unha porta de enlace cunha rede. Os gateway actúan no nivel 4 (de transporte) e superiores do modelo OSI. A maioría dos gateways implementanse por software.
Resolven incompatibilidades como estas:
- Tipo de conexión: Pode darse que unha rede utilice servizos orientados a conexión e a outra non.
- Tamaño da mensaxe: O tamaño das mensaxes de ambas redes pode ser diferente, o gateway deberá adaptalos.
- Control de erros: Unha das redes pode ser pouco sensibel ós erros, ou simplemente mantelos durante demasiado espazo de tempo.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |