Paul Gauguin

artista francés
(Redirección desde «Gauguin»)

Paul Eugéne-Henri Gauguin, nado en París o 7 de xuño de 1848 e finado en Atuona o 9 de maio de 1903, foi un pintor postimpresionista francés, que contribuíu a dar forma á arte moderna coas súas cores exuberantes, formas bidimensionais planas e temática e foi ademais precursor do Fauvismo.

Modelo:BiografíaPaul Gauguin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Eugène Henri Paul Gauguin Editar o valor en Wikidata
7 de xuño de 1848 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1903 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Atuona, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteSífilis Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCalvary Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGauguin, Eugène Henri Paul Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNørregade (en) Traducir (1885–)
Frederiksberg (pt) Traducir (1884–1885)
París
Tahití Editar o valor en Wikidata
Educaciónlycée Pothier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, Cultura polinésia (pt) Traducir, artes visuais e Postimpresionismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Tahití (1891–1901)
Pont-Aven (1886–1891)
París (década de 1870–1891)
Tahití
Martinica
Céret
Polinesia Francesa
Copenhague
Illas Marquesas
Panamá
Martinica
Arles
Australia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, gravador, ceramista, ilustrador, debuxante, escultor, artista gráfico, artista visual Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, Arte de paisaxes, figura, arte de xénero e Natureza morta Editar o valor en Wikidata
MovementoPostimpresionismo, Escola de Pont-Aven, Simbolismo, sintetismo (pt) Traducir, Cloisonnisme (pt) Traducir, Impresionismo e primitivismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoGauguin: Catalogue de l’œuvre peint, 1873-1888 (en) Traducir (2001)
L'opera completa di Gauguin (en) Traducir (1972) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCamille Pissarro Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir
17 de febreiro de 1913Show de Arsenal (pt) Traducir
The Volpini Exhibition, 1889 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMette Sophie Gad Editar o valor en Wikidata
ParellaTeha'amana
Vaeoho Marie-Rose
Pau'ura a Tai
Juliette Huais Editar o valor en Wikidata
FillosÉmile Gauguin
 () Mette Sophie Gad
Clovis Gauguin
 () Mette Sophie Gad
Jean René Gauguin
 () Mette Sophie Gad
Pola Gauguin
 () Mette Sophie Gad
Emile Gauguin
 () Pau'ura a Tai
Germaine Chardon
 () Juliette Huais Editar o valor en Wikidata
PaisClovis Gauguin Editar o valor en Wikidata  e Aline Chazal Editar o valor en Wikidata
ParentesFlora Tristán, avoa materna
Paul René Gauguin, son's son
Lulu Gauguin, son's daughter Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1917169 Allocine: 37051
Facebook: paul.gauguin456 BNE: XX1151066 Dialnet: 2496161 Musicbrainz: ee8de950-906b-41a8-ac85-31886d2a0883 Discogs: 2259633 WikiTree: Gauguin-1 Find a Grave: 3125 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Vase de Fleurs 1880
 
Les lavandières à Pont-Aven 1886
 
La Ronde des petites bretonnes 1888
 
La perte du pucelage (A perda da virxindade) 1891
 
Aha oe feii? (Que!Estás celoso?) 1892
 
Vairumati 1897
 
Femmes et cheval blanc (Mulleres e cabalo branco) 1903
 
O Swineherd, Britania, pintado en 1888.

Naceu no seo dunha familia liberal de clase media. O seu pai era xornalista e a súa nai era filla da precursora feminista peruana Flora Tristán; tralo golpe de estado de Napoleón III (1851) fuxiu cos seus pais a Lima. Cando era aínda un adolescente saíu ao mar; en 1871 regresou a París e entrou a traballar nunha empresa financeira, transformándose nun importante axente bolsista, casou coa danesa Mette-Sophie Gad coa cal tivo cinco fillos.

En 1874 coñeceu a obra de Camille Pissarro e observou a primeira exposición dos impresionistas, é nesa época que comezou a desenvolver un forte interese pola arte que o conduciu a tomar clases de pintura e a reunir unha impresionante colección de obras impresionistas que comprendía traballos de Edouard Manet, Cézanne, Claude Monet e Camille Pissarro. En 1875 trabou coñecemento persoal con este último e empezou a traballar con el; resultado de tan fecunda colaboración foi a invitación a participar na quinta Exhibición Impresionista de 1880, que sería reiterada nos dous anos seguintes.

En 1883, o seu crecente interese pola pintura uniuse ó derrubo da Bolsa parisiense para lle conducir a toma-la decisión de se dedicar integramente á actividade artística. Ó ano seguinte trasladouse a Copenhaguen, residencia familiar do pai da súa esposa, en procura de apoio económico, pero o seu empeño fracasou rotundamente e pouco despois abandonaría a esposa e fillos. A partir dese momento viviu na penuria, rexeitado por unha sociedade que con anterioridade lle abrira os brazos e que en breve ía aborrecer. En 1884 trasladouse a Ruán cidade de Normandía na cal vivía Pissarro, dese momento é o Home na estrada, pintura basicamente paisaxista aínda encadrable dentro do impresionismo. En 1887 e 1888 realiza unha viaxe á Martinica e ao Panamá, é durante esta travesía caribeña que "descobre" os coloridos e as luminosidades intensas que serven para acentua-la sensualidade na pintura, tamén é nesta viaxe que percibe unha relación máis estreita entre os seres humanos e a natureza "primitiva".

Entre 1886 e 1888 a súa obra experimentou un xiro radical, cuxa orixe cabe procurar en dúas experiencias vitais de grande importancia: o seu encontro con Van Gogh e a xa mencionada primeira viaxe á Martinica. Gauguin coñeceu o pintor holandés en París e quedou fortemente impresionado polo modo en que este conseguía plasmar as súas inquedanzas vitais nuns lenzos rebordantes de expresividade. En 1888 incluso se desprazou a Arles coa intención de traballar conxuntamente, pero as incompatibilidades de carácter arruinaron o proxecto ó cabo só de poucas semanas. Pouco antes, Gauguin se trasladara durante un tempo á colonia francesa da Martinica, onde entrou en contacto cunha paisaxe repleta de sensual colorido e unha sociedade, a indíxena, en estreita convivencia coa natureza. Ambos factores uníronse para espertar no artista unha aguda nostalxia polo primitivo, vieiro no que ía achar unha vía idónea para expresar unha emotividade non contaminada polo naturalismo propio da arte refinada.

Trala súa desastrosa experiencia en Arles, Gauguin regresou a París, onde o seu interese polas formas da arte popular acrecentouse por vía da súa amizade co artista novo Émile Bernard. De resultas das súas propias experiencias na Martinica e da achega teórica de Bernard ía xurdilo sintetismo, estilo persoal caracterizado pola representación non imitativa e a separación da imaxe pictórica en zonas de cor fortemente contrastadas e a miúdo delineadas en negro ("cloisonne" inspirado nos vitrais das igrexas). Dito estilo, co seu rexeito frontal ó uso de trucos formais para recrea-la percepción visual, significou unha ruptura absoluta, dende o punto de vista conceptual, co impresionismo que outrora abrazara, polo que é categorizado pola moderna historiografía da arte como postimpresionista (xunto con Van Gogh e Cézanne). Entre 1888 e 1891 viviu principalmente na Bretaña, onde foi o referente principal da chamada Escola de Pont-Aven (nome dunha pequena localidade bretoa). Alí tivo como discípulos ó mencionado Bernard xunto Sérusier, Seguin, Chamaillard que constituirían o simbolismo), é nese tempo que adopta un debuxo sinxelo compensado por unha coloratura intensa disposta en planos masivos (tal cal se pode observar n´O Cristo amarelo).

En 1891 enfermo e tratando de eludir os seus endebedamentos marchou á Polinesia, deste modo entre 1891 e 1903 efectuou longas estancias en Tahití e as illas Marquesas alternadas con visitas a Francia entre 1893 e 1895, para tales anos o seu primitivismo foise temperando ó se abrir á influencia de neoclásicos como Ingres ou contemporáneos como o "nabi" Puvis de Chavannes. Este proceso correu da man dun crecente refinamento tonal e da presenza na súa produción dunha aura onírico-poética que de ningún modo asemella reflecti-la enfermidade e os conflitos persoais -particularmente os seus enfrontamentos coas autoridades locais na defensa das comunidades indíxenas- que marcaron os últimos anos da súa vida. Durante o período final da súa obra nótase un rexeitamento á perspectiva e o uso de formas amplas e planas, intensificando a expresividade cromática. Na Polinesia anticipa a arte abstracta: simplifica aínda máis as composicións dando preponderancia á cor e á idea que a cor pode suxerir. Cara aos últimos anos da súa vida formou parella e tivo fillos cunha moza das illas Marquesas, pero tamén contraeu lepra, a súa pintura entón ínzase de inquedanzas metafísicas (O espírito dos mortos obsérvanos; De onde viñemos?, que somos?, onde imos?; O ouro e o corpo; Nevermore.), en 1897 tenta suicidarse, logo sobrevive practicamente na miseria cunha pequena pensión que dende París lle enviaba un marchante, en 1901 xa establecido definitivamente nas Illas Marquesas dedicouse a realizar esculturas "primitivas" (principalmente tallas e baixorrelevos en madeira). Faleceu na aldea de Atuona o 9 de maio de 1903.

Obras principais

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1