George Robert Gray
George Robert Gray, nado o 8 de xullo de 1808 en Londres, e finado o 6 de maio de 1872 na mesma cidade, foi un zoólogo e escritor inglés, especializado en ornitoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1808 Londres, Reino Unido |
Morte | 6 de maio de 1872 (63 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Merchant Taylors' School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | biólogo, lepidopterólogo, zoólogo, ornitólogo, conservador |
Empregador | Museo Británico |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | G. R. Gray |
Familia | |
Pai | Samuel Frederick Gray |
Irmáns | John Edward Gray |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarNaceu no barrio de Little Chelsea de Londres, e era fillo de Samuel Frederick Gray (1766-1828), naturalista, botánico e farmacólogo, famoso na súa época. Era o irmán máis novo do tamén zoólogo John Edward Gray.[1] Fixo os seus primeiros estudos na Merchant Taylor's School.[2]
En 1831 entrou a traballar no British Museum, hoxe Natural History Museum, de Londres, como axudante conservador do departamento de zooloxía. Comezou por realizar catálogos de insectos, publicando en 1833 súa obra Entomology of Australia.
Participou na tradución á lingua inglesa da parte entomolóxica do Règne animal de Georges Cuvier.
Publicou a obra Zoology of the Voyage of HMZ Erebus & Terror, Birds of New Zealand de 1846 a 1875, no que o final da publicación completouna Richard Bowdler Sharpe (1847-1909).
Foi xefe da sección ornitolóxica do British Museum, durante corenta e un anos, e membro da Royal Society.
A máis importante publicación de George Gray foi Genera of Birds (1844–1849), ilustrada por David William Mitchell e Joseph Wolf, que inclúe 46 000 referencias.
Georges R. Gray foi, sobre todo, un home de museo, e case non tivo experiencia de campo.
Obras
editar- 1831 The Zoological Miscellany Zool. Miscell. (1): [1] 1–40
- 1833 The Entomology of Australia, in a series of Monographs. Part I. The Monograph of the Genus Phasma. London.
- 1835 Synopsis of the species of insects belonging to the family of Phasmidae. Londres. Longmans.
- 1846 Descriptions and Figures of some new Lepidopterous Insects chiefly from Nepal. Londres, Longman, Brown, Green e Longmans.
- 1843 Description of several species of the genus Phyllium
- 1852 Catalogue of Lepidopterous Insects in the British Museum. Part 1. Papilionidae.
- 1871 A fasciculus of the Birds of China. Londres, Taylor and Francis.
- 1875 The Zoology of the Voyage of HMS Erebus Erebus & HMS Terror. Birds of New Zealand. (Con Richard Bowdler Sharpe).
Abreviatura
editarA abreviatura G. R. Gray emprégase para recoñecer a George Robert Gray como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ "Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ The Royal Society, Library and Archive catalogue Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Robert Gray |
Bibliografía
editar- Barbara Mearns & Richard Mearns (1988): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. Londres: Academic Press. ISBN 0-12-487422-3.
Ligazóns externas
editar- Plates and text from Gray's 1833 Monograph on Phasmidae
- Digitised works by or about George Robert Gray en Biodiversity Heritage Library.