Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega

(Redirección desde «Gimnástica de Torrelavega»)

A Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega, habitualmente coñecido como Gimnástica, é un club de fútbol español da cidade de Torrelavega, en Cantabria. Foi fundado en 1907, é o club decano de Cantabria, e en 2007 leváronse a cabo os actos conmemorativos do Centenario da súa fundación.

Gimnástica de Torrelavega
NomeReal Sociedad Gimnástica de Torrelavega
Alcume(s)Gimnástica, gimnásticos, blanquiazules, torrelaveguenses, montañeses, portugueses, club del Besaya
Fundación1907
EstadioEl Malecón,
Torrelavega, España
Inauguración1922
Capacidade10.000
PresidenteEspaña Pablo Sámano
AdestradorEspaña Ezequiel Loza
Liga2ªB – Grupo 3
2012–1313º
Na rede
http://www.rsgimnasticatorrelavega.es/
Titular
Alternativo

Actualmente milita en Segunda División B, aínda que disputou 8 tempadas en Segunda. Conta cuns 2.000 socios e varios equipos filiais competindo en categorías rexionais.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta a raias verticais brancas e azuis, pantalón branco, medias azuis con raias horizontais brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias de cor azúl.
  • Terceiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias de cor vermella.

Estadio

editar
Artigo principal: Estadio de El Malecón.

A Gimnástica xoga os seus partidos no Estadio de El Malecón, con capacidade para 10.000 persoas, inaugurado en 1922. O estadio rexistrou cheos importantes, por encima ata da súa capacidade, en sendas eliminatorias de Copa do Rei celebradas o 30 de abril de 1967 ante o Real Madrid (2-2) e o 10 de xaneiro de 2001 ante o FC Barcelona (0-1).

Actualmente está pendente dunha futura remodelación total da que depende en boa parte un prometedor futuro para o club, pero continuos problemas de índole económico e político están atrasando algo longo tempo demandado pola afección.

O estadio empezouse a remodelar en 2009 e acabarase en 2011, e contará con capacidade para 6.007 espectadores. O orzamento total ascende a 5.702.397,66 e o seu prazo de execución previsto é de 27 meses.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 9
  • Tempadas en 2ªB: 20 (Incluída a 2012/13)
  • Tempadas en : 45
  • Mellor posto en liga: 4º (2ª División tempadas 1928-29 e 1949-50)
  • Peor posto en liga: 16º (2ª División tempada 1967-68)
  • Mellor clasificación en Copa: oitavos de final (1929, 2001)

Xogadores

editar
Categoría principal: Xogadores da Gimnástica de Torrelavega.

Cadro 2009/10

editar
Posto País Xogador
1 POR   Dani Melero
13 POR   Iván Crespo
2 DEF   Abraham Pérez
3 DEF   Jacobo Tarrero
4 DEF   Mario Blanco
5 DEF   Alberto González
12 DEF   Borja Camus
14 DEF   Ignacio Neira
17 DEF   Zalo
- DEF   Ander Larrea
6 MED   Cusi
7 MED   Javi Fernández
Posto País Xogador
8 MED   Siro del Barrio
10 MED   Dani Cobo
11 MED   Nando Vidiella
15 MED   José Luis Lavín
18 MED   Alberto del Olmo
20 MED   Sergio Lavín
23 MED   Cristian Noval
9 DIA   Quino Burruchaga
16 DIA   Bubu
19 DIA   José Collado
21 DIA   Perujo

Palmarés

editar

Torneos rexionais

editar
  • Campionato de Cantabria (1): 1940-41

Torneos nacionais

editar

Outros logros

editar

Filial

editar

O club mantén un equipo filial, a Gimnástica B, que xoga na Rexional Preferente. O filial utiliza os mesmos cores que o primeiro equipo nos seus uniformes e chegou a militar dúas tempadas en Terceira (1994-95 e 2006-07); en ambas as tempadas logrou a permanencia na categoría, pero o descenso do primeiro equipo a Terceira supuxo o seu descenso a Rexional Preferente.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1