Golfo (xeografía)
Un golfo é unha parte do mar de grande extensión, pechada por puntas ou cabos de terra.
Aínda que moitas veces se confunde cunha baía, e non está claro onde está a fronteira entre o que é un golfo e unha baía,[1] enténdese que estas últimas son de menor extensión.
Golfo é o nome máis común en galego. En cambio entre os falantes de inglés, portugués ou outros idiomas prefírese o nome de baía. Os golfos de grande extensión poden comprender outros golfos máis pequenos ou baías, que adoito son de menor profundidade, e que reciben os nomes de "enseada", "rada", "cala" ou "caleta".
Este tipo de accidentes xeográficos ten unha grande importancia estratéxica e económica xa que, normalmente, son lugares ideais para a construción de portos e diques.
Principais golfos do mundo
editarGolfos de América
editar- Golfo de México. 1 550 000 km²
- Golfo de Alasca. 1 531 000 km²
- Golfo de San Lourenzo. 259 000 km²
- Golfo de California, tamén chamado Mar de Cortés. 153 000 km²
Golfos de Europa
editar- Golfo de Biscaia. 225 000 km²
- Golfo Ártabro
- Golfo de Cádiz
- Golfo de Valencia
- Golfo de Finlandia
- Golfo de Almería
Golfos de Asia, África e Oceanía
editar- Golfo de Bengala. 2 172 000 km²
- Golfo de Guinea. 1 533 000 km²
- Golfo de Carpentaria. 310 000 km²
- Golfo Pérsico. 233 100 km²
- Golfo de Adén. 220 000 km²
- Golfo de Omán. 181 000 km²
- Golfo de Tonquín. 116 000 km²
- Golfo de Biafra
- Golfo de Aqaba
Notas
editar- ↑ Encyclopædia Britannica. "Bay (coastal)" (en inglés). Consultado o 09-08-2016.