Gran Premio da Arxentina de 1975
O Gran Premio da Arxentina de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 12 de xaneiro de 1975 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de 1975, e o duodécimo Gran Premio da Arxentina e a segunda, que se celebrou na versión largada do circuíto de seis quilómetros ao redor do lago que se atopa ao nordeste do circuíto.
Nome oficial | XII Argentine Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio da Arxentina |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Oscar Alfredo Gálvez (Buenos Aires) 34°41′39″S 58°27′34″O / -34.694272222222, -58.459347222222 |
País | Arxentina |
Data | 12 de xaneiro de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Emerson Fittipaldi |
Pole position | Jean-Pierre Jarier |
Volta máis rápida | James Hunt |
A carreira foi gañada por segunda vez polo piloto brasileiro Emerson Fittipaldi pilotando un McLaren M23 cunha vantaxe de seis segundos sobre James Hunt no seu Hesketh 308. Carlos Reutemann obtivo o seu mellor resultado ata ese momento na súa carreira de casa, terminando terceiro no seu Brabham BT44B.
Resumo da carreira
editarA pretempada foi bastante tranquila, Jochen Mass substituíra a Denny Hulme en McLaren, John Watson uniuse a Surtees e Mike Wilds, Rolf Stommelen e Jacques Laffite confirmáronse en BRM, Hill e Williams respectivamente.
March anunciara a súa retirada, pero logo nunha inesperada decisión confirmou a súa participación en 1975 con Vittorio Brambilla e a muller piloto Lella Lombardi.
Ronnie Peterson tivo problemas contractuais, ao parecer descontento con Lotus e houbo dúbidas ata o inicio do Gran Premio si estaría pilotando para eles ou para Shadow.
Jean-Pierre Jarier demostrou a eficacia dos Shadow, facendo a volta máis rápida do circuíto, unha media de 196 km/h para gañar a súa primeira pole por diante de Carlos Pace e Carlos Reutemann.
Pero todo foi en balde. Na volta de quecemento, rompeulle un piñón da coroa dentada, e non puido saír. O heroe local Reutemann tomou o liderado diante de Pace. James Hunt pilotaba o novo Hesketh coa nova suspensión de caucho subiu do sexto ata o terceiro lugar, loitando con Niki Lauda. Jochen Mass e Jody Scheckter engancháronse e tiveron que parar en boxes. Mentres tanto, John Watson perdeu terreo debido a un problema coa bomba de gasolina e foi descualificado logo de intentar reparalo na pista.
Wilson Fittipaldi estrelouse na volta 13, o coche incendiouse e tivo que saír o camión de bombeiros. Hunt pasara Lauda e foi a captúra dos dous Brabhams. Pace tomou a dianteira na volta 15, pero ó pasar por riba da escuma usada para apagar o coche de Wilson fixo un trompo e caeu ao oitavo lugar. Reutemann tomou o liderado,seguido por Hunt, Lauda e Emerson Fittipaldi. Na volta 23 o brasileiro foi capaz, tras unha serie de intentos infrutuosos, de pasar ao piloto de Ferrari. O líder da carreira Carlos Reutemann, con problemas nos pneumáticos, foi pasado na volta 25 por Hunt, e na seguinte volta, tamén por Fittipaldi. O brasileiro acadou o liderado da carreira na volta 35 que aguantou ata o final da carreira. James Hunt consolouse coa volta rápida, a primeira e única na historia de Hesketh.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 53 | 1:39:26.29 | 5 | 9 |
2 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 53 | + 5.91 | 6 | 6 |
3 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 53 | + 17.06 | 3 | 4 |
4 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 53 | + 35.79 | 7 | 3 |
5 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 53 | + 54.25 | 8 | 2 |
6 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 53 | + 1:19.65 | 4 | 1 |
7 | 28 | Mark Donohue | Penske-Ford | 52 | + 1 volta | 16 | |
8 | 6 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 52 | + 1 volta | 18 | |
9 | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 52 | + 1 volta | 12 | |
10 | 22 | Graham Hill | Lola-Ford | 52 | + 1 volta | 21 | |
11 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 52 | + 1 volta | 9 | |
12 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 51 | Transmisión | 14 | |
13 | 23 | Rolf Stommelen | Lola-Ford | 51 | + 2 voltas | 19 | |
14 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 50 | + 3 voltas | 13 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 46 | Motor | 2 | |
NC | 20 | Arturo Merzario | Williams-Ford | 44 | Non clasificado | 20 | |
Ret | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 27 | Transmisión | 10 | |
Ret | 14 | Mike Wilds | BRM | 24 | Motor | 22 | |
Ret | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 15 | Motor | 11 | |
Ret | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 15 | Caixa de cambios | 17 | |
Ret | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 12 | Accidente | 23 | |
DSC | 18 | John Watson | Surtees-Ford | 6 | Descualificado | 15 | |
NTS | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 0 | Transmisión | 1 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio da Arxentina de 1974 |
Gran Premio da Arxentina | Carreira seguinte: Gran Premio da Arxentina de 1977 |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da Arxentina de 1975 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-15.