Gran Premio de Acerbaixán de 2017
O Gran Premio de Acerbaixán de 2017 (oficialmente 2017 Formula One Azerbaijan Grand Prix) foi a oitava carreira da tempada 2017[1]. Celebrouse o 25 de xuño de 2017 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Acerbaixán. Foi a primeira carreira do Gran Premio de Acerbaixán como unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Será a segunda vez que unha carreira dispútase no circuíto e a segunda vez que un Gran Premio dispútase en Acerbaixán, xa que o circuíto e o país albergaron anteriormente o Gran Premio de Europa de 2016.[2]
Nome oficial | 2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Acerbaixán |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
Distancia do evento | 51 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Bakú (Bakú) 40°22′N 49°51′L / 40.37, 49.85 |
Lonxitude | 6,003 km |
País | Acerbaixán |
Intervalo de tempo | 23 de xuño de 2017 – 25 de xuño de 2017 |
Data | 25 de xuño de 2017 |
Competición | |
Primeiro posto | Daniel Ricciardo |
Pole position | Lewis Hamilton (01:40,593) |
Volta máis rápida | Sebastian Vettel (01:43,441) |
Sebastian Vettel entra na rolda cunha vantaxe de doce puntos sobre o Mercedes de Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos, mentres que Mercedes lidera sobre Ferrari por oito puntos no Campionato Mundial de Construtores.
Informe
editarPráctica libre
editarMax Verstappen foi máis rápido na primeira práctica, establecendo un tempo de 1.44:410. Foi seguido polo seu compañeiro Daniel Ricciardo e o Ferrari de Sebastian Vettel en segundo e terceiro lugar.[3] Na segunda práctica o Red Bull de Max Verstappen foi o máis rápido seguido por Bottas e Ricciardo.[4] A terceira e última práctica do sábado foi encabeezada por Bottas, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro.[5] Bottas set the quickest time of all three practices with a 1.42.742.[3]
Clasificación
editarJolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta en Q1 debido a un incendio durante a práctica 3.
Na Q3, Lewis Hamilton conseguiu a pole position cun 1:40.593, 0.434 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo Bottas en segundo lugar, e 1.100 segundos máis rápido que Kimi Räikkönen no terceiro. Lance Stroll cualificou por diante do seu compañeiro de equipo, Felipe Massa, por primeira vez na tempada. Daniel Ricciardo golpeou a parede e comezou décimo.
Carreira
editarHamilton liderou sobre Vettel ata que saíu o primeiro coche de seguridade na volta 13 para quitar o Toro Rosso parado de Daniil Kvyat. Na volta 16, reanudouse a carreira pero saíu outro Safety Car logo de que os Force India de Ocon e Pérez chocaran no reinicio e deixaran restos na pista.
Baixo o segundo Safety Car, Hamilton queixouse repetidamente de que andaba demasiado amodo. Vettel chocou con Hamilton baixo o Safety Car e máis tarde recibiu unha penalización de 10 segundos por condución perigosa. A carreira reiniciouse na volta 21, só para sacar a bandeira vermella na volta 22 para que os comisarios puideran sacar máis restos.
Durante o período da bandeira vermella, os equipos traballaron nos seus autos, Force India substituíu os pneumáticos de Ocon e a á dianteira de Pérez. Ferrari substituíu a dianteira de Vettel e arranxou o piso de Kimi Räikkönen. Mercedes traballou no difusor traseiro de Hamilton.
Logo da bandeira vermella, a carreira reiniciouse detrás do coche de seguridade. Hamilton lideraba diante de Vettel, Massa, Stroll, e Ricciardo. Ricciardo pasou os dous Williams na curva 1 e colocouse no terceiro lugar ata que Hamilton tivo que entrar en boxes de novo para cambiar o repousa cabezas e Vettel tivo que entrar a cumprir a súa penalización cun stop & go. Massa retirouse debido a un amortecedor da suspensión roto, Ricciardo marchaba por diante de Stroll e Bottas. Bottas pasou a Stroll na recta final ao final da última volta, superando a Stroll polo segundo lugar en 0,105 segundos. Stroll conseguiu o seu primeiro podio cun terceiro lugar. Vettel terminou cuarto, Hamilton quinto, Ocon sexto, Magnussen sétimo, Sainz oitavo, Alonso noveno (anotando os primeiros puntos de McLaren da tempada) e Wehrlein décimo.
Como resultado da carreira, Vettel aumentou a súa vantaxe sobre Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos a 14 puntos, mentres que Mercedes aumentou a súa vantaxe sobre Ferrari no Campionato Mundial de Construtores a 24 puntos.
Cualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:41.983 | 1:41.275 | 1:40.593 | 1 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:43.026 | 1:41.502 | 1:41.027 | 2 |
3 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:42.678 | 1:42.090 | 1:41.693 | 3 |
4 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:42.952 | 1:41.911 | 1:41.841 | 4 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull-TAG Heuer | 1:42.544 | 1:41.961 | 1:41.879 | 5 |
6 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:43.162 | 1:42.467 | 1:42.111 | 6 |
7 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:43.051 | 1:42.751 | 1:42.186 | 7 |
8 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:43.613 | 1:42.284 | 1:42.753 | 8 |
9 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:43.165 | 1:42.735 | 1:42.798 | 9 |
10 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 1:42.857 | 1:42.215 | 1:43.414 | 10 |
11 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 1:42.927 | 1:43.186 | 11 | |
12 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 1:43.489 | 1:43.347 | 15[6] | |
13 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:44.029 | 1:43.796 | 12 | |
14 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:43.930 | 1:44.267 | 13 | |
15 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 1:44.317 | 1:44.603 | 14 | |
16 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:44.334 | 19[7] | ||
17 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:44.468 | 16 | ||
18 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:44.795 | 17 | ||
19 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 1:45.030 | 18[7] | ||
Tempo límite 107%: 1:49.121 | |||||||
NSC | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 20[8] | |||
Fonte:[9] |
A letra grosa indica o mellor tempo de cualificación na Q1, Q2 e Q3.
Carreira
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 51 | 2:03:55.573 | 10 | 25 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 51 | +3.904 | 2 | 18 |
3 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 51 | +4.009 | 8 | 15 |
4 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 51 | +5.976 | 4 | 12 |
5 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 51 | +6.188 | 1 | 10 |
6 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 51 | +30.298 | 7 | 8 |
7 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 51 | +41.753 | 12 | 6 |
8 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 51 | +49.400 | 15 | 4 |
9 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 51 | +59.551 | 19 | 2 |
10 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 51 | +1:29.093 | 14 | 1 |
11 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 51 | +1:31.794 | 17 | |
12 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 51 | +1:32.160 | 18 | |
13 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 50 | +1 volta | 16 | |
14[10] | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 46 | Presión auga | 3 | |
Ret | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 39 | Asento | 6 | |
Ret | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 25 | Suspensión | 9 | |
Ret | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 24 | Accidente | 13 | |
Ret | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 12 | Presión aceite | 5 | |
Ret | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 9 | Batería | 11 | |
Ret | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 7 | Unidade de potencia | 20 | |
Fonte:[11] |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "FIA Announces World Motorsports Council decisions". Fédération Internationale de l'Automobile. 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ "No German Grand Prix on F1 2017 calendar but Azerbaijan race is official". The Guardian. Reuters. 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 1". BBC Sport. Consultado o 10 June 2017.
- ↑ "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 2".
- ↑ "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 3".
- ↑ Carlos Sainz recibiu unha penalización de tres posicións na grella, por provocar un accidente no anterior Gran Premio.
- ↑ 7,0 7,1 Fernando Alonso e Stoffel Vandoorne foran penalizados respectivamente con 40 e 30 posicións na grella debido a substitución de varios compoñentes da unidade de potencia.
- ↑ Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta na Q1, e permitíuselle correr a discreción dos comisarios.
- ↑ "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de xuño de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2017.
- ↑ O piloto non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
- ↑ "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 25 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Acerbaixán de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2017 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2017 |
Carreira anterior: Non houbo |
Gran Premio de Acerbaixán | Carreira seguinte: Gran Premio de Acerbaixán de 2018 |