Gran Premio de Austria de 2023

O Gran Premio de Austria de 2023 (oficialmente Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 2 de xullo de 2023. Foi a 9ª carreira da tempada de Fórmula Un de 2023, e o 37º Gran Premio de Austria e a 36ª vez que é valida para o Campionato do Mundo de Fórmula Un desde a súa creación en 1950. Foi a segunda fin de semana de Gran Premio da tempada 2023 que utilizou o formato de sprint de Fórmula Un.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Austria de 2023
Imaxe
TipoGran Premio de Austria Editar o valor en Wikidata
DeporteFormula racing Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento71 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,318 km Editar o valor en Wikidata
PaísAustria Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo30 de xuño de 2023 – 2 de xullo de 2023 Editar o valor en Wikidata

Antecedentes

editar

O evento celebrouse durante a fin de semana do 30 de xuño ao 2 de xullo. Será a novena proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023, e a 36ª edición do Gran Premio de Austria nunha tempada de Campionato do Mundo. A fin de semana foi a segunda das seis da tempada en seguir o formato de sprint.[1]

Cambio de regulamento sobre o uso de pneumáticos para sprints de velocidade

editar

Modificáronse as regras de pneumáticos para a carreira ao sprint, o que permitiu aos pilotos e aos equipos que chegaron a SQ3 (o terceiro segmento da carreira ao sprint) usar calquera conxunto de pneumáticos brandos, mentres que antes era necesario utilizar pneumáticos brandos novos. O cambio fíxose despois de que Lando Norris non puidese correr na SQ3 no Gran Premio de Acerbaixán, debido a que esgotou a súa asignación de pneumáticos brandos.[a][2]

Clasificación do campionato antes da carreira

editar

Chegada a fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos por 69 puntos sobre o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza, con Fernando Alonso terceiro, a 9 puntos máis. Red Bull Racing lidera o Campionato de Construtores, liderando diante de Mercedes por 154 puntos e Aston Martin por 167 puntos.[3]

Pneus dispoñibles

editar
Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duros, medios e brandos, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.[4]

Pneus dispoñibles para Spielberg
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros
(Tipo C3)
 
sans_cadre
Medios
(Tipo C4)
 
Brandos
(Tipo C5)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Cualificación

editar

A cualificación celebrouse o 30 de xuño de 2023 ás 17:00 hora local (UTC+2).

Informe de cualificación

editar

Ao longo da sesión, varios pilotos, incluído o polesitter Max Verstappen, saltáronse os límites da pista, isto provocou que Sergio Pérez Mendoza non puidese facer a Q3 por cuarta vez consecutiva esta tempada desde Mónaco.

A primeira sesión viuse marcada pola bandeira vermella xa que Valtteri Bottas saíuse na primeira curva, a estas alturas, Max Verstappen encabezaba a sesión, con Kevin Magnussen segundo antes da bandeira vermella, o primeiro eliminou o seu mellor tempo por volta debido a saltarse os límites da pista, ademais, Pierre Gasly, Guanyu Zhou e Lewis Hamilton superaron os límites da pista. Verstappen volveu marcar o mellor tempo e Yuki Tsunoda, o seu compañeiro de equipo Nyck de Vries, Zhou, Logan Sargeant e Magnussen foron todos eliminados na Q1.

Cando Verstappen comezaba a súa volta na Q2, volveu a sairse dos límites da pista na décima curva e eliminou o seu tempo de volta. Isto permitiu a Lando Norris liderar momentaneamente a sesión por diante de Nico Hülkenberg, Fernando Alonso, Carlos Sainz e Hamilton. Sergio Pérez topouse con outra infracción dos límites da pista, negándolle un lugar na Q3. Uniuse a George Russell, Esteban Ocon, Oscar Piastri e Bottas fóra da Q2.

Debido a isto, Alexander Albon apareceu unha vez máis na Q3 para o equipo Williams, quedando décimo clasificado. Verstappen acadou a pole unha vez máis, con Charles Leclerc e Sainz facendo unha saída na primeira fila da Ferrari detrás de Verstappen. Lance Stroll sexto superou ai seu compañeiro de equipo, Alonso, sétimo, unha vez máis.[5][6]

Clasificación da cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella final
Q1 Q2 Q3
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:05.116 1:04.951 1:04.391 1
2 16   Charles Leclerc Ferrari 1:05.577 1:05.087 1:04.439 2
3 55   Carlos Sainz Ferrari 1:05.339 1:04.975 1:04.581 3
4 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:05.617 1:05.038 1:04.658 4
5 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:05.673 1:05.188 1:04.819 5
6 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:05.710 1:05.121 1:04.893 6
7 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:05.655 1:05.181 1:04.911 7
8 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:05.740 1:05.362 1:05.090 8
9 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:05.515 1:05.308 1:05.170 9
10 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:05.673 1:05.387 1:05.823 10
11 63   George Russell Mercedes 1:05.686 1:05.428 11
12 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:05.729 1:05.453 12
13 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:05.683 1:05.605 13
14 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:05.763 1:05.680 14
15 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:05.177 2:06.688 15
16 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:05.784 16
17 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:05.818 17
18 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:05.948 18
19 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:05.971 PL[7]
20 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 1:05.974 PL[8]
107% tempo: 1:09.674
Fonte:[9][10]

Carreira ao Sprint

editar

A carreira ao sprint celebrouse o 1 de xullo de 2023 as 12:00 hora local (UTC+2).

Informe da carreira ao sprint

editar

Do mesmo xeito que a cualificación do día anterior, os pilotos volveron a saltarse os límites da pista, incluído Lewis Hamilton, cuxo mellor tempo da sesión eliminouse o que o eliminou da SQ1. Esta é a primeira vez que Hamilton quedou eliminado da primeira quenda dunha sesión de clasificación desde o Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, e a primeira vez que é eliminado da Q1 da carreira ao sprint.

A primeira quenda comezou despois dunha chaparrada ao redor do Red Bull Ring máis cedo pola mañá, como tal, a pista estaba nubrada, sen previsión de choiva nos seguintes 20 minutos. A pista, con todo, permaneceu mollada, polo que os pilotos puideron correr con calquera composto, Kevin Magnussen e Max Verstappen montaron os medios. Os coches Williams de Alexander Albon e Logan Sargeant montaron pneumáticos intermedios, en comparación con todos os outros coches que montaron brandos. Os coches de Williams cambiarían por brandos. Guanyu Zhou trompeou e provocou unha breve bandeira amarela.

Carlos Sainz viu un fallo co seu sistema de freado, entrando na pista de boxes con fume da parte traseira do seu Ferrari SF-23. Debido a isto, non puido marcar un tempo de volta para a maioría da SQ1. A súa única volta da sesión acabou encabezando os cronometraxes.

Verstappen, Zhou, Sergio Pérez, Lewis Hamilton (que inicialmente liderou a sesión) e os primeiros tempos de Sargeant foron eliminados por violación dos límites da pista. Oscar Piastri foi bloqueado por Charles Leclerc, xa que este volveu aos boxes. Os comisarios investigaron o incidente mentres Leclerc pasou a seguinte sesión por 0,1 milisegundos. Zhou, Piastri, Hamilton, Valtteri Bottas e Sargeant foron eliminados da SQ1. Mentres tanto, o compañeiro de equipo de Hamilton George Russell, que marcaba un tempo para o sétimo lugar, informou dunha falla hidráulica. Nico Hülkenberg foi o terceiro máis rápido detrás dos Aston Martins de Lance Stroll e Fernando Alonso.

A segunda sesión comezou coa permanencia de Russell nos boxes debido á falla hidráulica, non realizou a sesión xa que houbo que cambiarlle a cremalleira de dirección. Mentres tanto, de Vries e Verstappen elimináronlle os seus tempos por volta debido a violacións dos límites da pista. Unha repetición mostrou o coche de Hülkenberg pasando por riba dun pneumático, os comisarios investigaron a saída insegura. Albon, Pierre Gasly e os AlphaTauris de Yuki Tsunoda e de Vries uníronse a Russell eliminados da sesión.

Verstappen acadou a pole position para o sprint, con Pérez permitíndolle aos Red Bulls comezar 1–2 con Ferrari bloqueando a cuarta fila da grella no quinto e sexto. Alonso e Stroll foron sétimos e oitavos respectivamente, Norris comezou en terceiro lugar e Hülkenberg foi cuarto.[11]

Clasificación da carreira ao sprint

editar
Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella Sprint
SQ1 SQ2 SQ3
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:06.236 1:05.371 1:04.440 1
2 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:06.924 1:05.836 1:04.933 2
3 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:06.723 1:05.699 1:05.010 3
4 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:06.548 1:06.091 1:05.084 4
5 55   Carlos Sainz Ferrari 1:06.187 1:05.434 1:05.136 5
6 16   Charles Leclerc Ferrari 1:07.061 1:05.673 1:05.245 9[12]
7 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:06.611 1:05.759 1:05.258 6
8 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:06.569 1:05.914 1:05.347 7
9 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:06.840 1:05.604 1:05.366 8
10 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:06.629 1:05.730 1:05.912 10
11 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:06.892 1:06.152 11
12 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:06.873 1:06.360 12
13 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:06.896 1:06.369 13
14 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 1:06.704 1:06.593 14
15 63   George Russell Mercedes 1:06.653 Sen tempo 15
16 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:07.062 16
17 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:07.106 17
18 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:07.282 18
19 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:07.291 19
20 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:07.426 20
107% tempo: 1:10.820[13]
Fonte:[14][15]


Sprint

editar

a carreira ao sprint celebrouse o 1 de xullo de 2023 as 16:30 hora local (UTC+2).

Carreira ao Sprint

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 24 30:26.730 1 8
2 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 24 +21.048 2 7
3 55   Carlos Sainz Ferrari 24 +23.088 5 6
4 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 24 +29.703 7 5
5 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 24 +30.109 6 4
6 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 24 +31.297 4 3
7 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 24 +36.602 8 2
8 63   George Russell Mercedes 24 +36.611 15 1
9 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 24 +38.608 3
10 44   Lewis Hamilton Mercedes 24 +46.375 18
11 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 24 +49.807 17
12 16   Charles Leclerc Ferrari 24 +50.789 9
13 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 24 +52.848 11
14 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 24 +56.593 10
15 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 24 +57.652 12
16 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 24 +1:04.822 13
17 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 24 +1:05.617 14
18 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 24 +1:06.059 20
19 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 24 +1:10.825 16
20 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 24 +1:16.435 PL[16]
Volta rápida:   Nico Hülkenberg (Haas-Ferrari) – 1:10.180 (volta 24)
Fonte:[15][17]

Carreira

editar

A carreira celebrouse o 2 de xullo de 2023 as 15:00 hora local (UTC+2).

Informe da carreira

editar

A carreira celebrouse en condicións nubradas. Max Verstappen tivo un bo comezo por diante dos Ferrari con Lewis Hamilton loitando contra Lando Norris polo cuarto lugar. O coche de seguridade saíu despois de que Yuki Tsunoda entrase na grava, danando o seu alerón dianteiro tras unha colisión con Esteban Ocon. Este incidente saldouse sen penalización para ningún dos pilotos e Tsunoda entrou no pit lane para substituír a súa á. Mentres tanto, Kevin Magnussen informou de problemas no ERS e uniuse a Tsunoda na rúa de boxes.

Na reanudación, Verstappen tivo outro bo comezo e abriu unha distancia con Charles Leclerc mentres o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez pelexaba polo medio campo, pasando a Ocon e pechando a George Russell, ao que finalmente pasou. Norris, que estaba detrás de Hamilton, informou en numerosas ocasións de que Hamilton excedera os límites da pista. Hamilton, e máis tarde Tsunoda, recibirían unha bandeira branca e negra por conduta antideportiva, recibindo posteriormente sancións. O coche de Nico Hülkenberg comezou a fumegar, retirouse por un problema de motor e provocou un coche de seguridade virtual. Carlos Sainz, que estaba detrás do seu compañeiro de equipo, pediulle ao equipo que Leclerc o deixase pasar para pelexar con Verstappen, aínda que isto quedou sen resposta xa que o equipo decidiu colocar a Sainz detrás de Leclerc conseguindo unha parada máis lenta, deixándoo por detrás de Hamilton e Norris, que saíran dos boxes.

Verstappen seguiu construíndo unha gran brecha ata que entrou no pit lane para a súa parada. Leclerc adiantouno no pit lane, o que lle permitiu liderar unha carreira para Ferrari por primeira vez desde o Gran Premio de Acerbaixán. Esta vez, mantivo o liderado durante nove voltas, que culminou cunha batalla entre el e Verstappen á que non tivo resposta xa que o piloto de Red Bull pasouno co DRS. Pérez, que comezara décimo quinto, subiría ao terceiro posto mentres os pilotos realizaban as súas paradas, e Verstappen, tras acumular unha gran diferenza na carreira, gañou con comodidade diante de Leclerc que deu a Ferrari o seu podio número 800 na Fórmula Un. O compañeiro de Verstappen Pérez completou o podio en terceiro lugar. Verstappen levou o punto de bonificación da volta rápida.[18][19]

Durante a carreira daríanse unha gran cantidade de penalizacións, sendo a maioría por infraccións dos límites da pista nas dúas últimas curvas, os dous primeiros pilotos en recibilas foron Hamilton e Tsunoda, ambos recibindo penalizacións de cinco segundos por exceder os límites da pista. Posteriormente, Tsunoda recibiría unha sanción de dez segundos por infraccións do límite de pista, ademais dunha investigación por non cumprir a súa primeira sanción correctamente (que foi resolta ao seu favor). Xunto a Hamilton e Tsunoda, Sainz, Alexander Albon, Pierre Gasly, Logan Sargeant e Magnussen recibiron penalizacións por exceder os límites da pista. Os únicos dous pilotos que foron penalizados por algo que non fosen os límites da pista foron Esteban Ocon por saída insegura durante a súa parada en boxes, e Nyck de Vries por empuxar a Magnussen fóra da pista. Máis sancións por exceder os límites da pista daríanse despois de que Aston Martin protestase polos resultados da carreira, con Ocon recibindo unha penalización global de trinta segundos por este tipo de infracción (ademais dunha penalización de 5 segundos por unha infracción diferente que recibiu durante a carreira)..

Despois da carreira

editar

Aston Martin, que se preocupou polas numerosas sancións dadas durante o fin de semana, protestou con éxito polos resultados da carreira.[20] Os comisarios non puideron revisar os 1.200 informes durante a carreira,[21], pero impuxo outras doce sancións por infraccións dos límites da pista tras a conclusión do proceso de revisión tras o caso.[22][23]

Clasificación da carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 71 1:25:33.607 1 26[24]
2 16   Charles Leclerc Ferrari 71 +5.155 2 18
3 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 71 +17.188 15 15
4 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 71 +26.327 4 12
5 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 71 +30.317 7 10
6 55   Carlos Sainz Ferrari 71 +31.377[25] 3 8
7 63   George Russell Mercedes 71 +48.403 11 6
8 44   Lewis Hamilton Mercedes 71 +49.196[26] 5 4
9 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 71 +59.043 6 2
10 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 71 +1:07.667[27] 9 1
11 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 71 +1:19.767[28] 10
12 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 70 +1 volta 17
13 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 70 +1 volta[29] 18
14 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 70 +1 volta[30] 12
15 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 70 +1 volta 14
16 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 70 +1 volta 13
17 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 70 +1 volta[31] PL
18 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 70 +1 volta[32] PL
19 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 70 +1 volta[33] 16
Ret 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 12 Perda de potencia 8
Volta rápida:   Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:07.012 (volta 71)
Fonte:[10][23][34]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. Teoricamente, Lando Norris podería rodar con pneumáticos intermedios ou de mollado durante a sesión SQ3 en seco.
Referencias
  1. "Formula 1 announces venues for six F1 Sprint events across 2023 season". formula1.com. 2022-12-07. Consultado o 2023-03-21. 
  2. Cooper, Adam (29 de xuño de 2023). "FIA tweaks F1 sprint qualifying tyre rules to avoid inters farce". Motorsport.com. Consultado o 29 de xuño de 2023. 
  3. "Canada 2023 – Championship". Stats F1. 18 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2023. Consultado o 18 de xuño de 2023. 
  4. "2023 Tyre Compound Choices – Canada, Austria and Great Britain". press.pirelli.com (en inglés) (Milan: Pirelli). 8 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2023. Consultado o 10 de xuño de 2023. 
  5. Kalinauckas, Alex (30 de xuño de 2023). "F1 Austrian GP: Verstappen sees off Leclerc for pole by 0.048s". Autosport. Consultado o 1 de xullo de 2023. 
  6. Bradley, Charles (1 de xullo de 2023). "F1 qualifying results: Max Verstappen takes Austrian GP pole". Autosport.com. 
  7. Kevin Magnussen clasificouse 19º, pero foi obrigado a comezar a carreira desde o pit lane xa que modificou a configuración da suspensión mentres o coche estaba en parque cerrado.
  8. Nyck de Vries clasificouse 20º, pero foi obrigado a comezar a carreira desde a parte traseira da grella por superar a súa cota de elementos da unidade de potencia. Entón foi requirido para comezar a carreira desde o pit lane debido aos cambios na configuración da suspensión mentres o coche estaba baixo o parque cerrado.
  9. "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Qualifying". Formula 1. 30 de xuño de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  10. 10,0 10,1 "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Starting Grid". Formula 1. 30 de xuño de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  11. Kalinauckas, Alex (1 de xullo de 2023). "F1 Austrian GP: Verstappen beats Perez to sprint shootout pole". Autosport. 
  12. Charles Leclerc recibiu unha penalización de tres posicións na grella por obstaculizar a Oscar Piastri na SQ1.
  13. Como a carreira ao sprint celebrouse nunha pista mollada, a regra do 107% non estaba en vigor
  14. "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Sprint Shootout". Formula 1. 1 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xullo de 2023. 
  15. 15,0 15,1 "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Sprint Grid". Formula 1. 1 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xullo de 2023. 
  16. Valtteri Bottas clasificouse 19º, pero comezou a carreira dende o pit lane por facer unha parada en boxes durante a volta de formación. O seu lugar na grella quedou baleiro.
  17. "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Sprint". Formula 1. 1 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xullo de 2023. 
  18. Bradley, Charles (3 de xullo de 2023). "F1 race results: Max Verstappen wins Austrian GP". Autosport. 
  19. Kalinauckas, Alex (2 de xullo de 2023). "F1 Austrian GP: Verstappen overcomes Ferrari for dominant win". Autosport. 
  20. Kew, Matt (3 de xullo de 2023). "FIA upholds Aston Martin protest, F1 Austrian GP results set to change". Autosport. 
  21. Kew, Matt (3 de xullo de 2023). "FIA unable to review 1200 potential F1 track limit offences in Austrian GP". Autosport. 
  22. Kew, Matt (3 de xullo de 2023). "FIA hands out 12 penalties for track limit offences after F1 Austrian GP". Autosport. 
  23. 23,0 23,1 "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Race Result". Formula 1. 2 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xullo de 2023. 
  24. Inclúe un punto pola volta rápida
  25. Carlos Sainz terminou cuarto, pero recibiu unha penalización de dez segundos por rebordar os límites da pista
  26. Lewis Hamilton terminou sétimo, pero recibiu unha penalización de dez segundos por rebordar os límites da pista.
  27. Pierre Gasly terminou noveno, pero recibiu unha penalización de dez segundos por rebordar os límites da pista
  28. Alexander Albon recibiu unha penalización de dez segundos por rebordar os límites da pista. A súa posición final non se viu afectada pola penalización
  29. Logan Sargeant recibiu unha penalización de cinco segundos por rebordar os límites da pista. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
  30. Esteban Ocon terminou 12º, pero recibiu dúas penalizacións de cinco segundos e dúas de dez segundos por rebordar os límites da pista.
  31. Nyck de Vries terminou 15º, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por forzar a Kevin Magnussen a saír da pista. Tamén recibiu unha penalización de cinco segundos e unha de dez segundos por rebordar os límites da pista
  32. Kevin Magnussen terminou 19º, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por rebordar os límites da pista. Gañou unha posición tras a penalización de Yuki Tsunoda
  33. Yuki Tsunoda terminou 17º, pero recibiu unha penalización de cinco segundos e unha penalización de dez segundos por rebordar os límites da pista
  34. "Formula 1 Rolex Großer Preis von Österreich 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 2 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xullo de 2023. 
  35. 35,0 35,1 "Austria 2023 – Championship". Stats F1. 2 July 2023. Consultado o 2 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2023
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2023
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 2023
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 2022
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2024
  NODES
dada 1
dada 1
design 1
orte 1
see 1
Todos 2