Gran Premio de Bélxica de 1985

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1985 disputouse en Spa o 15 de setembro de 1985. Foi a décimo terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1985, e o 43º Gran Premio de Bélxica, o 31º, que se celebrou en Spa e o segundo desde que o circuíto fora reconstruído e reaberto coa metade da súa lonxitude orixinal en 1979. A carreira disputouse sobre 43 voltas ao circuíto de sete quilómetros nunha distancia de carreira de 301 quilómetros.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica de 1985
TipoGran Premio de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento43 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude7,003 km Editar o valor en Wikidata
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Data15 de setembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Pole positionAlain Prost Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaAlain Prost Editar o valor en Wikidata

A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un Lotus 97T. Foi a segunda vitoria no Campionato Mundial de Senna e a primeira das cinco que ía gañar en Spa-Francorchamps. Senna gañou por 28 segundos sobre o piloto británico Nigel Mansell que pilotaba un Williams FW10. Terceiro foi o líder do Campionato Mundial, o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4/2B. A vitoria levou a Senna ao terceiro posto na clasificación de pilotos e o terceiro lugar permitiu a Prost ampliar a súa vantaxe sobre o piloto de Ferrari Michele Alboreto a 16 puntos.

Resumo da carreira

editar

Esta carreira orixinalmente disputaríase o 2 de xuño, pero foi re-programada ao 15 de setembro despois de que a superficie recentemente asfaltada rompera (as obras de reconstrución completáronse o xoves antes da carreira) ao pasar os coches, creando unha situación perigosa para os pilotos, que por unha abafadora maioría (24 votos a favor e 2 en contra) esixiron a cancelación da proba por razóns de seguridade logo da celebración dos adestramentos libres do sábado pola mañá. Debido á reprogramación da carreira o novo equipo de Fórmula Un Haas Lola e o seu piloto, o Campión Mundial de 1980 Alan Jones, que fixera a súa primeira carreira na rolda anterior en Italia non se lles permitiu participar, xa que non estaban na lista de participación orixinal. Durante a preparación para a carreira o presidente da FISA Jean-Marie Balestre anunciou que o controvertido Gran Premio de Suráfrica levaríase a cabo malia a presión de cancelar o evento como parte dos embargos contra o apartheid.

Niki Lauda non entrou na grella debido a unha lesión. Ao final da sesión de práctica do venres antes da propia cualificación, o acelerador do seu McLaren MP4/2B quedou trabado mentres el volvía de novo aos pits. O coche saíuse da pista na parte máis nova da pista e o tres veces campión do mundo golpeou unha barreira de protección e no impacto do volante virou mancando a súa boneca ao facelo. Os raios X non revelaron rotura, pero Lauda non estaba en condicións de competir polo que regresou a súa casa en Austria para continuar o recoñecemento e o tratamento do seu fisioterapeuta Willi Dungl. Inicialmente McLaren esperaba poñer a John Watson no coche de Lauda pero isto requiriría a aprobación de todos os demais equipos. Tendo presente o Campionato de Construtores, Ferrari negouse a aceptar, deixando a Alain Prost como único piloto de McLaren en Bélxica. RAM tamén presentou un coche, traendo só o RAM 03 de Philippe Alliot e o campión da tempada 1.985 de fórmula 3000 Cristián Danner fixo o seu debut no campionato mundial con Zakspeed.

Prost logrou a pole position, cunha media de 218´756 km/h diante de Senna con Nelson Piquet terceiro no seu Brabham BT54, Alboreto foi cuarto no seu Ferrari 156/85. A choiva caía antes da carreira deixando a grella de saída con pneumáticos de mollado por primeira vez desde que Senna gañou en Portugal. Senna púxose primeiro ao saír por diante de Piquet pero o Brabham trompeou na primeira curva. Senna lideraba diante de Prost, Mansell e os dous Ferrari de Alboreto e Stefan Johansson. Os Ferrari pronto quedaron fora, co embrague e o motor rotos respectivamente. Prost quedou entre os dous Williams FW10s cando entrou en boxes a poñer pneumáticos de seco. A última hora da carreira a choiva comezou a caer de novo e Senna ampliou a súa vantaxe. Keke Rosberg caeu ao cuarto posto logo dunha breve parada en boxes cun problema de freos e terminou nese posto. Quinto era Thierry Boutsen ata que o seu Arrows A8 rompeu a súa caixa de cambios. Piquet quedou quinto detrás de Derek Warwick nun Renault RE60B. Só doce coches terminaron a carreira, incluíndo por primeira vez un Minardi, o de Pierluigi Martini que terminou duodécimo no seu Minardi M185. Outros dous coches máis, Boutsen e o estrelado Ligier JS25 de Jacques Laffite clasificáronse tamén como finalistas. Huub Rothengatter co Osella FA1G non fixo as voltas suficientes para clasificarse.

Aínda que os comisarios dirixiron os coches directamente a boxes logo do final, Ayrton Senna esquivounos e fixo a volta de honra.[1]

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2   Alain Prost McLaren-TAG 1:56.563 1:55.306
2 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 2:00.710 1:55.403 +0.097
3 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:56.643 1:55.648 +0.342
4 27   Michele Alboreto Ferrari 1:56.999 1:56.021 +0.715
5 28   Stefan Johansson Ferrari 1:56.585 1:56.746 +1.279
6 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:59.046 1:56.697 +1.391
7 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:56.727 1:56.996 +1.421
8 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 1:56.770 +1.464
9 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 1:58.852 1:57.322 +2.016
10 6   Keke Rosberg Williams-Honda 1:57.582 1:57.465 +2.159
11 19   Teo Fabi Toleman-Hart 1:57.588 1:57.857 +2.282
12 8   Marc Surer Brabham-BMW 2:00.154 1:57.729 +2.423
13 15   Patrick Tambay Renault 1:58.105 1:59.335 +2.799
14 16   Derek Warwick Renault 1:59.761 1:58.407 +3.101
15 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:59.703 1:58.414 +3.108
16 20   Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 1:58.820 1:58.706 +3.400
17 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 2:01.745 1:58.933 +3.627
18 25   Philippe Streiff Ligier-Renault 2:00.599 1:59.245 +3.939
19 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 2:00.861 1:59.370 +4.064
20 9   Philippe Alliot RAM-Hart 1:59.626 1:59.755 +4.320
21 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 2:00.950 2:01.364 +5.644
22 30   Christian Danner Zakspeed 2:05.059 2:07.046 +9.753
23 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 2:06.083 2:05.776 +10.470
24 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 2:06.007 2:06.606 +10.701

Carreira

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 43 1:34:19.893 2 9
2 5   Nigel Mansell Williams-Honda 43 + 28.422 7 6
3 2   Alain Prost McLaren-TAG 43 + 55.109 1 4
4 6   Keke Rosberg Williams-Honda 43 + 1:15.290 10 3
5 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 42 + 1 volta 3 2
6 16   Derek Warwick Renault 42 + 1 volta 14 1
7 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 42 + 1 volta 8
8 8   Marc Surer Brabham-BMW 42 + 1 volta 12
9 25   Philippe Streiff Ligier-Renault 42 + 1 volta 18
10 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 40 + 3 voltas 6
11 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 38 Accidente 17
12 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 38 + 5 voltas 24
13 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 38 + 5 voltas 21
NC 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 37 Non clasificado 23
Ret 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 31 Motor 15
Ret 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 26 Caixa de cambios 19
Ret 15   Patrick Tambay Renault 24 Caixa de cambios 13
Ret 19   Teo Fabi Toleman-Hart 23 Acelerador 11
Ret 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 17 Turbo 9
Ret 30   Christian Danner Zakspeed 16 Caixa de cambios 22
Ret 9   Philippe Alliot RAM-Hart 10 Accidente 20
Ret 28   Stefan Johansson Ferrari 7 Trompo 5
Ret 20   Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 7 Accidente 16
Ret 27   Michele Alboreto Ferrari 3 Embrague 4
NTS 1   Niki Lauda McLaren-TAG Lesionado

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "YouTube - Senna wins at Spa 1985 and drives around the Marshalls". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 2009-10-03. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2007-06-17. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1984
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1986
  NODES
todo 3