Gran Premio de Italia de 1999
O Gran Premio de Italia de 1999 (oficicialmente o LXX Gran Premio Campari d'Italia[1]) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de setembro de 1999 no Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia. Foi a décimo terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999. A carreira de 53 voltas gañouna Heinz-Harald Frentzen, pilotandoo un Jordan - Mugen-Honda, logo de que o McLaren de Mika Häkkinen, que buscaba defender o título de Campión de Pilotos, trompeou mentres lideraba comodamente. Ralf Schumacher foi o segundo no Williams - Supertec, con Mika Salo terceiro no Ferrari. O rival de Häkkinen, Eddie Irvine, terminou sexto noutro Ferrari, empatando así aos puntos co finlandés na parte superior do Campionato de Pilotos.
Nome oficial | 70º Gran Premio Campari d'Italia |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 12 de setembro de 1999 |
Competición | |
Primeiro posto | Heinz-Harald Frentzen |
Pole position | Mika Häkkinen |
Volta máis rápida | Ralf Schumacher |
Aínda que a vitoria colocou a Frentzen a dez puntos de Häkkinen e Irvine, resultaría ser a súa última vitoria na Fórmula Un, así como a última para os fornecedores do motor Mugen. Foi tamén a única vitoria do equipo Jordan en condicións secas, as demais chegarían baixo a choiva.
Informe
editarClasificación
editarEntrando á carreira, Mika Häkkinen lideraba o Campionato de Pilotos por un só punto sobre o Ferrari de Eddie Irvine, co Jordan de Heinz-Harald Frentzen e o compañeiro de Häkkinen David Coulthard aínda con probabilidades matemáticas. Esperábase que Häkkinen obtivera bos resultados no rápido circuíto de Monza e logrou a pole medio segundo diante de Frentzen. Coulthard foi terceiro, mentres que Alex Zanardi, que tivo un pobre ano con Williams, foi cuarto, xusto por diante do seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher. Na terra de Ferrari, Irvine tivo unha mala sesión clasificatoria e só puido lograr o oitavo posto, detrás do seu compañeiro de equipo Mika Salo que cualificou sexto e do Stewart de Rubens Barrichello que asinara con Ferrari para substituír Irvine no 2000 en sétimo lugar. Completando os dez primeiros quedaron Damon Hill no segundo Jordan e Olivier Panis no Prost.
Carreira
editarNo inicio, Häkkinen liderou mentres Zanardi superou a Coulthard e Frentzen para o segundo posto. Frentzen rapidamente pasou a Zanardi, pero Coulthard caeu máis atrás, detrás de Schumacher e Salo. Mentres tanto, na parte de atrás da pista, o Minardi de Marc Gené enganchouse co Arrows de Pedro de la Rosa na chicana Roggia e converteuse no primeiro retirado, mentres que na segunda volta Giancarlo Fisichella de Benetton e Pedro Diniz de Sauber ambos trompearon na chicana Rettifilo.
Na volta 3, Zanardi pasou por encima dun piano e danou a parte inferior do seu coche. Amañouse para manter o terceiro lugar outras 15 voltas, mentres que Häkkinen e Frentzen afastáronse. Barrichello pasou a Coulthard na volta 11 e logo a Salo na volta 19, mentres que Zanardi deixou pasar a Schumacher na volta 18. Na volta 24, había máis drama na parte traseira, Toranosuke Takagi no segundo Arrows intentou superar Luca Badoer no segundo Minardi na Rettifilo, só para quedar detrás de Badoer e retirarse.
Barrichello superou a Zanardi na volta 26, Salo fixo o mesmo no inicio da volta 28. Neste punto, Häkkinen lideraba sobre Frentzen por oito segundos, e Schumacher recuperou dous segundos máis. Pero na volta 30, entrando en Rettifilo, Häkkinen cometeu un erro cambiando de marcha: metendo primeira no canto da segunda[2] e trompeou, nunha repetición virtual do seu erro non forzado en San Marino ao comezo do ano. Nun raro espectáculo de emoción, o finlandés rompeu en bágoas ao carón da pista.
Frentzen herdou o liderado xa que os pilotos de diante empezaron a facer as súas paradas. Cando se completaron, Salo pasara a Barrichello e era terceiro, mentres Coulthard e Irvine superaran a Zanardi e agora estaban quinto e sexto.
Durante as últimas voltas, Frentzen mantivo unha vantaxe cómoda sobre Schumacher, malia que o piloto Williams logrou a volta rápida da carreira na volta 48, mentres Coulthard intentou sen éxito atopar a forma de adiantar a Barrichello, permitindo que Salo alonxárase de ambos. A eventual marxe de vitoria de Frentzen foi de 3´2 segundos, con outros oito segundos sobre Salo e outros seis sobre Barrichello. Coulthard rematou medio segundo por detrás do piloto de Stewart, pero nove por diante de Irvine, que logrou o punto final.
Este punto empatou a Irvine con Häkkinen no Campionato de Pilotos con 60 puntos cada un, mentres que a vitoria puxo a Frentzen a dez puntos do primeiro con 50, e a Coulthard con 48. No Campionato de Construtores, Ferrari recortou a vantaxe de McLaren a seis puntos, 108 a 102.
Clasificación
editarCualificación
editarCarreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Heinz-Harald Frentzen | Jordan-Mugen-Honda | 53 | 1:17:02.923 | 2 | 10 |
2 | 6 | Ralf Schumacher | Williams-Supertec | 53 | + 3.272 | 5 | 6 |
3 | 3 | Mika Salo | Ferrari | 53 | + 11.932 | 6 | 4 |
4 | 16 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 53 | + 17.630 | 7 | 3 |
5 | 2 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 53 | + 18.142 | 3 | 2 |
6 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 53 | + 27.402 | 8 | 1 |
7 | 5 | Alessandro Zanardi | Williams-Supertec | 53 | + 28.047 | 4 | |
8 | 22 | Jacques Villeneuve | BAR-Supertec | 53 | + 41.797 | 11 | |
9 | 11 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 53 | + 42.198 | 13 | |
10 | 7 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 53 | + 56.259 | 9 | |
11 | 18 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 52 | Motor | 10 | |
Ret | 17 | Johnny Herbert | Stewart-Ford | 40 | Embrague | 15 | |
Ret | 15 | Toranosuke Takagi | Arrows | 35 | Trompo | 22 | |
Ret | 14 | Pedro de la Rosa | Arrows | 35 | Retirada | 21 | |
Ret | 1 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 29 | Trompo | 1 | |
Ret | 19 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 29 | Temperatura | 12 | |
Ret | 23 | Ricardo Zonta | BAR-Supertec | 25 | Rodamento da roda | 18 | |
Ret | 20 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 23 | Colisión | 19 | |
Ret | 10 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 11 | Eléctrico | 14 | |
Ret | 12 | Pedro Diniz | Sauber-Petronas | 1 | Trompo | 16 | |
Ret | 9 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 1 | Trompo | 17 | |
Ret | 21 | Marc Gené | Minardi-Ford | 0 | Colisión | 20 | |
Líderes por volta
editarMika Häkkinen 29 (1–29), Heinz-Harald Frentzen 23 (30–34, 36–53), Mika Salo 1 (35).
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1999 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1999 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 1999 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1998 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 2000 |
Notas
editar- ↑ "Motor Racing Programme Covers: 1999". The Programme Covers Project. Consultado o 10 November 2017.
- ↑ F1 Racing. outubro de 1999.
- ↑ "Italy 1999 - Qualifications". StatsF1. Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ "1999 Italian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ "1999 Italian GP: Classification". ChicaneF1.com. Consultado o 2 de agosto de 2007.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1999 |
Ligazóns externas
editar- "1999 Italian GP: Overview". ChicaneF1.com. Consultado o 2 August 2007.