Gran Premio de Rusia de 2014
O Gran Premio de Rusia de 2014, (oficialmente 2014 Formula 1 Russian Grand Prix[1] en ruso ruso Гран-при России 2014 года) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 12 de outubro de 2014 no Circuíto urbano de Sochi, un novo circuíto construído na sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia.
Nome oficial | 2014 Formula 1 Russian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Rusia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Sochi (Adlersky City District (en) ) 43°24′30″N 39°57′56″L / 43.4083, 39.9656 |
Lonxitude | 5,848 km |
País | Rusia |
Data | 12 de outubro de 2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Valtteri Bottas |
A carreira foi a décimo sexta rolda da tempada de Fórmula Un 2014, e a primeira vez que se disputou o Gran Premio de Rusia nun século. A carreira de 2014 foi tamén a primeira vez que o Gran Premio de Rusia disputouse como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un desde que se creou o campionato en 1950.
Contou coa presenza do piloto local Daniil Kvyat.[2] Marussia decidiu non substituír a Jules Bianchi para toda a fin de semana, polo que participou unicamente co auto de Max Chilton.[3]
Lewis Hamilton gañou a carreira logo de saír desde a pole position. O seu compañeiro de equipo Nico Rosberg terminou en segundo lugar. O resultado asegurou ao equipo Mercedes gañar o campionato de construtores.
Informe
editarPreparativos
editar.
Controversia
editarTras o derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre o leste Ucraína, en xullo de 2014, e a intervención militar rusa neste país, houbo chamadas para boicotear a proba como parte das sancións impostas ao goberno ruso,[4] pero finalmente foron rexeitadas.
Informe
editarPrevia
editarCambio de piloto
editarO piloto de Marussia Jules Bianchi que sufriu feridas graves na cabeza no Gran Premio do Xapón, cando colisionou cun tractor que retiraba o Sauber de Adrian Sutil con bandeira amarela, non participou no Gran Premio de Rusia.[5] O equipo nomeou a Alexander Rossi, o seu piloto de probas e reserva, como substituto de Bianchi para a carreira,[6] pero máis tarde retirou a participación como un sinal de respecto, deixando a grella con vinte un coches.[7][8]
Penalizacións
editarPastor Maldonado recibiu unha penalización de dez posicións no Gran Premio do Xapón, por superar a cota de cinco motores para a tempada[9] pero, como se clasificou 17º,[10][11] foi incapaz de cumprir a penalización, xa que pasaríase do vixésimo segundo e último lugar da grella. Baixo as novas regras introducidas para a tempada 2014,[12] o resto da penalización foi adiado para o Gran Premio de Rusia, dándolle automaticamente unha penalización de cinco posicións.[13]
Pneumáticos
editaro provedor de pneumáticos Pirelli levou o pneumático medio como "prime", e o pneumático brando como "opción" para correr na superficie do novo circuíto e tolerar as altas cargas laterais no pneumático, especialmente na curva 4,[14][15] unha curva alargada de radio constante con velocidades estimadas de 200 km/h que destaca como a curva máis longa do calendario da Fórmula Un.[15]
Sistema de redución de arrastre (DRS)
editarForon declaradas dúas zonas de DRS para a carreira. O punto de detección para a primeira foi situado na entrada á curva 1, coa zona de activación colocada no vértice da curva. O segundo punto de detección foi instalado na recta traseira do circuíto, cunha zona de activación entre as curvas 12 e 13.[16]
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Driver | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:38.759 | 1:38.338 | 1:38.513 | 1 | |
2 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:39.076 | 1:38.606 | 1:38.713 | 2 | |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:39.125 | 1:38.971 | 1:38.920 | 3 | |
4 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:39.560 | 1:39.381 | 1:39.121 | 4 | |
5 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:40.074 | 1:39.296 | 1:39.277 | 5 | |
6 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:39.735 | 1:39.022 | 1:39.629 | 11[17] | |
7 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:40.519 | 1:39.666 | 1:39.635 | 6 | |
8 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:40.255 | 1:39.786 | 1:39.709 | 7 | |
9 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:40.098 | 1:39.838 | 1:39.771 | 8 | |
10 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:40.354 | 1:39.929 | 1:40.020 | 9 | |
11 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:40.382 | 1:40.052 | 10 | ||
12 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:40.273 | 1:40.058 | 17[17] | ||
13 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:40.723 | 1:40.163 | 12 | ||
14 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:41.159 | 1:40.536 | 13 | ||
15 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:40.766 | 1:40.984 | 14 | ||
16 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:42.526 | 1:41.397 | 15 | ||
17 | 9 | Marcus Ericsson | Caterham-Renault | 1:42.648 | 16 | |||
18 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:43.064 | 18 | |||
19 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:43.166 | 19 | |||
20 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:43.205 | 21[18] | |||
21 | 4 | Max Chilton | Marussia-Ferrari | 1:43.649 | 20[17] | |||
107% tempo: 1:45.672 | ||||||||
Fonte:[19] |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
- O texto en negra indica os pilotos e equipos aínda poden matematicamente gañar o campionato.
Notas
editar- ↑ "2014 Formula 1 Russian Grand Prix". Formula 1.com. Formula One Administration. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2014.
- ↑ Gorbe, Daniel (21 de outubro de 2013). "Oficial: Toro Rosso ficha a Daniil Kvyat para 2014". F1 al día (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- ↑ Vázquez, Ana (8 de outubro de 2014). "Marussia sólo competirá con el coche de Chilton en Rusia". Car and Driver The F1 (en español). Arquivado dende o orixinal o 10/10/2014. Consultado o 10/10/2014.
- ↑ Johnson, Daniel (23 de xullo de 2014). "Russian Grand Prix: Leading politicians pile pressure on F1 to cancel October's race". The Daily Telegraph (Telegraph Media Group). Consultado o 26 de xullo de 2014.
- ↑ "Jules Bianchi undergoes surgery in hospital after suffering 'severe' head injuries". skysportsf1.com (BSkyB). 5 de outubro de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (9 de outubro de 2014). "Rossi nominated to stand in for Bianchi at Marussia". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Noble, Jonathan (10 de outubro de 2014). "Marussia enters one car for Chilton after Bianchi crash". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (10 de outubro de 2014). "Marussia to run a single car in Russia out of respect for Bianchi". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (3 de outubro de 2014). "Maldonado set for ten-place grid penalty". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ "2014 Japanese Grand Prix — Qualifying Results". Formula1.com (Formula One Administration). 4 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (4 de outubro de 2014). "2014 Japanese Grand Prix grid". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (12 de decembro de 2013). "Further rule changes confirmed for 2014". F1 Fanatic (Keith Collantine). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (10 de outubro de 2014). "Grid drops for Hulkenberg and Maldonado". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 11 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (11 de setembro de 2014). "Pirelli selecrs tyres for first Russian Grand Prix". Keith Collantine. Consultado o 12 de setembro de 2014.
- ↑ 15,0 15,1 "Sochi uncovered — the inside track on Russia’s first F1 circuit". formula1.com (Formula One Administration). 9 de outubro de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Collantine, Keith (8 de outubro de 2014). "Two independent DRS zones for Sochi". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 9 de outubro de 2014.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Kevin Magnussen, Nico Hülkenberg e Max Chilton foron penalizados con cinco posicións, por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ Pastor Maldonado recibiu unha penalización de cinco posicións para completar a sanción que recibiu por exceder a súa cota de cinco motores da tempada no Gran Premio do Xapón.
- ↑ "2014 FORMULA 1 RUSSIAN GRAND PRIX". 11 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Rusia de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de Rusia de 1914 |
Gran Premio de Rusia | Carreira seguinte: Gran Premio de Rusia de 2015 |