Gran Premio do Brasil de 2000

O Gran Premio do Brasil de 2000 (oficialmente o XXIX Grande Prêmio Malboro do Brasil) foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 26 de marzo de 2000 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil. Foi a segunda carreira da tempada 2000 da Fórmula Un. A carreira foi o 29º Gran Premio do Brasil e o 19º que se celebrou no Autódromo José Carlos Pace. A carreira realizouse sobre 71 voltas ao circuíto de 4´3 quilómetros para unha distancia total de 306 quilómetros.

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Brasil de 2000
Nome oficialXXIX Grande Prêmio Marlboro do Brasil Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Brasil Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento71 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,309 km Editar o valor en Wikidata
PaísBrasil Editar o valor en Wikidata
Data26 de marzo de 2000 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata
Pole positionMika Häkkinen Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

A carreira gañouna o piloto alemán, Michael Schumacher pilotando un Ferrari F1-2000. A vitoria foi a segunda vitoria consecutiva de Schumacher na tempada. Schumacher gañou por 40 segundos ao piloto italiano Giancarlo Fisichella pilotando un Benetton B200. O piloto alemán Heinz-Harald Frentzen terminou a terceira pilotando un Jordan EJ10.

Informe

editar

Cualificación

editar

A cualificación deixou a Mika Häkkinen na pole position con David Coulthard segundo. Michael Schumacher foi terceiro, Rubens Barrichello cuarto, Giancarlo Fisichella quinto e Eddie Irvine foi sexto. A sesión foi interrompida tres veces, en cada ocasión porque unha valla publicitaria montada sobre o circuíto rompeu e caeu na pista. Na terceira ocasión, unha das táboas de cartón laminado foi golpeada polo Prost de Jean Alesi cando caeu.

Carreira

editar

Cando comezou a carreira, Häkkinen e Schumacher fixeron unha boa saída pero Coulthard foi máis lento e caeu detrás de Schumacher. Así, a orde foi Häkkinen líder seguido de Schumacher con Coulthard terceiro, Barrichello cuarto, Eddie Irvine quinto e Fisichella sexto. Pronto Schumacher intentou atopar o xeito de pasar a Häkkinen e Barrichello atacaba a Coulthard. Schumacher pasou polo interior a Häkkinen na S de Senna na segunda volta mentres Barrichello fixo o mesmo con Coulthard. Cometeu un erro permitindo a David adiantalo de novo pero recuperouse e pasou a Coulthard ao final da volta. Pronto quedou claro que os dous Ferraris estaban nunha estratexia de dúas paradas e Barrichello pronto estivo na parte traseira de Häkkinen, intentando adiantalo. Schumacher sacaba un segundo por volta a Häkkinen.

Detrás dos líderes, Trulli pasou a Irvine no quinto lugar, pouco despois de que Barrichello conseguise pasar a Häkkinen polo segundo posto na volta 15. Na volta 20, Schumacher tiña unha vantaxe de 20 segundos sobre os McLarens e entrou en boxes. Regresou no terceiro lugar pero quedou segundo cando Barrichello entrou a boxes dúas voltas máis tarde. Mentres tanto, na volta 21, Irvine estrelouse, pero non saíu o coche de seguridade. Agora toda a atención estaba na fenda entre Häkkinen e Schumacher que non se pechaba. Estaba estabilizándose e o foi o mesmo caso con Coulthard terceiro e Barrichello cuarto. Pero no espazo de tres voltas, a carreira volveuse do reves na volta 27, Barrichello no cuarto lugar comezou a botar fume. Tres voltas máis tarde, Häkkinen entrou en boxes, cousa rara xa que era demasiado cedo para entrar se ía a unha parada e demasiado tarde se ía a facer un par de paradas. Pronto quedou claro que non era unha parada programada para Mika, senón unha parada que sinalou a súa retirada.

Despois da parada do Trulli na volta 28, Jos Verstappen quedou en terceiro lugar durante sete voltas no Arrows, pero devolveullo a Fisichella cando entrou en boxes. Os dous Williams de Ralf Schumacher e Jenson Button con Fisichella e Heinz-Harald Frentzen marchaban todos xuntos e todos eles ían a unha única parada. Na parte dianteira, Coulthard e Schumacher mantiñan un ritmo similar pero Schumacher sempre foi cómodo. Ralf e Button entraron en boxes na volta 44 e 45 respectivamente na batalla polo último punto. Pero Ralf saíu uns poucos metros diante de Verstappen e Button uns poucos metros detrás del. Nas voltas que seguiron, Ralf puido alonxarse mentres Button quedou atrapado detrás de Jos ata que realizou unha fermosa manobra de adiantamento na volta 57. Trulli fixo a súa segunda parada na volta 56 e saíu quinto. Ralf quedou cómodo no sexto posto por diante de Button. Verstappen e Pedro de la Rosa foron oitavo e noveno. Mentres tanto, o ritmo comezou a caer e a orde quedou así ata o final.

Post-carreira

editar

Despois da carreira, logo das verificacións técnicas coñeceuse que os seis primeiros coches agás Fisichella foran descalificados porque tiñan problemas cos seus pisos de madeira. Os equipos apelaron, pero mentres a FIA examinaba de novo os coches, decatáronse de que as ás dianteiras do coche de Coulthard eran 7 mm inferiores áo permitido legalmente. Así, a posición de todos agás Coulthard foi reintegrada e ao facelo promocionou a Jenson Button á sexta posición, dando ao británico o seu primeiro punto no Campionato Mundial.

O 6 de abril de 2000, o World Motorsport Council multou con 100.000 dólares aos organizadores, logo de convocalos en París debido a caída dunha valla de seguridade na recta principal, pasando moi preto de Jean Alesi. Consideráronse como "circunstancias excepcionais".[1]

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:14.111
2 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:14.285 +0.174
3 3   Michael Schumacher Ferrari 1:14.508 +0.397
4 4   Rubens Barrichello Ferrari 1:14.636 +0.525
5 11   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:15.375 +1.264
6 7   Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 1:15.425 +1.314
7 5   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:15.455 +1.344
8 23   Ricardo Zonta BAR-Honda 1:15.484 +1.373
9 10   Jenson Button Williams-BMW 1:15.490 +1.379
10 22   Jacques Villeneuve BAR-Honda 1:15.515 +1.404
11 9   Ralf Schumacher Williams-BMW 1:15.561 +1.450
12 6   Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 1:15.627 +1.516
13 12   Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:15.664 +1.553
14 19   Jos Verstappen Arrows-Supertec 1:15.704 +1.593
15 14   Jean Alesi Prost-Peugeot 1:15.715 +1.604
16 18   Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 1:16.002 +1.891
17 8   Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 1:16.250 +2.139
18 20   Marc Gené Minardi-Fondmetal 1:16.380 +2.269
19 15   Nick Heidfeld Prost-Peugeot 1:17.112 +3.001
20* 16   Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:17.178 +3.067*
21 21   Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 1:17.512 +3.401
22* 17   Mika Salo Sauber-Petronas 1:18.703 +4.592*
107% tempo: 1:19.299
Fonte:[2]

Fonte (tempos de cualificación):[3]

* Os Sauber de Pedro Diniz e Mika Salo foron posteriormente retirados e non comezaron a carreira debido a fallos das ás traseiras que afectaban aos coches. O equipo decidiu que non era seguro correr.[4]

Carreira

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Michael Schumacher Ferrari 71 1:31:35.271 3 10
2 11   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 71 +39.898 5 6
3 5   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 71 +42.268 7 4
4 6   Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 71 +1:12.780 12 3
5 9   Ralf Schumacher Williams-BMW 70 +1 volta 11 2
6 10   Jenson Button Williams-BMW 70 +1 volta 9 1
7 19   Jos Verstappen Arrows-Supertec 70 +1 volta 14
8 18   Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 70 +1 volta 16
9 23   Ricardo Zonta BAR-Honda 69 +2 voltas 8
10 21   Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 69 +2 voltas 20
Ret 8   Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 51 Caixa de cambios 17
Ret 20   Marc Gené Minardi-Fondmetal 31 Motor 18
Ret 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 30 Presión aceite 1
Ret 4   Rubens Barrichello Ferrari 27 Hidráulica 4
Ret 7   Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 20 Trompo 6
Ret 22   Jacques Villeneuve BAR-Honda 16 Caixa de cambios 10
Ret 14   Jean Alesi Prost-Peugeot 11 Eléctrico 15
Ret 15   Nick Heidfeld Prost-Peugeot 9 Motor 19
Ret 12   Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 6 Motor 13
DSC 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 71 Descualificado (+4.302) 2
NTS 16   Pedro Diniz Sauber-Petronas 0 Problemas de seguridade 0  
NTS 17   Mika Salo Sauber-Petronas 0 Problemas de seguridade 0
Fonte:[5]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2000
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2000
Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 2000
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1999
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 2001

Referencias

editar
  1. Autosport magazine, 26 de xullo de 2007, page 9
  2. F1, STATS. "Brazil 2000 - Qualifications • STATS F1". www.statsf1.com (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2018. 
  3. "2000 Brazilian Grand Prix Qualification". ChicaneF1. Consultado o 10 de xuño de 2011. 
  4. "GRAND PRIX RESULTS: BRAZILIAN GP, 2000". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2011. 
  5. "2000 Brazilian Grand Prix". Formula1.com. Formula1.com Limited. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  6. Windsor, Peter; Clarkson, Tom (17 de marzo de 2000). "Schuey's confidence repaid". F1 Racing (Teddington, Middlesex, United Kingdom: Haymarket Magazine) (marzo 2000): 136–143. ISSN 1361-4487. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 2
mac 23
multimedia 1
os 91
todo 4