Gran Premio dos Estados Unidos de 1975
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 5 de outubro de 1975 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 14ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, e o 25º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 18º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958.
Nome oficial | XVIII United States Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 59 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Watkins Glen (Dix (en) ) 42°20′13″N 76°55′38″O / 42.336944444444, -76.927222222222 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 5 de outubro de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Emerson Fittipaldi |
A carreira foi gañada polo novo campión do mundo, o piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T. Lauda logrou a súa quinta vitoria da tempada por unha marxe de catro segundos sobre o campión do mundo saínte, o brasileiro Emerson Fittipaldi no McLaren M23. O compañeiro de equipo de Fittipaldi o alemán Jochen Mass terminou terceiro. O segundo lugar permitiu a Fittipaldi confirmar a segunda posición no campionato logo dunha longa batalla durante a tempada co piloto arxentino de Brabham Carlos Reutemann, aínda que o equipo McLaren de Fittipaldi caería un punto por baixo do equipo Brabham, que quedou segundo na loita polo campionato de construtores detrás de Ferrari.
Sumario
editarCon oito poles, cinco vitorias, o campionato de pilotos e o campionato de construtores de 1975 no peto, Ferrari só tiña uns poucos asuntos pendentes en Watkins Glen, que foi unha vez máis a última carreira da tempada. Ningún dos coches "vermellos" gañara nunca o Gran Premio dos Estados Unidos. Tampouco ningún piloto gañara a carreira estadounidense no ano en que lograra o título. O campión por primeira vez Niki Lauda tiña algo que dicir sobre destas dúas "estatísticas", e de xeito convincente gañou a pole e a carreira.
Había rumores controvertidos no paddock antes de que empezase sequera a práctica. O Gran Premio do Canadá fora cancelado e os seus organizadores chegaran ao paddock cunha orde xudicial para conxelar o diñeiro do premio mediante disputas legais. Tamén houbo conflitos coa Asociación de Pilotos de Grandes Premios sobre os salarios e os gastos de transferencia. Por outra banda, Lord Alexander Hesketh lucía un amplo slogan na súa camiseta instando aos afeccionados a "Salvar as baleas".
A pista fora modificada para esta carreira ca incorporación da "chicane Scheckter" na parte inferior do outeiro agregando os eses. Logo do accidente mortal de François Cevert alí dous anos antes, a curva considerouse demasiado rápida. Chamouse así polo piloto de Tyrrell que o suxeriu, esperábase que a chicane engadise case cinco segundos nos tempos de volta, facendo inaccesible o 1:38.9 do ano anterior.
Lamentablemente, ao comezar a práctica, a estrela estadounidense en ascenso estaba ausente do circuíto. Mark Donohue resultara mortalmente ferido na práctica para o Gran Premio de Austria e John Watson substituíra Donohue no equipo Penske. Lauda foi o máis rápido desde o principio, mentres os pilotos afacíanse ó novo deseño. Vittorio Brambilla rexistrou o mellor tempo o venres, apenas 0´01 segundos mellor que Lauda, pero o austríaco montou no seu Ferrari de recambio (o seu coche oficial tiña unha vibración no motor) e bateu o tempo do March en case un segundo completo. O sábado, foi Emerson Fittipaldi, quen ocupou brevemente a pole con 1:42.360, pero Lauda respondeu ao seu desafío, poñendo fin á discusión cun 1:42.003. Carlos Reutemann, Jean-Pierre Jarier, Mario Andretti e Brambilla lograron o resto das seis primeiras posicións da grella.
O domingo, asollado e moi cálido, dous coches e un piloto víronse eliminados antes de chegar á grella. O Penske de Watson sufriu problemas eléctricos no quecemento da mañá. Mentres era remolcado, o equipo recuperou o coche de exhibición e preparouno para entrar na carreira. O equipo Williams desapareceu por completo cando o coche de Lella Lombardi tamén tivo unha falla eléctrica, e o seu compañeiro de equipo Jacques Laffite confundiu o quitamanchas do visor cas súas pingas para os ollos. Non foi nada grave, pero non puido participar na carreira. Decidida a converterse na primeira muller piloto en Riverside, Lombardi tratou de entrar no coche do francés, pero non encaixaba.
Lauda liderou desde a saída e a través da nova chicane, seguido por Fittipaldi, Jarier, Brambilla, Reutemann e Andretti. Carlos Pace e Patrick Depailler saíron xuntos da pista na volta 2 cando Pace tratou de adiantar co seu Brabham ao Tyrrell ao final da recta de atrás. Depailler non o viu, e a colisión deixounos a ambos fóra da carreira.
A brecha entre o Ferrari de Lauda e o McLaren de Fittipaldi estableceuse en aproximadamente un segundo. Mass, que marchaba sexto, perdeu de súpeto tres postos con Andretti James Hunt e Ronnie Peterson cando accidentalmente apagou o seu motor. Na seguinte volta, con Jochen Mass agora xusto diante del, Clay Regazzoni rompeu o morro contra a roda traseira do McLaren e perdeu máis dunha volta mentres cambiou un novo. Na volta 10, o motor de Reutemann rompeu e a suspensión dianteira de Andretti cedeu. Isto deixou a Lauda e Fittipaldi doce segundos por diante de Jarier, que estaba cinco segundos por diante do grupo de Hunt, Brambilla, Mass, Peterson e Scheckter.
O compañeiro de Lauda, Regazzoni foi dobrado polos líderes na volta 18, logo da súa longa parada en boxes. Deixou pasar a Lauda, pero fixo todo o posible por conter a Fittipaldi. Regazzoni continuou desacelerando na chicane e ao longo de todo o circuíto, Fittipaldi sacudía o puño e os comisarios axitaron as súas bandeiras azuis durante seis voltas. Cando a bandeira azul converteuse en negra, Regazzoni finalmente permitiu o paso do brasileiro. Fittipaldi estaba agora 15 segundos por detrás de Lauda, Jarier retirouse, Brambilla caeu ao sétimo lugar debido a que zarandeábase a causa da rotura do soporte do asento e unha terrible batalla polo terceiro posto estaba no seu apoxeo entre Hunt, Mass, Peterson e Scheckter. Mass acosou a Hunt durante varias voltas, e foi capaz de adiantalo co Hesketh na volta 33. A falta de nove voltas para o final, Peterson tamén pasou a Hunt, que estaba loitando co seu cambio de marchas e o equilibrio dos freos. Apenas a tres voltas do final, Mass sentiu que os seus freos esvaecían e Peterson cheirou unha oportunidade de podio. Intentouo pasar ao McLaren, pero no intento, fíxolle un plano a seu pneumático dianteiro esquerdo na freada. O punto plano resultante fixo moi difícil a pilotaxe, e o freou o suficientemente para que Hunt recuperara o cuarto lugar na última volta.
Lauda permitiuse diminuír a súa vantaxe a pouco menos de cinco segundos na meta, e saboreou o clímax do seu primeiro Campionato. Dixo que non lle importaban os seus logros estatísticos como ser o primeiro campión do mundo e o primeiro piloto de Ferrari en gañar o Gran Premio dos Estados Unidos, pero preocupáballe non cobrar o diñeiro do premio.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 59 | 1:42:58.175 | 1 | 9 |
2 | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 59 | + 4.943 s | 2 | 6 |
3 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 59 | + 47.637 s | 9 | 4 |
4 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 59 | + 49.475 s | 15 | 3 |
5 | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 59 | + 49.986 s | 14 | 2 |
6 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 59 | + 50.321 s | 10 | 1 |
7 | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 59 | + 1:44.031 | 6 | |
8 | 10 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 58 | + 1 volta | 13 | |
9 | 28 | John Watson | Penske-Ford | 57 | + 2 voltas | 12 | |
10 | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 55 | + 4 voltas | 23 | |
NC | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 52 | Non clasificado | 7 | |
NC | 6 | Brian Henton | Lotus-Ford | 49 | Non clasificado | 19 | |
Ret | 25 | Brett Lunger | Hesketh-Ford | 46 | Accidente | 18 | |
Ret | 31 | Roelof Wunderink | Ensign-Ford | 41 | Caixa de cambios | 22 | |
WD | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 28 | Bandeira negra | 11 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 19 | Rodamento da roda | 4 | |
Ret | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 9 | Motor | 3 | |
Ret | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 9 | Suspensión | 5 | |
Ret | 23 | Tony Brise | Hill-Ford | 5 | Accidente | 17 | |
Ret | 15 | Michel Leclère | Tyrrell-Ford | 5 | Motor | 20 | |
Ret | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 2 | Accidente | 8 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 2 | Accidente | 16 | |
NTS | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | Problemas físicos | 21 | ||
NTS | 20 | Lella Lombardi | Williams-Ford | Encendido | 24 |
- Durante a carreira, Clay Regazzoni obstaculizou a Emerson Fittipaldi durante seis voltas, ata que a Regazzoni sacáronlle a bandeira negra, Fittipaldi tivo algunhas duras palabras para o piloto de Ferrari logo da carreira.
- Esta foi a última carreira de Tony Brise e Embassy Racing con Graham Hill. Na noite do 29 de novembro de 1975,o dobre campión do mundo Graham Hill estaba pilotando unha avioneta Piper Aztec desde Francia a Londres. Os seus pasaxeiros eran o director do equipo Ray Brimble, o piloto Tony Brise, o deseñador Andy Smallman e os mecánicos Terry Richards e Tony Alcock. Regresaban do Circuíto de Paul Ricard onde estiveran probando o coche GH2 que estaban preparando para 1976. Debían aterrar no aeródromo de Elstree aeródromo antes de continuar a viaxe a Londres para asistir a unha festa. Pouco antes das 22:00, o avión estrelouse contra as árbores á beira dun campo de golf en Arkley n medio dunha espesa néboa. No choque e a explosión que seguiu, morreron todos os ocupantes.[1][2] Logo do accidente so quedaban o director deportivo adxunto e dous mecánicos. Era imposible continuar, polo que o equipo pechouse.[3][4]
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 |
Gran Premio dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 |
Notas
editar- ↑ BBC, This day in history-- 1975: Graham Hill killed in air crash.
- ↑ Graham Hill, 46, Retired Racer, In Fatal Crash Piloting His Plane. UPI News Service. December 1, 1975 (Monday) New York Times archive
- ↑ "Motor racing legend Graham Hill killed in a plane crash". The Guardian (London: Guardian Newspapers). 2 December 2008. Consultado o 24 October 2011.
- ↑ Bardon, P. "Report on the accident at Arkley Golf Course". AAIB Formal Reports. Air Accidents Investigations Branch. Consultado o 24 October 2011.
Bibliografía
editar- Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908–1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
- Rob Walker (xaneiro de 1976). "17th United States Grand Prix: Ferrari's First World Championship Formula 1 Win In America". Road & Track, 70–73.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Estados Unidos de 1975 |