Grandes Voltas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
As Grandes Voltas, en ciclismo, é o nome que reciben as tres carreiras por etapas máis importantes: Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España.
Características comúns
editarDuración e organización
editarAs tres Grandes Voltas teñen en común a súa duración. Todas elas comezan un sábado e rematan un domingo; e teñen polo xeral 21 tiradas (tendo en conta a existencia de dous días de descanso, no Tour de Francia e na Vuelta a España os dous últimos luns).
É común que as Grandes Voltas comecen cunha contra o reloxo prólogo, aínda que isto non se fai tódolos anos; adoita haber dúas contra o reloxo chás (que no Tour teñen lugar sempre en sábado) e, ás veces, algunha contra o reloxo de montaña (cronoescalada). A última etapa é case sempre chá, e remata nas cidades de Milán, París ou Madrid.
As etapas de montaña son, xunto coas contra o reloxo, as máis importantes para os ciclistas que aspiran a gañar as Grandes Voltas. No Giro, sitúanse nos Alpes e nos Apeninos; no Tour, nos Alpes e Pireneos; na Vuelta, na Cordilleira Cantábrica, os Pireneos e Serra Nevada.
Desenvolvemento das tiradas
editarAs tiradas das Grandes Voltas aseméllanse ás habituais no ciclismo en estrada, pero teñen certas peculiaridades derivadas da súa lonxitude.
Poden distinguirse catro tipos de tiradas:
Tiradas chás
editarSon aquelas que case non teñen dificultades montañosas. Adoitan situarse ó principio das Grandes Voltas, aínda que, como xa se dixo antes, a última o é tamén.
Nestas tiradas, o máis habitual é que un ou varios ciclistas se separen do pelotón ó principio para intentar unha vitoria en solitario. Porén, é frecuente que o pelotón avance e reabsorba estes ciclistas escapados, producíndose así ó final un desenlace ó sprint.
Tiradas de alta montaña
editarSon aquelas nas que hai grandes dificultades montañosas (portos de montaña de primeira categoría ou categoría especial). En moitas destas tiradas, o final lévase a cabo no cume dunha montaña (final en alto); noutras, ten lugar despois de subilas e baixalas.
Nestas tiradas adoita producirse unha escapada semellante ás das etapas chás ó principio. Nestes casos, é moito máis habitual que os ciclistas escapados disputen entre eles a vitoria da tirada; porén, ás veces, son reabsorbidos polo pelotón.
Estas tiradas, en especial as de final en alto, son moi importantes para a clasificación xeral das carreiras (é dicir, para decidir o gañador da Volta Grande). Tamén, evidentemente, son fundamentais na clasificación da montaña.
Tiradas de media montaña
editarSon as tiradas nas que hai unha serie de dificultades montañosas, polo xeral portos de entre primeira e terceira categoría, que adoitan ter un final chan.
Nestas tiradas máis que en ningunha outra, as escapadas adoitan chegar á meta con bastante vantaxe respecto do pelotón.
Un exemplo sería o Macizo Central do Tour de Francia.
Contra o reloxo
editarSon aquelas nas que os ciclistas non corren xuntos, senón que cada un o fai por separado. Ó final, compútanse os tempos que lle levou a cada un facer o percorrido. Polo xeral, estas contra o reloxo teñen unha lonxitude próxima ós 30-50 quilómetros.
Nestas tiradas, ademais das de montaña, é onde se decide a clasificación xeral da carreira. Polo xeral, os gañadores das contra o reloxo son os homes máis fortes da carreira e os que ocupan os primeiros postos.
Existen contra o reloxo especiais:
- Prólogos. Son as contra o reloxo curtas, duns 10 quilómetros, que se disputan o primeiro día de cada Volta Grande. Serven para fixar a clasificación xeral de cara á primeira semana de carreira. Moitos anos non se celebran.
- Cronoescaladas. Son aquelas contra o reloxo nas que, no canto de percorrerse un tramo chan, se sobe unha montaña, polo xeral unha de primeira categoría ou categoría especial. Non son moi frecuentes porque adoitan supor grandes cambios na clasificación da carreira.
As clasificacións e as camisolas
editarNas Grandes Voltas, hai varias clasificacións:
- A clasificación xeral. Consiste na suma dos tempos que os ciclistas tardaron en levar a cabo o percorrido das tiradas. O gañador desta clasificación é, polo tanto, o gañador da Volta. O líder da clasificación xeral recibe unha camisola especial: maglia rosa no Giro, maillot amarelo no Tour; jersey oro na Vuelta.
- A clasificación dos puntos. En tódalas tiradas, agás nas contra o reloxo, hai sprints intermedios. Estes consisten en pequenas metas situadas a metade de carreira (polo xeral hai dous por tirada) nas que se proporcionan puntos ós primeiros que as cruzan. Ademais, tamén se engaden puntos ós primeiros que chegan á liña de meta. O corredor que acumula maior cantidade destes puntos recibe unha camisola especial: maglia ciclamino (malva) no Giro; maillot vert no Tour; jersey de puntos na Vuelta.
- Nas Grandes Voltas tamén se lles proporcionan puntos ós corredores que pasan en primeiro lugar os cumes das montañas. O ciclista que é líder na clasificación da montaña recibe unha camisola concreta: maglia verde no Giro; maillot à pois rouges (de puntos vermellos) no Tour; jersey malva na Vuelta.
- No Tour de Francia hai unha camisola especial para o novo (de menos de vinte e cinco anos) mellor situado na clasificación xeral: maillot blanc (branco).
- Na Vuelta a España hai tamén un jersey azul para a clasificación combinada.
- No Giro hai unha maglia azzurra para o ciclista con máis puntos na clasificación dos sprints intermedios (é dicir, igual que a clasificación por puntos pero excluíndo os das metas).
Características particulares
editarAs tres Grandes Voltas teñen bastantes diferenzas entre elas. Polo xeral, considérase que:
- O Tour de Francia é a carreira máis prestixiosa e, polo tanto, a máis difícil de gañar. A súa media de velocidade é sempre a máis alta, e a lonxitude das súas tiradas é moi superior á das do Giro ou a Volta.
- O Giro de Italia é especialmente coñecido pola dificultade das súas etapas de montaña. Crese, polo xeral, que é unha Volta máis destinada ós escaladores (ciclistas que soben ben nas montañas) que as outras dúas.
- A Vuelta a España é unha carreira tamén moi centrada nas montañas, aínda que non tanto coma o Giro; a súa dificultade é moito menor ca do Tour.
Ademais, as tres carreiras distínguense en moitas das normas. O sistema de puntuación nas clasificación secundarias como a clasificación da montaña e da regularidade son distintas.
Estatísticas
editarMarcas de corredores
editarTan só 6 ciclistas na historia gañaron as 3 grandes voltas durante a súa carreira, aínda que ningún gañou as 3 nun mesmo ano.
- Jacques Anquetil (Francia); 5 Tours (1957, 1961, 1962, 1963, 1964), 2 Giros (1960, 1964), 1 Vuelta (1963).
- Felice Gimondi (Italia); 1 Tour (1965), 3 Giros (1967, 1969, 1976), 1 Vuelta (1968)
- Eddy Merckx (Bélxica); 5 Tours (1969, 1970, 1971, 1972, 1974), 5 Giros (1968, 1970, 1972, 1973, 1974), 1 Vuelta (1973)
- Bernard Hinault (Francia); 5 Tours (1978, 1979, 1981, 1982, 1985), 3 Giros (1980, 1982, 1985), 2 Vueltas (1978, 1983)
- Alberto Contador (España); 2 Tours (2007, 2009), 2 Giros (2008, 2015), 3 Vueltas (2008, 2012, 2014)
- Vincenzo Nibali (Italia); 1 Tour (2014), 1 Giro (2013), 1 Vuelta (2010)
Bernard Hinault e Alberto Contador son os únicos que lograron repetir a vitoria nas tres carreiras.
Gimondi, Merckx e Hinault, ademais, lograron tamén gañar o Campionato do Mundo de ciclismo.
Podios nas tres grandes Voltas
editarCatorce ciclistas lograron acadar o podio nas tres grandes voltas
Ciclista | Tour | Giro | Volta | Total |
---|---|---|---|---|
Jacques Anquetil | 6 | 6 | 1 | 13 |
Eddy Merckx | 6 | 5 | 1 | 12 |
Felice Gimondi | 2 | 9 | 1 | 12 |
Bernard Hinault | 7 | 3 | 2 | 12 |
Miguel Indurain | 5 | 3 | 1 | 9 |
Vincenzo Nibali | 3 | 3 | 2 | 8 |
Alejandro Valverde | 1 | 1 | 6 | 8 |
Carlos Sastre | 3 | 1 | 3 | 7 |
Alberto Contador | 2 | 2 | 3 | 7 |
Laurent Fignon | 3 | 2 | 1 | 6 |
Tony Rominger | 1 | 1 | 4 | 6 |
Cadel Evans | 3 | 1 | 1 | 5 |
Nairo Quintana | 3 | 1 | 1 | 5 |
Denis Menchov | 1 | 1 | 2 | 4 |
José Manuel Fuente | 1 | 1 | 2 | 4 |
Joaquim Rodríguez | 1 | 1 | 2 | 4 |
Herman Van Springel | 1 | 1 | 1 | 3 |
Gañadores de dúas Grandes Voltas no mesmo ano
editarNove corredores foron capaces de gañar dúas grandes voltas no mesmo ano.
Tour e Giro:
- Fausto Coppi : 1949 e 1952.
- Jacques Anquetil : 1964.
- Eddy Merckx : 1970, 1972, 1974.
- Bernard Hinault : 1982, 1985.
- Stephen Roche : 1987.
- Miguel Indurain : 1992, 1993.
- Marco Pantani : 1998.
Tour e Vuelta:
Giro e Vuelta:
Gañadores de etapa nas tres Grandes Voltas
editarO primeiro ciclista que logrou vitorias nas tres Grandes Voltas foi o italiano Fiorenzo Magni que o logrou en 1955, tras acadar a súa primeira vitoria de etapa na Vuelta Ciclista a España. Anteriormente xa o conseguira no Giro de Italia en 1948, e no Tour de Francia en 1949.
Tras Fiorenzo Magni, moitos corredores o conseguiro, pero só tres ciclistas conseguiron vencer etapas das tres Grandes Voltas no mesmo ano:
- Miguel Poblet en 1956, 3 etapas da Vuelta s España, 4 etapas do Giro de Italia e 1 etapa do Tour de Francia.
- Pierino Baffi en 1958, 2 etapas da Vuelta a España, 1 etapa do Giro de Italia e 3 etapas do Tour de Francia.
- Alessandro Petacchi en 2003, 6 etapas do Giro de Italia, 4 etapas do Tour de Francia e 5 etapas da Vuelta a España.
Gañadores das tres clasificacións nunha Gran Volta
editarSó tres ciclistas lograron vencer o mesmo ano a clasificación xeral, a da regularidade e a da montaña dunha Gran Volta:
- Eddy Merckx, no Giro de Italia 1968 e no Tour de Francia 1969.
- Tony Rominger, na Vuelta a España 1993.
- Laurent Jalabert, na Vuelta a España 1995.
Máximos gañadores de Grandes Voltas
editarOs corredores que gañaron máis dunha gran volta ó largo da súa carreira deportiva.
Nome | Total | Tour | Giro | Vuelta |
---|---|---|---|---|
Eddy Merckx | 11 | 5 (1969, 1970, 1971, 1972, 1974) | 5 (1968, 1970, 1972, 1973, 1974) | 1 (1973) |
Bernard Hinault | 10 | 5 (1978, 1979, 1981, 1982, 1985) | 3 (1980, 1982, 1985) | 2 (1978, 1983) |
Jacques Anquetil | 8 | 5 (1957, 1961, 1962, 1963, 1964) | 2 (1960, 1964) | 1 (1963) |
Miguel Indurain | 7 | 5 (1991, 1992, 1993, 1994, 1995) | 2 (1992, 1993) | 0 |
Fausto Coppi | 7 | 2 (1949, 1952) | 5 (1940, 1947, 1949, 1952, 1953) | 0 |
Alberto Contador | 7 | 2 (2007, 2009) | 2 (2008, 2015) | 3 (2008, 2012, 2014) |
Gino Bartali | 5 | 2 (1938, 1948) | 3 (1936, 1937, 1946) | 0 |
Felice Gimondi | 5 | 1 (1965) | 3 (1967, 1969, 1976) | 1 (1968) |
Alfredo Binda | 5 | 0 | 5 (1923, 1925, 1927, 1928, 1929) | 0 |
Vincenzo Nibali | 4 | 1 (2014) | 2 (2013, 2016) | 1 (2010) |
Tony Rominger | 4 | 0 | 1 (1995) | 3 (1992, 1993, 1994) |
Roberto Heras | 4 | 0 | 0 | 4 (2000, 2003, 2004, 2005) |
Philippe Thys | 3 | 3 (1913, 1914, 1920) | 0 | 0 |
Louison Bobet | 3 | 3 (1953, 1954, 1955) | 0 | 0 |
Greg LeMond | 3 | 3 (1986, 1989, 1990) | 0 | 0 |
Chris Froome | 3 | 3 (2013, 2015, 2016) | 0 | 0 |
Laurent Fignon | 3 | 2 (1983, 1984) | 1 (1989) | 0 |
Charly Gaul | 3 | 1 (1958) | 2 (1956, 1959) | 0 |
Pedro Delgado | 3 | 1 (1988) | 0 | 2 (1985, 1989) |
Carlo Galetti | 3(*) | 0 | 3 (1910, 1911, 1912(*)) | 0 |
Giovanni Brunero | 3 | 0 | 3 (1921, 1922, 1926) | 0 |
Fiorenzo Magni | 3 | 0 | 3 (1948, 1951, 1955) | 0 |
Lucien Petit-Breton | 2 | 2 (1907, 1908) | 0 | 0 |
Firmin Lambot | 2 | 2 (1919, 1922) | 0 | 0 |
Ottavio Bottecchia | 2 | 2 (1924, 1925) | 0 | 0 |
Nicolas Frantz | 2 | 2 (1927, 1928) | 0 | 0 |
André Leducq | 2 | 2 (1930, 1932) | 0 | 0 |
Antonin Magne | 2 | 2 (1931, 1934) | 0 | 0 |
Sylvère Maes | 2 | 2 (1936, 1939) | 0 | 0 |
Bernard Thévenet | 2 | 2 (1975, 1977) | 0 | 0 |
Hugo Koblet | 2 | 1 (1951) | 1 (1950) | 0 |
Stephen Roche | 2 | 1 (1987) | 1 (1987) | 0 |
Marco Pantani | 2 | 1 (1998) | 1 (1998) | 0 |
Jan Janssen | 2 | 1 (1968) | 0 | 1 (1967) |
Roger Pingeon | 2 | 1 (1967) | 0 | 1 (1969) |
Luis Ocaña | 2 | 1 (1973) | 0 | 1 (1970) |
Joop Zoetemelk | 2 | 1 (1980) | 0 | 1 (1979) |
Jan Ullrich | 2 | 1 (1997) | 0 | 1 (1999) |
Giovanni Valetti | 2 | 0 | 2 (1938, 1939) | 0 |
Franco Balmamion | 2 | 0 | 2 (1962, 1963) | 0 |
Giuseppe Saronni | 2 | 0 | 2 (1979, 1983) | 0 |
Ivan Gotti | 2 | 0 | 2 (1997, 1999) | 0 |
Gilberto Simoni | 2 | 0 | 2 (2001, 2003) | 0 |
Paolo Savoldelli | 2 | 0 | 2 (2002, 2005) | 0 |
Ivan Basso | 2 | 0 | 2 (2006, 2010) | 0 |
Giovanni Battaglin | 2 | 0 | 1 (1981) | 1 (1981) |
Denis Menchov | 2 | 0 | 1 (2009) | 1 (2007) |
Nairo Quintana | 2 | 0 | 1 (2014) | 1 (2016) |
Gustaaf Deloor | 2 | 0 | 0 | 2 (1935, 1936) |
Julián Berrendero | 2 | 0 | 0 | 2 (1941, 1942) |
José Manuel Fuente | 2 | 0 | 0 | 2 (1972, 1974) |
Alex Zülle | 2 | 0 | 0 | 2 (1996, 1997) |
* A edición de 1912 do Giro de Italia correuse por equipos. O equipo Atala, do que formaba parte Galetti, foi o vencedor.
Máis podios en Grandes Voltas
editarIndependentemente que non o conseguisen nas tres Grandes Voltas.
Corredor | Tour | Giro | Vuelta | Total |
---|---|---|---|---|
Jacques Anquetil | 6 | 6 | 1 | 13 |
Bernard Hinault | 7 | 3 | 2 | 12 |
Eddy Merckx | 6 | 5 | 1 | 12 |
Felice Gimondi | 2 | 9 | 1 | 12 |
Raymond Poulidor | 8 | 0 | 2 | 10 |
Gino Bartali | 3 | 7 | 0 | 10 |
Miguel Indurain | 5 | 3 | 1 | 9 |
Fausto Coppi | 2 | 7 | 0 | 9 |
Joop Zoetemelk | 7 | 0 | 1 | 8 |
Pedro Delgado | 3 | 0 | 5 | 8 |
Vincenzo Nibali | 3 | 3 | 2 | 8 |
Alejandro Valverde | 1 | 1 | 6 | 8 |
Gañadores das Grandes Voltas
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 En principio o gañador foi Alberto Contador pero foi desclasificado por dopaxe (ver Caso Contador).
- ↑ "Óscar Pereiro é o gañador do Tour de Francia 2006, o dopaxe de Floyd Landis foi confirmado pola UCI". Consultado o 22 de novembro de 2007.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 A UCI confirmou a solicitude da USADA de desposuír a Lance Armstrong dos seus títulos conseguidos despois de 1998.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Edicións suspendidas por falta de colaboración económica.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 Edicións suspendidas pola II Guerra Mundial.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Edicións suspendidas pola Guerra Civil española.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Edicións suspendidas pola I Guerra Mundial.
- ↑ Edición disputada por equipos, sen clasificación individual.
- ↑ Levouse a cabo unha serie de descualificacións e penalizacións polas que o gañador, Maurice Garin, xunto cos tres seguentes, foron borrados da clasificación xeral. Finalmente, elaborouse unha polémica lista que situaba como vencedor a Henri Cornet, que quedou quinto. Grazas a isto, Henri Cornet ten o récord no Tour, de ser o máis novo en vencer. Tamén as vitorias de etapa de Garin foron eliminadas.