Grandes do noso tempo
Grandes do noso tempo é unha colección de obras de literatura universal traducidas ao galego posta en marcha por Edicións Xerais de Galicia. Consta de 18 títulos, publicados entre 1989 e 1996.
Historia e características
editarA colección foi presentada ó público en Santiago de Compostela o xoves 11 de maio de 1989 por Víctor Freixanes, entón director da editorial.[1]
Todos os volumes son traducións literarias ó galego de autores contemporáneos. O obxectivo, segundo Víctor Freixanes, foi "a necesidade de incorporar ó galego textos clásicos e contemporáneos para que as novas xeracións, sobre todo, poidan acceder a outras culturas dende a lingua propia". Os títulos puxéronse no mercado a un prezo de 800 pesetas. Aínda que a colección tivo pouca fortuna dende o punto de vista comercial, a súa importancia radicou en que creou lectores e varias promocións de profesionais da tradución á lingua galega, ata entón inexistentes.[2]
Os libros foron editados en tapa branda con solapas nun tamaño de 21 por 13 cm. Na portada de cada volume figura unha fotografía do autor (agás en Sete narradores soviéticos: 1934-1950 e O vixía no centeo) e na contraportada un pequeno fragmento da obra. No interior do libro figura unha breve noticia do autor. O deseño da colección é de RE-VISION.
Títulos
editarNa previsión inicial da editorial estaba publicar algún máis que non veu a luz como O vello e o mar, de Ernest Hemingway.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 12 de maio de 1989, p. 45
- ↑ Luna, Ana (2014). "La traducción de los clásicos italianos hacia la lengua gallega". En Camps, Assumpta. La traducción en las relaciones ítalo-españolas: lengua, literatura y cultura (en castelán). Edicions Universidade de Barcelona. p. 338. ISBN 978-84-475-3902-4.