Grego capadocio
O capadocio (SIL: CPG; ISO 639-2: ine), tamén coñecido como grego capadocio ou grego de Asia Menor, é unha lingua helénica falada noutrora en Capadocia (Turquía central). Tras o intercambio de poboacións entre Grecia e a Turquía nos anos 1920, os falantes capadocios víronse obrigados a emigrar a Grecia, onde foron instalados en diversas rexións, especialmente en Grecia central e setentrional. Os capadocios pasaron moi rápido ao grego moderno standard e pensábase que a súa lingua se extinguira nos anos 1960.
Grego capadocio | ||
---|---|---|
Falado en: | Grecia (orixinalmente Capadocia, no centro de Turquía) | |
Rexións: | Capadocia | |
Total de falantes: | 2 800 (2015) (antes se pensaba que estaba extinta) | |
Familia: | Indoeuropea Helénica Ática-xónico Grego capadocio | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | cpg
| |
Mapa | ||
Antigo territorio grego capadocio. | ||
Status | ||
En xuño de 2005, Mark Janse (Roosevelt Academy, Middelburg) e Dimitris Papazachariou (Universidade de Patras) descubriron capadocios na Grecia central e setentrional que falaban a súa lingua materna habitualmente. Entre eles hai falantes da terceira xeración de mediana idade que teñen unha actitude positiva cara a súa lingua, contrariamente aos seus pais e avós. Hai actualmente en preparación un inventario dos falantes capadocios e do seu uso lingüístico.
Historia e investigación
editarHistoria da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |
O capadocio nace do grego bizantino. Tras a batalla de Manzikert en 1071, Capadocia quedou illada do mundo grego e o turco converteuse na lingua franca na rexión. Moitos capadocios pasáronse completamente ao turco e onde o grego se mantivo, a lingua resultou considerabelmente influenciada polo turco que o rodea. Desgraciadamente, case non hai documentos escritos en Capadocio medieval ou premoderno: a lingua está esencialmente desprovista dunha tradición escrita.
As primeiras descricións do capadocio datan do século XIX, pero en xeral non son moi precisas. A primeira gramática fiable do Capadocio é “Modern Greek in Asia Minor” (Cambridge: Cambridge University Press, 1916) do primeiro profesor Bywater and Sotheby de lingua e literatura gregas bizantina e moderna da Universidade de Oxford, Richard MacGillivray Dawkins (1871-1955), Fundada nas investigacións de campo en Capadocia feitas en 1909-1911. Tras o intercambio de poboación, moitos dialectos capadocios foron descritos polos colaboradores do Centro de Estudos de Asia Menor de Atenas: Ulağaç (I.I. Kesisoglou, 1951), Aravan (D. Phosteris & I.I. Kesisoglou, 1960), Axo (G. Mavrochalyvidis & I.I. Kesisoglou, 1960) e Anaku (A.P. Costakis, 1964).
Máis recentemente, o estudo do capadocio coñeceu un rexurdimento grazas á obra de pioneiro “Language Contact, Creolization, and Genetic Linguistics” (Berkeley: University of California Press, 1988) de Sarah Grey Thomason e Terrence Kaufman, e unha serie de traballos sobre diversos aspectos da lingüística capadocia de Mark Janse, quen ademais forneceu dun compendio de gramática capadocia ao futuro manual de dialectos gregos editado por Christos Tzitzilis (Universidade Aristóteles de Salónica). O descubrimento recente de falantes capadocios por Janse e Papazachariou levará a unha nova gramática, un dicionario e unha colección de textos.
Características
editarO elemento grego en capadocio é, con moito, bizantino, por exemplo θír ou tír “porta” do grego (antigo e) bizantino θύρα (grego moderno πόρτα, do italiano ‘’porta’’), píka ou épka “fixo” do grego bizantino έποικα (grego moderno έκανα). Outros arcaísmos (prebizantinos) son o emprego dos pronomes posesivos mó(n), só(n) etc. do grego antigo εμός, σός etc. e a formación do imperfecto con axuda do sufixo -išk-, do sufixo iterativo grego antigo (xónico) -(i)sk-.
A interferencia turca aparece en todos os niveis lingüísticos. O sistema fonolóxico do capadocio comprende as vogais turcas ï, ö, ü, e as consoantes turcas b, d, g, š, ž, tš, dž (se ben algunhas aparecen tamén en palabras gregas debido á palatalización). A harmonía vocálica turca aparece en formas como düšündǘzu “eu penso”, aor. 3sg düšǘntsü < düšǘntsi (Malakopi), do turco düşünmek, patišáxïs < patišáxis “rei” (Delmeso), do turco padişah. A morfoloxía nominal capadocia caracterízase pola emerxencia dunha declinación nominal aglutinante e a perda progresiva do xénero gramatical, e.g. to néka “a (neutro) muller (feminino)”, xenitivo néka-ju, plural nékes, xenitivo nékez-ju (Ulağaç).
Outra característica turca é a marca morfolóxica de definido / indefinido, e.g. líkos “lobo (nominativo / acusativo indefinido” vs. líko “lobo (acusativo definido)”. Tamén aparecen formas aglutinantes no sistema verbal, por exemplo o pluscuamperfecto írta ton “eu viñera” (literalmente, “eu viña eu era”) (Delmeso) por analoxía co turco geldi idi (geldiydi). A orde de palabras capadocia regúlase por consideracións discursivas como as de tópico e focus, pero hai unha tendencia cara a orde SOV coas súas correlacións tipolóxicas (sufixación e modificadores prenominais).
Dialectos
editar- Capadocio do nordeste (Sinasos, Potamia máis Delmeso).
- Capadocio do noroeste (Silata, Anaku, Flojita, Malakopi).
- Capadocio central (Axo; Misti).
- Capadocio do suroeste (Aravan, Gurzono; Fertek).
- Capadocio do sueste (Ulağaç, Semendere).
- O Farasiota (dialecto de Farasa) está máis próximo do póntico, pero estes son os parentes máis próximos do Capadocio.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.