Gregorio Ferro

pintor español
(Redirección desde «Gregorio Ferro Requeijo»)

Gregorio Ferro Requeixo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.

Modelo:BiografíaGregorio Ferro
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1742 Editar o valor en Wikidata
Lamas, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1812 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAnton Raphael Mengs (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosé de Madrazo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1024212

Traxectoria

editar

Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.

 
Martirio de San Sebastián, cadro co que o nomearon académico de San Fernando.

Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servente, ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.

Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs.

Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián.

En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.

Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 6
mac 1
multimedia 1
os 34
todo 2