Guillaume Apollinaire
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.
(1911) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pl) Wilhelm Albert Włodzimierz Apollinaris de Wąż-Kostrowicky 26 de agosto de 1880 Roma, Italia |
Morte | 9 de novembro de 1918 (38 anos) París, Francia |
Causa da morte | gripe de 1918 |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 86 48°51′46″N 2°23′41″L / 48.862656, 2.39472 |
Residencia | París (–1918) Mónaco (1887–1895) Roma (1880–1887) Lión Stavelot Aix-les-Bains Cannes Niza Nîmes |
Educación | Colegio Niño Jesús de Praga (en) (1887–) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Países Baixos (1901–1902) Alemaña (1901–1902) Bélxica (1901–1902) París (1898–1918) |
Ocupación | poeta, contacontos, crítico literario, debuxante, actor de televisión, autor de diarios, dramaturgo, crítico de arte, escritor, guionista de cinema |
Período de actividade | 1898 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Verso branco (pt) |
Pseudónimo literario | Fernand Laviet |
Carreira militar | |
Rango militar | Tenente |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Instrumento | Piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Amélia Kolb |
Parella | Marie Laurencin (1908–) Louise de Coligny-Châtillon Annie Playden Madeleine Pagès |
Cronoloxía | |
2 de maio de 1918 | matrimonio |
10 de maio de 1916 | trepanação (pt) |
17 de marzo de 1916 | ferida na cabeza |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb French-language art critics bibliographies (en) Biblioteca dixital BEIC, (sec:Apollinaire, Guillaume 1880-1918) |
|
Traxectoria
editarFillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisiense de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.
En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.
Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira guerra mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española.
Obra
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Traducida ao galego
editar- O bestiario ou cortexo de Orfeo (Le Bestiaire ou Cortège d'Orphée), trad. Pablo Seoane (Positivas, 2016)
- O poeta asasinado (Le poète assassiné), trad. Alberte Allegue Leira (Laiovento, 1999)
- As Mameiras de Tiresias (Les Mamelles de Tirésias), trad. Xesús González Gómez (Laiovento, col. Teatro, 2007)
- As once mil vergas (Les onze milles verges ou les amours d'un hospodar), trad. Ana Castiñeira Real e Xosé Antón López Dobao (Positivas, col. Popular, 1992)
- Apollinaire: poesías (Oeuvres poétiques), trad. José Antonio Loira Nieto e Santiago Martínez García (Editorial Tris Tram, col. Poesía de peto, 2002)[1]
Notas
editar- ↑ Listaxe de obra traducida ao galego de Guillaume Apollinaire Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en Bitraga.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillaume Apollinaire |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Apollinaire na súa lingua orixinal |
- Caligrama - composición poética coas palabras compoñendo debuxos, da que Apollinaire foi un pioneiro.