Hadrián

nome masculino

Hadrián[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Hadrianus, estirpe romana do emperador Hadriano. En galego tamén ten as variantes Adriano, Adrao, Hadriano e Adrán.[2]

En xaneiro de 2023 existían 74 varóns en Galicia co nome Hadrián, cunha media de idade de 23,2 anos,[3] 225 co nome Adriano, cunha media de idade de 49,6 anos[4] e 11 co nome Adrán, cunha media de idade de 14 anos.[5] Non hai persoas rexistradas coas variantes Adrao ou Hadriano.

Outras linguas

editar

As variantes gráficas para escribir as versións deste nome noutras linguas son as seguintes:

  • alemán: Adrian, Adria, Adriaan, Adrijan, Adriaen, Adrián, Adriano, Adrien, Andrigan, Arian, Hadrian, Jadran
  • catalán: Adrià
  • castelán: Adrián, Adriano (papas e emperador)
  • checo: Hadrián, Adrián
  • francés: Adrien (papas), Hadrian (emperador), ás veces mesmo Arien, Adryen, Adrian, Hadrien
  • inglés: Adrian, Adrien, Hadrian (papas e emperador), Ade [ás veces úsase a grafía francesa Adrien (como en Adrien Brody), pero en todo caso sempre se pronuncia con ditongo inicial]
  • italiano: Adriano, Adreano, Adrio
  • neerlandés: Adriaan, Adriaen, Adrianus, Aad, Aarjen, Aat, Ad, Adri, Adrie, Aerjen, Arian, Ari, Ariaan, Arie, Arius, Arjan, Arjen, Erjen, Hadriaan, Hadrianus, Janus, Jari
  • polaco: Adrian
  • portugués: Adriano, Adrião
  • romanés: Adrian, Adi

Personaxes

editar

Relixión

editar

Aristocracia

editar
  • Hadriano: tamén coñecido coma "Publio Elio Hadriano"; emperador de Roma dende 117 ó 138.

Outros

editar

Hadrián na cultura galega

editar

Na toponimia

editar
 
Concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Santo Adrián
 
Concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Santo Adrán
 
Concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Santo Adrao
 
Distribución conxunta dos concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Hadrián en tódalas súas variantes gráficas

Segundo o nomenclátor de Galicia oficial da Xunta, en Galiza hai 15 parroquias consagradas a este santo, aínda que ningunha delas escrita con hache:

Tamén existen os lugares de Santo Adrián (A Pobra do Brollón e O Saviñao), Santo Adrián de Castro (Zas), Adrán (A Laracha, Ordes e Teo), Santadrao (Castroverde, A Pastoriza e Riotorto), Santo Adrao (Vilalba), Santadriao (Pantón) e Santradán (Cobres, Vilaboa).

Á xeografía física corresponde o cabo de Santo Hadrián, en Malpica.

Na literatura

editar

Na literatura galega cómpre destacar o influxo deste antropónimo en Otero Pedrayo. Nado un 5 de marzo, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva), e Adrián Soutelo (o tío de Paio, n' Os camiños da vida). Outros personaxes literarios deste nome son Adrián Novoa (Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz) e Adrián Seivane (Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras).

Na cultura tradicional

editar

Na cultura popular galega hai unha lenda, un refrán e unha cantiga vencellados a Santo Hadrián. A lenda di como segue:

En Corme existe a Pedra da Serpe, que conserva a figura dunha serpe alada. A súa autoría é discutida, pero asóciase aos cultos precristianos ás serpes, relacionado coa chegada dos celtas, que tiñan como símbolo heráldico a serpe. Segundo a lenda, cando San Hadrián andaba predicando pola zona, esta era inhabitable debido a unha praga de serpes. Porén, o santo golpeou o chan co pé e todas foron refuxiarse baixo a pedra, quedando unha delas petrificada en sinal deste feito. Como símbolo da cristianización deste lugar púxoselle unha cruz enriba.

O refrán é: Día de san Adrián, sécalle a primeira raíz ó pan.

A cantiga, con dúas variantes, é:

  • Meu siñor San Adrián/é un santo milagroso/pedínlle un mozo bonito/doume un barbas de raposo.
  • Meu señor San Adrián/é un santo moi milagreiro/pedinlle un home bonito/doume un cara de carneiro.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2