Haemophilus ducreyi

Haemophilus ducreyi

Fotomicrografía de H. ducreyi
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pasteurellales
Familia: Pasteurellaceae
Xénero: Haemophilus
Especie: H. ducreyi
Nome binomial
'Haemophilus ducreyi'
(Neveu-Lemaire 1921)
Bergey et al. 1923

Haemophilus ducreyi é unha especie de bacterias gramnegativas con forma de cocobacilo, que causa a enfermidade de transmisión sexual chamada chancroide ou chancro brando, que é unha das principais causas de ulceración xenital nos países subdesenvolvidos caracterizada pola aparición de chagas (chancros) dolorosas sangrantes con base necrótica e beiras desgarradas nos xenitais, que comezan como unha lesión papular eritematosa. A doenza trátase con macrólidos como a azitromicina e cefalosporinas de terceira xeración como o ceftriaxone.

H. ducreyi é esixente no seu cultivo, pero pode cultivarse en placas de ágar chocolate. Con tinguidura de Gram ten o aspecto dun "banco de peixes".

A bacteria recibe o seu nome por Augusto Ducrey, o científico que primeiro a describiu na década de 1890.

Patoxénese

editar

Haemophilus ducreyi é un microorganismo oportunista que infecta aos seus hóspedes a través de roturas na pel ou só na epiderme. Seguidamente ten lugar unha inflamación, xa que a área de infección é inundada por linfocitos, macrófagos, e granulocitos. Esta inflamación piroxénica causa unha linfadenite rexional no chancroide transmitido sexualmente.[1]

Diagnose

editar

Aínda que no diagnóstico das infeccións por H. ducreyi ás veces se usan a detección de antíxenos, seroloxía e métodos de amplificación xenética, e as probas xenéticas teñen maior sensibilidade, non sempre se pode dispoñer deles, polo que o cultivo da bacteria considérase actualmente o método estándar de diagnóstico.[2]

  1. Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. (2007). Dermatology: 2-Volume Set. St. Louis: Mosby. p. 1256. ISBN 1-4160-2999-0. 
  2. Alfa, Michelle (2005). "The laboratory diagnosis of Haemophilus ducreyi". Canadian Journal of Infectious Disease & Medicine Microbiology 16 (1): 34–35. PMC 2095004. PMID 18159525. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 3