Heinz-Harald Frentzen
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Heinz-Harald Frentzen (nado o 18 de maio de 1967), tamén coñecido como 'HHF', é un piloto de carreiras profesional alemán retirado. Foi o subcampión no campionato do mundo de pilotos da fórmula un de 1997, pilotando para Williams.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1967 (57 anos) Mönchengladbach (Alemaña) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Sitio web | frentzen.de |
Inicios
editarFrentzen naceu o 18 de maio de 1967 na cidade de Alemaña Occidental de Mönchengladbach (Renania do Norte-Westfalia) fillo de Heinrich-Harald Frentzen, un empresario de pompas fúnebres alemán e a súa esposa española Angela. Ten dúas irmás, Sylvia, teóloga, Sonia, mestra e dúas medias irmás Samantha e Nicole-Nadine. A súa familia estaba conectada co automobilismo; o seu pai correu entre 1950 e 1957. Os pais de Frentzen se divorciaron cando tiña oito anos e o seu pai casou posteriormente cunha mexicana Araceli, mentres Angela regresou a España.[1]
Frentzen comezou nos Kart aos doce anos de idade, despois de que o seu pai regaloulle o seu primeiro kart, e fixo uns inicios extraordinariamente acertados.[2] En 1981, con catorce anos, Frentzen gañou o Campionato Alemán Júnior Kart. Dous anos máis tarde, Frentzen participou no CIK Asia Pacific Championships en Australia pilotando un Dino aínda que non terminou.[3] En 1984, terminou en segundo lugar na clase 100cc.[4] Financiado e apoiado polo seu pai, propietario dunha funeraria, quen tamén actuou tanto como xefe de equipo como de xefe mecánico.
En 1986, Frentzen pasou a competir nas series Fórmula Ford 2000 alemá. Logo de dúas tempadas na Fórmula Ford foi subcampión na serie en 1987, malia non participar en todas as carreiras. Frentzen progresou á Fórmula alemá Opel Lotus en 1988 no Equipo Júnior do expiloto de Fórmula Un Jochen Mass, quen quedara impresionado polas actuacións de Frentzen na Fórmula Ford. Frentzen foi campión da serie alemá no seu primeiro ano e o seu compañeiro de equipo Marco Werner terminou terceiro no campionato. Tamén participou na Fórmula Opel Lotus Euroseries, onde terminou 6º no campionato, con 56 puntos.
O seguinte paso foi o Campionato Alemán de Fórmula 3 en 1989, onde Frentzen competiu contra moitas futuras estrelas, incluíndo Michael Schumacher e Karl Wendlinger. Nese momento, houbo un grande apoio de Bernie Ecclestone para ter un piloto alemán no Campionato do Mundo de Fórmula Un, polo que o ONS (Oberste Nationale Sportkommission, comité nacional do automobilismo alemán) decidiu apoiar a Frentzen e Schumacher. O ONS ofertou unha recompensa dunha proba na Fórmula Un para o primeiro piloto que lograra unha vitoria nunha carreira de Fórmula 3. Gañou Schumacher, nunha polémica carreira en Zeltweg, Austria, na que Frentzen afirmou que Schumacher obrigouno a abandonar a pista. Con todo, Schumacher non obtivo a proba na Fórmula Un de todos os xeitos; Karl Wendlinger gañou o campionato alemán de Fórmula 3 e Frentzen converteuse en subcampión conxunto con Schumacher (os dous terminaron empatados a puntos).
En 1990, Frentzen incorporouse a serie fórmula 3000 Internacional pilotando para Eddie Jordan Racing xunto con Eddie Irvine. Frentzen terminou a tempada 16º no campionato, anotando 3 puntos. No mesmo ano, tamén participou no World Sports Prototype Championship pilotando un Mercedes-Benz C11 cun podio e seis puntos. En 1991, Frentzen continuou pilotando na Fórmula 3000 International para Vortex Motorsport e anotou cinco puntos.
Fórmula Un
editarSauber (1994-1996)
editarNa tempada 1994 de Fórmula 1, Peter Sauber ofreceulle ao alemán unha proba para a Fórmula 1 nun coche Sauber C13 con motor Mercedes-Benz, para ser compañeiro de equipo de Wendlinger. A súa actuación impresionou a Frank Williams, tanto que este lle ofreceu substituír o falecido Ayrton Senna en Williams trala morte do brasileiro, pero Frentzen decidiu seguir con Sauber, e as súas actuacións mantiveron o nivel do equipo despois de que Wendlinger sufrise varias feridas en Mónaco.
Na tempada 1995 de Fórmula 1, cos novos motores Ford, Frentzen conseguiu o seu primeiro podio e acabou noveno no Campionato de Pilotos. Con todo, na tempada 1996, a falta de fiabilidade do Sauber fixo que se retirase en moitas carreiras. Das súas actuacións naquel ano destaca que foi un dos catro pilotos que logrou acabar o Gran Premio de Mónaco de 1996, no que as fortes choivas fixeran acto de presenza.
Williams (1997-1998)
editarA tempada 1997 debería ser a da explosión de Frentzen, dado que asinou co equipo Williams-Renault, que dominara a tempada anterior. Logrou a súa primeira vitoria no Gran Premio de San Marino, pero a tempada foi desalentadora para o piloto alemán, xa que pasou dunha atmosfera de equipo case familiar en Sauber a ter problemas con Patrick Head. Malia que se clasificaba ben, adoitaba perder posicións durante a carreira e quedar detrás do seu compañeiro de equipo Jacques Villeneuve. Na seguinte tempada, xa sen o motor Renault, Williams perdeu posicións con respecto a Ferrari e McLaren, sendo o mellor resultado de Frentzen un terceiro posto no Gran Premio de Australia, a primeira carreira da tempada.
Jordan (1999-2001) e Prost (2001)
editarNa tempada de Fórmula 1 de 1999, Frentzen pasouse a Jordan-Honda, gozando da que probablemente sería a súa mellor tempada na Fórmula 1, con dúas vitorias nos Grandes Premios de Francia e Italia, acabando terceiro no mundial de pilotos. Co seu triunfo en Monza na décimo terceira cita pasou a ser o terceiro en discordia na loita polo mundial, colocándose a só dez puntos de Mika Häkkinen e a nove de Eddie Irvine. Na sesión de cualificación do Gran Premio de Europa de 1999, o alemán lograba a súa primeira pole do ano. Con todo, a metade da carreira viuse obrigado a abandonar debido a un problema eléctrico cando lideraba comodamente a proba, feito que sumado aos problemas clasificatorios en Malaisia quitáronlle calquera opción de alzarse co campionato. Sumou seis podios aquel ano. As tempadas 2000 e 2001 foron os escenarios dunha batalla co equipo British American Racing, ao que Honda comezou tamén a fornecer motores. Frentzen conseguiu dous podios no 2000, pero Jordan acabou igualmente por baixo de BAR no Campionato de Construtores. Frentzen abandonaría o equipo na tempada 2001, tras varias carreiras sen puntos, lesións e unha serie de retiradas, sendo substitudo por Jean Alesi. O alemán ocupou o lugar de Alesi na escudería Prost durante o resto da tempada.
Arrows (2002) e Sauber (2002-2003)
editarNa tempada 2002, Frentzen participou en varias carreiras con Arrows ata a creba da escudaría. Puido participar con Sauber no Gran Premio dos Estados Unidos de 2002 substituíndo a Felipe Massa, acabando en décimo terceira posición. En 2003, foi piloto titular de Sauber xunto a Nick Heidfeld, logrando un terceiro posto no Gran Premio dos Estados Unidos.
Rexistro de carreiras
editarTraxectoria profesional
editarResultados completos na Fórmula 3000 International
editar(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1990 | Eddie Jordan Racing | Reynard 90D | Mugen | DON Ret |
SIL Ret |
PAU Ret |
JER 17 |
MNZ Ret |
PER 5 |
HOC 6 |
BRH 7 |
BIR Ret |
BUG Ret |
NOG NSC |
18º | 3 |
1991 | Vortex Motorsport | Lola T91/50 | Mugen | VAL Ret |
PAU Ret |
JER 12 |
MUG 6 |
PER 5 |
HOC NSC |
BRH 12 |
SPA 5 |
BUG Ret |
NOG Ret |
14º | 5 |
Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa
editar(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida)
Anor | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1992 | Team Nova | Lola T92/50 | Mugen | SUZ | FUJ | MIN | SUZ | AUT | SUG | FUJ | FUJ | SUZ 6 |
FUJ 7 |
SUZ 3 |
14º | 5 |
1993 | Team Nova | Lola T93/50 | Mugen | SUZ Ret |
FUJ Ret |
MIN Ret |
SUZ 8 |
SUG 14 |
FUJ 2 |
SUZ 10 |
FUJ 12 |
SUZ 5 |
9º | 8 |
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos no DTM
editar(clave)
ano | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004 | OPC Team Holzer | Opel Vectra GTS V8 2004 | HOC 11 |
EST 12 |
ADR 12 |
LAU Ret |
NOR Ret |
SHA 7‡ |
NÜR Ret |
OSC 14 |
ZAN Ret |
BRN 6 |
HOC 12 |
14º | 3 |
2005 | OPC Team Holzer | Opel Vectra GTS V8 2005 | HOC Ret |
LAU 14 |
SPA 15 |
BRN 3 |
OSC 14 |
NOR 6 |
NÜR 12 |
ZAN 3 |
LAU 7 |
IST Ret |
HOC 18 |
8º | 17 |
2006 | Abt Sportsline | Audi A4 DTM 2006 | HOC 3 |
LAU 13 |
OSC 4 |
BRA 17 |
NOR 11 |
NÜR 6 |
ZAN 5 |
CAT 3 |
BUG 10 |
HOC 14 |
7º | 24 |
‡ Unha carreira fóra de campionato disputouse en 2004 nas rúas de Shanghai, China.
Resultados Completos nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. xeral | Pos. clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1992 | Euro Racing | Charles Zwolsman, Sr. Shunji Kasuya |
Lola T92/10-Judd | C1 | 271 | 13º | 6º |
2008 | Aston Martin Racing | Andrea Piccini Karl Wendlinger |
Aston Martin DBR9 | GT1 | 339 | 16º | 4º |
Notas
editar- ↑ von Lorentz, Frank (4 de abril de 2004). "Ein Mädchen gibt Vollgas" [A girl goes full throttle] (en German). Die Welt. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ "Frentzen: The man behind the wheel". BBC Sport. British Broadcasting Corporation. 25 de xullo de 2001. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ Phillips, Sean (10 de decembro de 2013). "The 1983 CIK Asia Pacific Championships". KartSportNews.com. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ Вице Чемпионы формулы 1: Хайнц-Харальд Френтцен [Vice champion of Formula 1: Heinz-Harald Frentzen] (en Russian). avtosport.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heinz-Harald Frentzen |