Heitor Villa-Lobos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Heitor Villa-Lobos, nado o 5 de marzo de 1887 en Río de Xaneiro e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 1959, foi un compositor brasileiro.
(1922) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1887 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 17 de novembro de 1959 (72 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, música clásica e guitarra |
Ocupación | compositor, profesor de ensino secundario, guitarrista clásico, pianista, musicólogo, coreógrafo, director de orquestra, guitarrista |
Período de actividade | 1915 - 1958 |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera e sinfonía |
Instrumento | Guitarra |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Arminda Villa-Lobos |
Pai | Raul Villa-Lobos |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.439) Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , |
|
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarHeitor Villa-Lobos naceu o 5 de marzo de 1887 na cidade de Río de Xaneiro no seo dunha familia de clase media. O seu pai, Raúl Villa-Lobos era de ascendencia española e a súa nai, Noemia Umbelina, de ascendencia indíxena[1][2]. Seu pai era historiador e ensinou ó seu fillo a tocar a frauta e o clarinete. Na casa era habitual a música clásica, e o propio Heitor, sendo neno reuníase cos músicos da rúa para improvisar sobre instrumentos locais partindo de melodías de moda. Deste xeito, o mozo Villa-Lobos de seguida converteuse nun gran guitarrista[2]. Instrumento no que tocaba ós clásicos, adaptándo as súas composicións. De seguida pasou ó violocello, que tocaba na orquestra do Teatro Recreio cun repertorio variado de zarzuelas, óperas e operetas[2]. No 1905, antes de cumprir os vinte anos, decidiu abandonar a formación académica e comezou a traballar en bandas de música que percorrían o Brasil, entrando en contacto cos ritmos e melodías dos indios, os ritmos nos negros de Baía e as cancións populares urbanas e rurais[2]. Posteriormente asentouse en Río de Xaneiro, onde proseguiu a súa formación co estudo dos grandes clásicos. Así recibiu formación de Vincent d'Indy e estudou con frecuencia a compositores clásicos coma Wagner, Puccini, Dukas, Debussy e especialmente Bach[2].
Traxectoria europea
editarNa década de 1920, marca o inicio dunha etapa de exaltación nacionalista, onde moitos artistas brasileiros tentan facer internacional a súa obra. Deste xeito do 1923 ó 1930, Villa-Lobos trasládase a París, apoiado por diferentes grupos de vangarda[2]. Aquí entrou en contacto con músicos coma o pianista Artur Rubinstein ou o compositor de vangarda Edgar Varèse. Nesta época, o compositor atopábase na súa etapa máis orixinal. Así, nos concertos na capital francesa, combinaba os instrumentos tradcionais coas percusións brasileiras surxidas do mundo negro e indio. Desta época xorde Chôros, considerada por algúns coma a maior achega do Brasil á música mundial[2].
Madurez e últimos anos
editarNa súa volta ó Brasil no 1930, foi encargado de organizar o sistema educativo musical do país e posteriormente levou a cabo a fundación do conservatorio nacional. Non obstante, seguiu compondo a un ritmo incesante. Desta época son as populares Bachianas Brasileiras e O Descubrimento do Brasil[2]. Pouco a pouco acada unha fama mundial e dirixe as súas obras perante orquestras e filharmónicas de todo o mundo. Da a coñecer os seus últimos cuartetos, a ópera Yerma, a obra Os bosques do Amazonas e os poemas sinfónicos Erosión e Xénese. Cando morre, no 1959, estaba a compoñer a súa sinfonía número 13[2].
Obra
editarA obra de Villa-Lobos e moi prolífica, acadando as 1 000 composicións, das que son especialmente coñecidas as súas Bachianas Brasileiras No. 5 ou as súas composicións para guitarra.[3] A obra de Villa-Lobos caracterízase pola combinación de elementos melódicos e rítmicos da música indíxena coa tradición musical clásica.[4]
Legado
editarDende 2006 a data do seu nacemento é celebrada no Brasil como o "Dia Nacional da Música Clássica".[5]
O billete de 500 cruzados brasileiros tiña no seu reverso ao compositor como protagonista.[6]
Notas
editar- ↑ Tedders, p. 5
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Meneses A. e Pablo Pérez V. (1999). Auvidis France, ed. Cello Concertos Nos 1 & 2, Fantasía for Cello and Orchestra - Orquestra sinfónica de Galicia.
- ↑ Russomanno, Stefano (17 de novembro de 2019). "Las 10 mejores composiciones de Heitor Villa-Lobos". Scherzo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021.
- ↑ "Heitor Villa-Lobos. Brazilian composer". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2021.
- ↑ Massalli, Fabio, ed. (5 de marzo de 2015). "Dia Nacional das Música Clássica é comemorado em praça pública no centro do Rio". Agência Brasil (en portugués). Consultado o 10 de xuño de 2021.
- ↑ Sánchez Rodríguez, Virginia (2018). "La historia de la música occidental a través del papel moneda". ArtyHum. Revista Digital de Artes y Humanidades (en castelán) (Vigo) (51): 92. ISSN 2341-4898.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Villa-Lobos, Sinfonía Nº10. Amerindia. Orquesta Sinfónica de Tenerife. Director de Orquesta: Víctor Pablo Pérez. CD e Libreto editado por Harmonía Mundi Ibérica s.a. (en castelán)
- Tedders, Liam. La Aportación de los estudios de Villa Lobos (en castelán).