Henri Maspero

sinólogo francés

Henri Paul Gaston Maspero, nado o 15 de decembro de 1883 en París e finado o 17 de marzo de 1945 no campo de concentración de Buchenwald, foi un sinólogo francés coñecido polos seus estudos pioneiros sobre o daoísmo.

Modelo:BiografíaHenri Maspero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 1945 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Buchenwald Editar o valor en Wikidata
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas

← Gustave Dupont-Ferrier (pt) TraducirAdolphe Lods (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónLycée Montaigne (en) Traducir
Liceo Louis-le-Grand
École nationale des langues orientales vivantes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSinoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1919–1945) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeHélène Maspero-Clerc Editar o valor en Wikidata
FillosFrançois Maspero Editar o valor en Wikidata
PaiGaston Maspero Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorges Maspero Editar o valor en Wikidata
ParentesEveline Porée-Maspero, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Масперо Анри) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1359950

Traxectoria

editar

Henri Maspero naceu o 15 de decembro de 1883 en París.[1] O seu pai, Gaston Maspero, foi un famoso exiptólogo francés de ascendencia italiana.[1] Os Maspero eran xudeus.[2] Tras estudar Historia e Literatura, en 1905 uniuse ao seu pai en Exipto. Posteriormente, publicou o seu estudo Les Finances de l'Egypte sous les Lagides. En 1907, regresou a París para estudar chinés con Édouard Chavannes, así como Dereito no Institut national des langues et civilisations orientales (INALCO). Ao ano seguinte visitou Hanoi, estudando na École française d'Extrême-Orient.[1]

En 1918 ocupou a cátedra de Chinés do Collège de France, en substitución de Chavannes.[1] En 1927, publicou a súa monumental La Chine Antique.[1] Durante os seguintes anos, tomou a cátedra de Civilización Chinesa da Sorbona (anteriormente ocupada por Marcel Granet), dirixiu o departamento de Relixións Chinesas na École pratique des hautes études, e foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres.[1]

O 26 de xullo de 1944, Maspero e mais a súa muller, que vivían na París ocupada polos nazis, foron arrestados pola participación do seu fillo na resistencia francesa.[1] Maspero foi enviado ao campo de concentración de Buchenwald, onde morreu o 15 de marzo de 1945, aos 61 anos, só tres semanas antes da liberación do campo polas forzas estadounidenses.[1]

Traducións

editar

En castelán

editar
  • El taoísmo y las religiones chinas (2000). Tradución de Pilar González España e Rosa María López. Trotta.[3]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
orte 1