Henry Miller

novelista estadounidense

Henry Valentine Miller, nado en Nova York o 26 de decembro de 1891 e finado en California o 7 de xuño de 1980, foi un novelista estadounidense. A súa obra componse de novelas semiautobiográficas nas que o ton cru e sensual suscitou unha serie de controversias no seo dunha sociedade puritana que Miller quixo estigmatizar denunciando a hipocrisía moral norteamericana. Influíu notablemente na chamada Xeración Beat.

Modelo:BiografíaHenry Miller

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Henry Valentine Miller Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Yorkville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1980 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Pacific Palisades, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCity College de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ensaísta, escritor de contos, novelista, epistológrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeHoki Tokuda (1967–1977), divorcio
valor descoñecido (1953–1960), divorcio
valor descoñecido (1944–1952), divorcio
June Miller (1924–1934), divorcio
valor descoñecido (1917–1923), divorcio Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
Sitio webhenrymiller.info Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0588469 Allocine: 36078 Allmovie: p49237
BNE: XX982796 Musicbrainz: 173f7768-e03b-4d89-8adb-67c75e96e385 Discogs: 1416601 WikiTree: Miller-24217 Find a Grave: 2458 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

A mocidade de Miller foi errática; alternaba diversos traballos con breves períodos de estudos no City College de Nova York. En 1924 casou con June Mansfield tras divorciarse da súa primeira esposa, Beatrice Sylvas, coa que tivo unha filla.

Da Gran Depresión ao surrealismo

editar

En 1930, durante a Gran Depresión, marchou a Francia onde viviu o estalido da segunda guerra mundial. Nesa época Miller decidiu consagrarse totalmente á literatura. Os seus primeiros anos de bohemia en París foron miserables: tivo que loitar contra o frío e a fame; alimentábase coas comidas que lle ofrecían e durmía cada noite baixo unha ponte distinta. A sorte presentóuselle na persoa de Richard Osborn, un avogado americano que lle ofreceu unha habitación no seu apartamento. Cada mañá Osborn deixaba enriba da mesa da cociña un billete de 10 francos para que Miller o gastase á súa conveniencia. Coñeceu a Anaïs Nin (da que foi amante), a Gilberte Brassal e a Alfred Perlès, e empezan os seus devaneos* co surrealismo.

No outono de 1931 Miller obtivo o seu primeiro emprego como corrector de estilo no xornal Chicago Tribune, mercé ó seu amigo Alfred Perlès. Aproveita a ocasión para publicar varios artigos que asina co nome de Perlès, dado que só os membros do equipo editorial podían editar os seus escritos. Escribe nese ano Trópico de Cáncer, na Vila Seurat de Montparnasse, publicado en 1934. Esta novela supúxolle nos EUA un proceso por obscenidade, segundo as leis vixentes nesa época ditadas contra a pornografía. Esta novela estivo censurada no seu país ata a década de 1960, e só puido ingresar clandestinamente coa portada de Jane Eyre, o clásico de Charlotte Brontë.

Censura

editar

Miller proseguiu a súa batalla persoal contra o puritanismo intentando liberar, desde un punto de vista moral, social e legal, os tabús sexuais existentes na literatura americana. Continuou escribindo novelas, todas censuradas nos Estados Unidos por obscenas. Publicou Black Spring (1936), e Tropic of Capricorn (1939), que conseguiron difusión nos EUA malia teren que ser vendidos subrepticiamente, o que contribúe a forxar a súa reputación de escritor underground.

Regresa ós Estados Unidos en 1940 e instálase no Big Sur (California), onde continúa producindo unha literatura puxante, colorista e socialmente crítica. Escribe The Colossus of Maroussi (1941), que versa sobre unha viaxe a Grecia, país que visitou invitado por Lawrence Durrell. O libro máis que unha guía ó uso é un monumento lírico á sensualidade mediterránea, unha crítica brillante ó modo de vida americano e unha alegación pola paz. Seguíronlle The Air-Conditioned Nightmare (1945), a triloxía The Rosy Crucifixion, composta por Sexus (1949), Plexus (1953), e Nexus (1960). Escribiu Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch en 1957.

A revolución sexual

editar

Foi considerado mesmo un precursor do posmodernismo. Os seus trópicos, tachados de pornográficos, xeraron unha gran polémica e foron prohibidos nos países anglosaxóns. En 1964 a Corte Suprema dos Estados Unidos anula, da Corte de Estado, o xuízo contra Miller por obscenidade, o que representa o nacemento do que, máis tarde, será coñecido co nome de revolución sexual.

Entre as súas afeccións estaba a de pianista afeccionado e pintor. Escribiu libros sobre a súa pintura, e trala súa morte as súas acuarelas foron trasladadas a dous museos: o "Henry Miller Museum of Art" na cidade de Omachi Nagano (Xapón), e o "Henry Miller Art Museum" na Coast Gallery de Big Sur.

Faleceu en Pacific Palisades, California. Os seus restos foron incinerados e as súas cinzas esparexidas sobre Big Sur.

  • Crazy Cock (escrita entre 1928 e 1930, publicada en 1960).
  • Tropic of Cancer (1934); traducida ao galego por Xurxo Borrazás como Trópico de Cáncer, e publicada en 1996.
  • What Are You Going to Do about Alf? (1935).
  • Aller Retour New York (1935).
  • Black Spring (1936).
  • Max and the White Phagocytes (1938).
  • Tropic of Capricorn (1939).
  • Henry Miller's Hamlet Letters, Vol. I (1939, con Michael Fraenkel).
    • Vol. II, con Michael Fraenkel (1941).
    • Vol. I complete (1943).
  • The Cosmological Eye (1939).
  • The World of Sex (1940).
  • The Colossus of Maroussi (1941).
  • The Wisdom of the Heart (1941).
  • Sunday after the War (1944).
  • Semblance of a Devoted Past (1944).
  • The Plight of the Creative Artist in the United States of America (1944).
  • Echolalia (1945).
  • Henry Miller Miscellanea (1945).
  • Why Abstract? (1945, con Hilaire Hiller e William Saroyan).
  • The Air-Conditioned Nightmare (1945).
  • Maurizius Forever (1946).
  • Remember to Remember (1947).
  • Into the Night Life (publicada en privado en 1947).
  • The Smile at the Foot of the Ladder (1948).
  • Sexus (1949).
  • The Waters Reglitterized (1950).
  • The Books in My Life (1952. ISBN 0-8112-0108-2
  • Plexus (1953).
  • Quiet Days in Clichy (1956).
  • Recalls and Reflects (1956).
  • The Time of the Assassins: A Study of Rimbaud (1956).
  • Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch (1957).
  • The Red Notebook (1958).
  • Reunion in Barcelona (1959).
  • Nexus (1960).
  • To Paint Is to Love Again (1960).
  • Watercolors, Drawings, and His Essay "The Angel Is My Watermark," (1962).
  • Stand Still Like the Hummingbird (1962).
  • Just Wild about Harry (1963.
  • Greece (with drawings by Anne Poor) (1964).
  • Insomnia or The Devil at Large (1974).
  • Opus Pistorum (1983).

Películas

editar

Miller foi interpretado por Fred Ward na película Henry & June (1990), e por Rip Torn na adaptación de 1970 de Tropic of Cancer. Na adaptación de Jens Jørgen Thorsen de 1970 de Quiet Days in Clichy, o personaxe de 'Joey', baseado en Miller, foi interpretado por Paul Valjean. Noutra adaptación de 1990 é interpretado por Andrew McCarthy.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
Note 1
todo 1