Henryk Górecki
compositor polaco
(Redirección desde «Henryk Mikołaj Górecki»)
Henryk Mikołaj Górecki, nado en Czernica o 6 de decembro de 1933 e finado en Katowice o 12 de novembro de 2010, foi un compositor polonés.
Traxectoria
editarNaceu en Czernica, no sur de Polonia. Non estudou música de maneira regular até chegar aos vinte anos de idade, cando comezou a estudar en Katowice. Posteriormente, mentres continuaba os seus estudos en París, Górecki tivo a posibilidade de escoitar traballos de Anton Webern, Olivier Messiaen e Karlheinz Stockhausen, compositores censurados polo goberno polaco, polo contido relixioso das súas composicións.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |