Hipótese do impacto no Younger Dryas
A hipótese do cometa Clovis ou hipótese do impacto no Younger Dryas afirma que un obxecto extraterrestre estoupou sobre América do Norte en 12,9 ka, iniciando o evento de frío chamado locamente de Younger Dryas, e causou a extinción da megafauna norteamericana e o fin da cultura arqueolóxica de Clovis.[1] [2]
Posíbeis lugares do impacto
editarA localización do impacto ou explosión proposta permanece incerta, pero a suposta evidencia para a precipitación vén de varios lugares norteamericanos, incluíndo Groenlandia e os actuais Estados Unidos, e un lugar en Bélxica.[3]
Probas físicas e escepticismo
editarAs probas físicas interpretadas como sinaturas dun evento de impacto pódense separar en dous grupos. O primeiro grupo consiste en mostrar altas concentracións de radioactividade, iridio e fulerenos enriquecidos en ³He. O segundo grupo consiste en evidencias de esferas e alongados de carbono, esférulas e grans magnéticos, subprodutos de incendios forestais catastróficos e nanodiamantes.[4] As investigacións recentes suxeriron que as evidencias dos nanodiamantes, que se forman baixo condicións de alta presión e temperatura, poderían estar vinculadas a un impacto extraterrestre. Este tipo de diamantes microscópicos atopáronse en capas de sedimentos datadas arredor de 12,9 ka, coincidindo co inicio do Younger Dryas, o que reforza a hipótese do impacto.[2] Con todo, aínda existen importantes debates na comunidade científica respecto á interpretación destas evidencias, e a falta dun cráter de impacto ben definido fai que moitos investigadores se manteñan escépticos sobre esta hipótese.[5]
Outros científicos propoñen que os cambios climáticos e a extinción da megafauna poderían deberse a outros factores, como alteracións nas correntes oceánicas ou actividade volcánica, aínda que non se descarta unha combinación de varios eventos catastróficos.[6]
Notas
editar- ↑ Betancourt, Julio L.; Martínez, Katherine E.; Budahn, James R. (2012-05-08). "Accumulation of impact markers in desert wetlands and implications for the Younger Dryas impact hypothesis". Proceedings of the National Academy of Sciences 109: 7208–7212. ISSN 0027-8424. PMC 3358914. PMID 22529347. doi:10.1073/pnas.1200296109.
- ↑ 2,0 2,1 Firestone, R. B.; West, A.; Kennett, J. P.; Becker, L.; Bunch, T. E.; Revay, Z. S.; Schultz, P. H.; Belgya, T.; Kennett, D. J. (2007-10-09). "Evidence for an extraterrestrial impact 12,900 years ago that contributed to the megafaunal extinctions and the Younger Dryas cooling". Proceedings of the National Academy of Sciences 104 (41): 16016–16021. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.0706977104.
- ↑ Bressan, David. "Controversial Theory Claims Comet Impact Sparked Human Civilization" (en inglés). Consultado o 2022-11-14.
- ↑ Pinter, Nicholas; Scott, Andrew C.; Daulton, Tyrone L.; Podoll, Andrew; Koeberl, Christian; Anderson, R. Scott; Ishman, Scott E. (2011-06-01). "The Younger Dryas impact hypothesis: A requiem". Earth-Science Reviews 106 (3): 247–264. ISSN 0012-8252. doi:10.1016/j.earscirev.2011.02.005.
- ↑ Surovell, Todd A.; Holliday, Vance T.; Gingerich, Joseph A. M.; Ketron, Caroline; Haynes, C. Vance; Hilman, Ilene; Wagner, Daniel P.; Johnson, Eileen; Claeys, Philippe (2009-10-27). "An independent evaluation of the Younger Dryas extraterrestrial impact hypothesis". Proceedings of the National Academy of Sciences 106 (43): 18155–18158. ISSN 0027-8424. PMC 2775309. PMID 19822748. doi:10.1073/pnas.0907857106.
- ↑ Broecker, Wallace (2010-01-11). The Great Ocean Conveyor: Discovering the Trigger for Abrupt Climate Change (en inglés). Princeton University Press. ISBN 978-1-4008-3471-6.