Honduras

país situado en América Central

Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

Modelo:Xeografía políticaHonduras
República de Honduras (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno Nacional de Honduras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Libre, Soberana e Independiente» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°38′00″N 86°49′00″O / 14.63333, -86.81667
CapitalTegucigalpa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.062.994 (2021) Editar o valor en Wikidata (89,46 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie112.492 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Las Minas (pt) Traducir (2.849 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1821 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
• Presidenta Editar o valor en WikidataXiomara Castro (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Honduras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidenta Editar o valor en WikidataCarlos Roberto Flores (en) Traducir (1998–2002)
Ricardo Maduro (2002–2006)
Manuel Zelaya (2006–2009)
Roberto Micheletti (2009–2010)
Porfirio Lobo (2010–2014)
Juan Orlando Hernández (2014–2022)
Xiomara Castro (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongresso Nacional de Honduras (pt) Traducir , (Escano: 128) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal28.488.721.296 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedalempira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.hn Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+504 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia198 (pt) Traducir e 199 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísHN Editar o valor en Wikidata

Páxina webhonduras.travel… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451311

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Historia

editar
Artigo principal: Historia das Honduras.

Política

editar
Artigo principal: Política das Honduras.

Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións das Honduras.

A República de Honduras está dividida en 18 departamentos. A súa capital é a cidade de Tegucigalpa, municipio de Distrito Central; xurisdición do departamento de Francisco Morazán.

 
N.º1 Departamento Pob (2010/2011) Sup (km²) Cabeceira
1 Atlántida 572 551 4.372 La Ceiba
2 Colón 293 540 8.249 Trujillo
3 Comayagua 442 251 5.124 Comayagua
4 Copán 362 226 3.242 Santa Rosa de Copán
5 Cortés 2 120 291 3.923 San Pedro Sula
6 Choluteca 605 504 4.360 Choluteca
7 El Paraíso 427 232 7.489 Yuscarán
8 Francisco Morazán 1 691 056 8.619 Tegucigalpa
9 Gracias a Dios 88 314 16.997 Puerto Lempira
10 Departamento de Intibucá 232 509 3.123 La Esperanza
11 Departamento de Islas de la Bahía 47 158 236 Roatán
12 La Paz 196 322 2.525 La Paz
13 Lempira 315 565 4.228 Gracias
14 Departamento de Ocotepeque 132 453 1.630 Ocotepeque
15 Departamento de Olancho 509 564 23.905 Juticalpa
16 Santa Bárbara 402 367 5.024 Santa Bárbara
17 Valle 171 613 1.665 Nacaome
18 Departamento de Yoro 552 100 7.781 Yoro
Información do Censo 2010 Fonte: INE[1]

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía de Honduras.

La Ceiba

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Honduras.

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía de Honduras.

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura de Honduras.
 
Alfombras de Comayagua durante a Semana Santa.

Honduras é un país multiétnico, por conseguinte é un país multicultural. A composición étnica xenotípica de Honduras é a seguinte: 10% caucásicos, 2% afroamericanos garífunas, 6% indíxenas e o resto da poboación é mestiza. Este conglomerado de grupos étnicos é o que finalmente contribúe á riqueza da cultura do país xunto á incorporación e achegas de recentes grupos de inmigrantes que enriqueceron o conglomerado cultural desde os grupos afroamericanos caribes, que chegan en 1797, até os grupos xinoides ou arabezcos que se incorporan coa chegada das compañías bananeiras e a súa economía de enclave a finais do século XIX e principios do século XX.

Pintura

editar

O pintor máis destacado que tivo Honduras é José Antonio Velásquez. Este pintor foi recoñecido como o primeiro pintor primitivista de América. Expuxo as súas obras en EE. UU. e América Latina, así como nun bo número de países de Europa e Asia. En escultura e pintura destacaron Mario Zamora, Virginia Castillo, Santos Arzu Quioto, Santos Guardiola, Rolando Trochez, Julio Vizquerra entre outros.

Literatura

editar

A literatura no territorio da actual Honduras remóntase a hai máis de mil cincocentos anos. Foi desenvolvida pola civilización maia na cidade de Copán, coñecida como literatura maia, escritos empregando a escrita maia dos antepasados que empregaba logogramas e glifos silábicos, a literatura maia encóntrase conservada en estelas, pirámides e templos en Copán. A cidade alberga unha pirámide, a dos xeroglíficos, que conta con máis de 2500 glifos.

Na actual Honduras existiron varios períodos de literatura contando con moitos autores no romanticismo, modernismo, posmodernismo etc. Entre os escritores máis notables de Honduras están Froylán Turcios Juan Ramón Molina, Rafael Heliodoro Valle, Víctor Cáceres Lara, Glenda Umaña e Ramón Amaya Amador, Marco Antonio Rosa, Roberto Sosa, Lucila Gamero de Medina, Eduardo Bähr, Amanda Castro, Javier Abril Espinoza e Roberto Quezada. En teatro sobresaen as obras do pai José Trinidad Reyes Sevilla.

  1. "Honduras: metropolitan areas". ine.gob.hn. 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1
orte 3
see 1