Doutor, doutora honoris causa

graduación honorífica
(Redirección desde «Honoris causa»)

Doutor ou doutora honoris causa é un título honorífico que concede unha universidade a persoas eminentes. Esta designación outórgase principalmente a personaxes que se destacaron en certos ámbitos profesionais que non son licenciados nunha carreira, é como un recoñecemento a alguén non oficial nun ámbito científico.

Invitación ao acto da investidura de María Wonenburger como Doutora Honoris Causa da UDC.

Etimoloxía e uso

editar

Honoris causa (h.c.) é unha locución latina cuxo significado é por causa de honra, unha calidade que conduce a un ao cumprimento dos seus deberes, respecto aos seus semellantes e a si mesmo, é a boa reputación que segue á virtude, ao mérito ou ás accións de servizo, as cales transcenden ás familias, persoas, institucións e as accións mesmas que se recoñecen. É unha alta honra para persoas de testemuño social, recoñecido e irreprochable. Na maioría dos casos, esta locución é antecedida polo termo mestre ou doutor.

No haber de todo centro de ensino superior que se prece existe unha selecta lista composta por científicos, investigadores, pensadores ou artistas de prestixio distinguidos co Doutoramento "Honoris Causa", algo que constitúe, probablemente, un dos mellores escaparates do seu potencial académico e de investigación.

Cerimonial

editar
 
Investidura dun doutor honoris causa na Universidade de Valladolid.

A concesión, no cerimonioso ritual de investidura, de distintos obxectos relacionados coa universidade clásica encerra toda unha exaltación da docencia e a sabedoría. Como a un cabaleiro do ensino, ao doutorando impónselle, de modo sucesivo:

  • O birrete -"... para que non só cegues á xente, senón que ademais, como co helmo de Minerva, esteas preparado para a loita"-
  • O anel -"A Sabedoría con este anel ofrecese voluntariamente como esposa en perpetua alianza; procura mostrarche esposo digno de tal esposa"-
  • As luvas -"Estas luvas brancas, símbolo da pureza que deben conservar as túas mans no teu traballo e na túa escritura, sexan distintivo tamén da túa singular honra e valía"-
  • O libro -"Velaquí o libro aberto para que descubras os segredos da Ciencia (...) helo aquí pechado para que devanditos segredos, segundo conveña, gárdelos no profundo do corazón"-

Tras a cerimonia, e coa concesión ao novo doutor das facultades de ler, comprender e interpretar, indícaselle: "Toma asento na cátedra da Sabedoría, e desde ela, descollando pola túa ciencia, ensiña, orienta, xulga e mostra a túa magnificencia na universidade, no foro e na sociedade", comprometéndose este a gardar as leis e a honra da universidade e prestarlle favor, auxilio e consello.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2