Horace Wells
Horace Wells, nado o 21 de xaneiro de 1815 e finado o 24 de xaneiro de 1848, foi un dentista estadounidense que utilizou por primeira vez a anestesia en odontoloxía, concretamente o óxido de nitróxeno.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1815 Hartford, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 24 de xaneiro de 1848 (33 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio, Hemorraxia desangramento |
Lugar de sepultura | Cedar Hill Cemetery (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Odontoloxía |
Ocupación | odontólogo, científico |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Wells, Horace, 1815-1848, The Encyclopedia Americana (mul) |
Biografía
editarNacido en Hartford, Vermont, Wells asistiu á escola Walpole, en Nova Hampshire antes de estudar odontoloxía en Boston. Unha vez que se graduou, estabeleceu un consultorio en Hartford, Connecticut, cun socio chamado William T. G. Morton, quen sería coñecido pola utilización do éter como anestésico o 18 de outubro de 1846.
Wells experimentou nel mesmo os efectos do óxido de nitróxeno en 1844, cando John Riggs lle extraeu un dente sen sentir ningunha dor.[1] Desde ese momento comezou a utilizala cos seus propios pacientes. Non intentou patentar o descubrimento porque declarou que verse libre de dor tiña que ser "tan gratuíto como o aire".
En 1845, en Boston, realizou unha demostración ante un grupo de estudantes de medicina no Hospital Xeral de Massachusetts, mais o gas non foi ben administrado e o paciente chegou a berrar de dor. Os asistentes fóronse do lugar criticándoo. Despois deste acontecemento, Wells perdeu todo o seu prestixio ante a comunidade médica.
Despois deste feito, Wells abandonou a odontoloxía e dedicouse a ser vendedor durante os dous anos seguintes, viaxando por Connecticut e vendendo diferentes artigos para o fogar. En 1847, mudouse a París.
Un tempo despois de ter regresado aos Estados Unidos, Wells volveuse adicto ao cloroformo. Nesa época, non se coñecían os efectos de aspirar cloroformo e éter.[2] Un día, en estado de delirio, saíu correndo á rúa e tiroulle ácido sulfúrico a dúas prostitutas. Foi enviado ao cárcere neoiorquino de Tombs. A medida que os efectos da droga se lle foron desvanecendo, e a súa mente aclarándose; xa lúcido, deuse conta do que fixera e suicidouse cortándose unha arteria da perna cunha navalla de afeitar logo de terse metido unha dose analxésica de cloroformo.[3]
Wells atópase soterrado no cemiterio Cedar Hill en Hartford, Connecticut.
Recoñecementos
editarEn 1864, de forma póstuma, a Asociación Dental Americana recoñeceulle a Wells a descuberta da anestesia moderna, e a Asociación Médica Americana fixo o propio en 1870.[4]
En Place des États-Unis, París, foi erixido un monumento na súa memoria.
Notas
editar- ↑ Shklar, G; Carranza, FA: The Historical Background of Periodontology. En Newman, MG; Takei, HH; Carrana FA, editores: Carranza’s Clinical Periodontology, 9na edición. Filadelfia: W.B. Saunders Company, 2002. páx 7.
- ↑ Smith, Ken. Raw Deal. Blast Books: Nova York, 1998. páxs. 62-3.
- ↑ "Suicide of Dr. Horace Wells, of Hartford, Connecticut, U.S". Providence Medical and Surgical Journal. 31 de maio de 1848. PMCID 2487383. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 4 de decembro de 2009.
- ↑ "Horace Wells". NNDB. Consultado o 4 de decembro de 2009.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fenster, Julie M. (2001). Ether Day — The Strange Tale of America's Greatest Medical Discovery and the Haunted Men Who Made It. New York: HarperCollins. ISBN 0-06-019523-1.
- *Musto, David F., "They Inhaled", New York Times, 12 de agosto de 2001 (crítica de Ether Day)
- Wells, Horace (1847). A History of the Discovery of the Application of Nitrous Oxide Gas, Ether, and Other Vapors to Surgical Operations. Hartford: J. Gaylord Wells.