Os Houston Rockets son un equipo de baloncesto profesional estadounidense con sede en Houston, Texas. O equipo xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). OS Rockets xogan os seus partidos como local no Toyota Center, pavillón con capacidade para 18.055 espectadores situado no centro da cidade. A franquía, fundada en 1967 como "San Diego Rockets", posúe dous títulos de capión da NBA e catro títulos da Conferencia Oeste.[1]

Houston Rockets
Houston Rockets logo
Houston Rockets logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Suroeste
Fundación 1967
Historia San Diego Rockets (1967–1971)
Cores                     Vermello, prata
G League Rio Grande Valley Vipers
Retirados 6 (22, 23, 24, 34, 45, CD)
Localización
Cidade Texas Houston, Texas
Pavillón Toyota Center
Capacidade 18.055 espectadores
Inauguración 6 de outubro de 2006
Persoal
Propietario(s) Tilman Fertitta
Director Rafael Stone
Adestrador Stephen Silas
Títulos
Campión 2 (1994, 1995)
Conferencia 4 (1981, 1986, 1994, 1995)
División 8 (1977, 1986, 1993, 1994, 2015, 2018, 2019, 2020)
rockets.com

Na súa tempada de debut, os Rockets tan só gañaron 15 partidos, mais tras elixir na primeira posición do Draft da NBA de 1969 a Elvin Hayes, clasificáronse para os playoffs por primeira vez. Con todo, os Rockets non conseguiron finalizar unha temporada cun balance positivo de vitorias até a chegada de Moses Malone na temporada 1977−78. Malone gañou dous premios MVP durante a súa estancia en Houston, liderando ao equipo ás Finais de Conferencia na súa primeira tempada en Houston. Ademais levou ao equipo ás Finais da NBA en 1981, mais foron derrotados polos Boston Celtics en seis partidos.

En 1984, os Rockets elixiron no Draft ao pivote Hakeem Olajuwon, que xunto con Ralph Sampson, formou uns dos xogaos interiores máis altos da competición. Os alcumados como "Twin Towers" (do inglés: Torres Xemelgas) lideraron ao equipo ás Finais de 1986 no seu segundo ano, onde perderon de novo contra os Celtics. Nas seguintes tempadas continuaron clasificándose para os Playoffs, mais sen conseguir pasar da primeira rolda. En 1994 conseguen chegar de novo ás Finais, e esta vez logran o seu primeiro título tras vencer a un New York Knicks liderados por Patrick Ewing. Ao ano seguinte repetirían o éxito, esta vez vencendo aos Orlando Magic de Shaquille O'Neal e Penny Hardaway. No século XXI os Rockets contaron con estrelas como Yao Ming ou Tracy McGrady, mais non volveron a facerse co compaionato. Os Rockets son coñecidos actualmente polo uso da análise avanzada de estatísticas á hora de contratar xogadores e xogar.

Historia

editar

Os San Diego Rockets

editar
 
Elvin Hayes (1968–1972), elixido no primeiro posto do Draft de 1968 polos San Diego Rockets.

Os Rockets foron fundados na cidade de San Diego (California) no ano 1967 e, despois de ser comprados por Robert Breitbard por 1,75 millóns de dólares,[1] entraron na NBA como equipo de expansión na temporada 1967−68. O nome do equipo, "Rockets", foi elixido foi por un dos lemas da cidade: "a city in motion" (do inglés: unha cidade en movemento), e porque a rama local de General Dynamics estaba a desenvolver o mísil Atlas.[1] Breitbard escolleu entón a Jack McMahon, entón adestrador dos Cincinnaty Royals, para ocupar os postos de adestrador e director xeral. O novo equipo, que entraría na liga xunto cos Seattle SuperSonics, construíu un equipo con xogadores vetaráns do Draft de expansión e con promesas universitarias, onde a primeira elección nun Draft dos Rockets foi foi o que anos máis tarde sería membro do Basketball Hall of Fame, Pat Riley. OS Rockets perderon 67 partidos na súa primeira temporada, o que naquel entón supuxo o maior número de derrotas dun equipo nunha campaña.[2]

En 1968, despois de que os Rockets gañasen un lanzamento de moeda aos Baltimore Bullets, conseguiron a primeira posición do Draft de 1968, onde seleccionaron a Elvin Hayes da Universidade de Houston. Hayes liderou ao equipo cara á súa primeira aparición en Playoffs en 1969, caendo eliminados nas Semifinais da División Oeste ante os St. Louis Hawks por 4-2. No Draft de 1970, os Rockets elixiron a Calvin Murphy e a Rudy Tomjanovich, posteriormente persoeiros chaves na historia franquía.

Adestrados por polo adestrador membro do Salón da Fama Alex Hannum, os Rockets conseguiron nos dous seguintes anos un récord 57–97, non aparecendo nos Playoffs en ningunha das dúas temporadas. Debido ás malas actuacións do equipo e á baixa asistencia ao pavillón, Breitbard tratou de vender a franquía. En 1971, o grupo Texas Sports Investments, liderado polo axente inmobiliario Wayne Duddleston e o banqueiro Billy Goldberg, comprou o equipo por 5,6 millóns, trasladando o equipo a Houston. Así, os Rockets convertéronse na primeira franquía da historia da NBA do estado de Texas. O nome do equipo, os "Rockets", tomou máis significado coa mudanza debido á relación da cidade coa industria espacial.

Pavillón

editar
Véxase tamén: Toyota Center.
 
O Toyota Center.

Durante os catro anos que permaneceron en San Diego, os Rockets xogaron os seus partidos como local no San Diego Sports Arena, o cal tiña capacidade para 14.400 espectadores.[3] Tras traladarse a Houston, o equiupo non dispoñía de ningún pavillón, polo que xogaron durante os dous primeiros anos en varias instalacións da cidade, incluíndo o Astrodome, o AstroHall, o Sam Houston Coliseum e o Hofheinz Pavilion, o cal sería adoptado a partir de 1975 como o seu pavillón local. Alén destas instalacións, tamén xogaron partidos como "local" noutras cidades como San Antonio, Waco, Albuquerque ou incluso San Diego, coa intención de aumentar o seu número de seguidores. De feito, durante a súa primeira temporada os Rockets contaron cunha media inferior a 5.000 espectadores por partido e, no seu único partido en Waco, só houbo 759 espectadores.

O seu primeiro pavillón permanente en Houston foi o Hofheinz Pavilion, instalación con capacidade para 10.000 epectadores situada no campus da Universidade de Houston. Permeneceron nel durante catro temporadas antes de trasladarse a The Summit en 1975. Este pavillón, que podía albergar 16.611 espectadores,[4] foi o fogar da franquía durante os seguintes 28 anos. O pavillón entre 1998 e 2003 recibiu o nome de Compaq Center por motivos de patrocinio. Despois do título de 1994, o pavillón rexistrou cheos totais durante 176 partidos consecutivos, incluíndo Playoffs, até 1999. Porén, durante as complicadas temporadas 2000−01 e 2001−02 os Rockets tiveron a peor media de asistencia da liga con menos de 12.000 espetadores por partido. Na temporada 2003−04, os Rockets trasladáronse a un novo pavillón, o Toyota Center, con capacidade para 18.500 espetadores. Durante a temporada 2007−08, cando o equipo conseguiu unha serie de 22 vitorias consecutivas, a franquía consegiu a mellor media de asistencia até a data con 17.379 espectadores por encontro. Estes números foron superados en 2013 coa chegada de James Harden ao equipo. De feitos, duarante a temporada 2013−14 a media de espectadores foi de 18.123, enchendo o pavillón en 39 de 41 partidos. Os números aínda melloraron máis durante a temporada 2014−15 con 18.230 espectadores e 40 cheos.

Pavillón Localización Estado Capacidade Período
San Diego Sports Arena San Diego   California 14.400 1967 1971
Hofheinz Pavilion Houston   Texas 10.000 1971 1975
The Summit Houston   Texas 16.611 1975 2003
Toyota Center Houston   Texas 18.055 2003

Identidade

editar
editar
 
Cluth, a mascota do Rockets.

Cando os Rockets debutaron en San Diego as súas cores eran o verde e ouro. Nos uniformes de visitante figuraba o nome da cidade, mentres que os uniformes de local levaban o nome do equipo, ambos con letra serifa de imprenta. Este deseño foi o único que lovou o equipo na súa estadía en terras californianas. En canto ao logo, o primeiro da historia do club consistía nun foguete atravesando un balón de baloncesto rodeado polo nome do equipo.[5] Ao mudarse a Houston en 1971, os Rockets substituíron o verde con vermello. Porén, o deseño foi o mesmo que o dos seus días en San Diego, salvo polo cambio de cor e o nome da cidade. O logo utilizado consistía nun xogador de baloncesto voando impulsado por un rastro de chamas vermellas e douradas coas palabras "Houston Rockets".[6]

Na temporada 1972−73, os Rockets unha nova imaxe. Presentaron o seu famoso logotipo alcumado "mostaza e ketchup" polos seus seareiros, o cal consiste nun balón dourado no que se lee "Rockets" (en maiúsculas salvo o "E" e o "T"), reodeado por un bordo vermello coa palabra "Houston".[6] En canto aos uniformes, que utilizarían até a tempada 1975−76, o de local era branco co nome da cidade, os números e o nome do xogador en vermello con remates dourados,[7] mentres que os uniformes visitantes, vermellos, contaban coa serigrafía dourada con remates brancos.

Uns anos despois, na temporada 1976−77, volveron modificar os seus uniformes, os cales presentaban un aspecto máis monótono na tipografía, a cal pasaba ser completamente branca no uniforme visitante. Tamén notábel no novo deseño foi o uso da fonte Cooper Black no nome dos xogadores. No que respecta aos pantalóns, no local figuraba o logo do equipo situado na perna esquerda, mentres que no visitante, ademais do logo na perna dereita, figuraba o nome da franquía. Con algunhas pequenas modificación na tipografía dos números, esta versión do uniforme foi utilizada nas catro aparicións dos Rockets nas Finais da NBA, incluíndo os títulos de 1994 e 1995.[7]

Despois da consecución do título de 1995, os Rockets optaron por modernizar o seu aspecto. Após un concurso entre os seareiros con máis de 5.000 propostas, o equipo ficou coa idea de artista de Thomas Nash dun foguete orbitando unha bóla de baloncesto, a cal foi posteriormente reelaborada polo deseñador Chris Hill. Nash demandaría máis tarde ao equipo Rockets por incumprimento de contrato, tendo en conta que estaban a usar a súa idea despois de non ter pagado o premios do concurso. Alén diso, NBA suxeriu aos Rockets que lle desen ao logo un aspecto máis "cartoon" (de debuxos animados) tal e como estaban a facer outros equipos durante a década de 1990. Isto deu lugar a que o cohete pasase ter aspecto de quenlla. En canto ás cores, mantívose o vermello, máis o amarelo e o branco foron substituídos polo azul mariño e o gris. Ademais, tanto o uniforme local como o visitante contaban con franxas verticais e cunha rotulación futurista. Esta imaxe foi utilizada até a temporada 2002−03.[7]

O actual logo e uniforme dos Rockets data da temporada 2003−04, obra da axencia neoiorquina Alfafa Studio en asocación co deseñador xaponés Eiko Ishioka. O logo consiste nun R estilizado con forma dun cohete durante a engalaxe, cunha liña vermella orbitando ao redor, a cal pode ser interpretada como o círculo central dunha pista de baloncesto. O mencionado R inspirou o resto da tipografía, deseñada para que cada carácter puidese ser perfectamente lido desde a distancia, sexa no pavillón ou pola televisión. En canto ás cores, o vermello volveu ser a cor predominante, co gris e o negro como cores secundarias. No ano 2009 engadiuse un uniforme alternativo, o cal relembra as equipacións dos dous títulos da NBA.

Local
Visitante
Alternativo

Mascota

editar

A mascota dos Houston Rockets nos anos 1980 chamábase Booster. De 1993 a 1995 a mascota foi Turbo, un home disfrazado que realizaba mates acrobáticos e outras manobras. En 1995 debutou como segunda mascota "Clutch the Bear" (do inglés: o oso Cluth), un grande oso de peluche que realiza toda unha variedade de actos durante os partidos. Despois de oito anos con dúas mascotas, o actor que interpretaba a Turbo se retirou, facendo de Clutch a única mascota do equipo.[8]

Rivalidades

editar

Os Rockets desenvolveron moitas rivalidades dentro da Conferencia Oeste desde o regreso á mesma en 1980. Dúas das grandes rivalidades son interestatais, cos San Antonio Spurs, que regresaron desde a Conferencia Leste no mesmo ano que os de Houston, e os Dallas Mavericks, que entraron na liga ese mesmo ano. Nos Playoffs polo título, os Rockets enfrontouse contra cada un dos outros equipos texanos en tres ocasións, sempre superando aos de San Antonio e perdendo dúas veces cos de Dallas. Outras rivalidades coñecidas son a que manteñen cos Lakers, equipo que na era do Showtime só se perdeu unhas Finais da NBA debido a caer ante os Rockets, e os Utah Jazz, aos que gañaron nos anos dos seus títulos, mais que non conseguiron vencer noutras cinco ocasións.

Temporadas

editar

Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2014−15.

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de Playoffs
Temporada Conferencia Posto División Posto V D %V PD Playoffs Premios
San Diego Rockets
1967−68 Oeste 15 67 .183 41
1968−69 Oeste 37 45 .461 18 Perdidas Semifinais de Divisón (Hawks) 4–2
1969−70 Oeste 27 55 .329 21
1970−71 Oeste Pacífico 40 42 .488 8
Houston Rockets
1971−72 Oeste Pacífico 34 48 .415 35
1972−73 Leste Central 33 49 .402 19
1973−74 Leste Central 32 50 .390 15
1974−75 Leste Central 41 41 .500 19 Gañada Primeira Rolda (Knicks) 2–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–1
1975−76 Leste Central 40 42 .488 9
1976−77 Leste Central 49 33 .598 Gañadas Semifinais de Conferencia (Bullets) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (76ers) 4–2
Tom Nissalke (COY)
1977−78 Leste Central 28 54 .341 24
1978−79 Leste Central 47 35 .573 1 Perdida Primeira Rolda (Hawks) 2–0 Moses Malone (MVP)
1979−80 Leste Central 41 41 .500 9 Gañada Primeira Rolda (Spurs) 2–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–0
1980−81 Oeste Medio Oeste 40 42 .488 12 Gañada Primeira Rolda (Lakers) 2–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Kings) 4–1
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–2
1981−82 Oeste Medio Oeste 46 36 .561 2 Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 2–1 Moses Malone (MVP)
1982−83 Oeste 12º Medio Oeste 14 68 .171 39
1983−84 Oeste 12º Medio Oeste 29 53 .354 16 Ralph Sampson (ROY)
1984−85 Oeste Medio Oeste 48 34 .585 4 Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–2 Ralph Sampson (AMVP)
1985−86 Oeste Medio Oeste 51 31 .622 Gañada Primeira Rolda (Kings) 3–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Lakers) 4–1
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–2
1986−87 Oeste Medio Oeste 42 40 .512 13 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–2
1987−88 Oeste Medio Oeste 46 36 .561 8 Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 3–1
1988−89 Oeste Medio Oeste 45 37 .549 6 Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 3–1
1989−90 Oeste Medio Oeste 41 41 .500 15 Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–1
1990−91 Oeste Medio Oeste 52 30 .634 3 Perdidas Primeira Rolda (Lakers) 3–0 Don Chaney (COY)
1991−92 Oeste Medio Oeste 42 40 .512 13
1992−93 Oeste Medio Oeste 55 27 .671 Gañada Primeira Rolda (Clippers) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–3
Hakeem Olajuwon (DPOY)
1993−94 Oeste Medio Oeste 58 24 .707 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Jazz) 4–1
Gañadas Finais da NBA (Knicks) 4–3
Hakeem Olajuwon
(MVP, FMVP, DPOY)
1994−95 Oeste Medio Oeste 47 35 .573 15 Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Spurs) 4–2
Gañadas Finais da NBA (Magic) 4–0
Hakeem Olajuwon (FMVP)
1995−96 Oeste Medio Oeste 48 34 .585 11 Gañada Primeira Rolda (Lakers) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–0
1996−97 Oeste Medio Oeste 57 25 .695 7 Gañada Primeira Rolda (Timberwolves) 3–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Jazz) 4–2
1997−98 Oeste Medio Oeste 41 41 .500 21 Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–2
1998−99 Oeste Medio Oeste 31 19 .620 6 Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–1
1999−00 Oeste 11º Medio Oeste 34 48 .415 21 Steve Francis (ROY)
2000−01 Oeste Medio Oeste 45 37 .549 13
2001−02 Oeste 11º Medio Oeste 28 54 .341 30
2002−03 Oeste Medio Oeste 43 39 .524 17
2003−04 Oeste Medio Oeste 45 37 .549 13 Perdida Primeira Rolda (Lakers) 4–1
2004−05 Oeste Suroeste 51 31 .622 8 Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 4–3
2005−06 Oeste 12º Suroeste 34 48 .415 29
2006−07 Oeste Suroeste 52 30 .634 15 Perdida Primeira Rolda (Jazz) 4–3
2007−08 Oeste Suroeste 55 27 .671 1 Perdida Primeira Rolda (Jazz) 4–2
2008−09 Oeste Suroeste 53 29 .646 1 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–3
2009−10 Oeste Suroeste 42 40 .512 13 Aaron Brooks (MIP)
2010−11 Oeste Suroeste 43 39 .524 18
2011−12 Oeste Suroeste 34 32 .515 16
2012−13 Oeste Suroeste 45 37 .549 15 Perdida Primeira Rolda (Thunder) 4–2
2013−14 Oeste Suroeste 54 28 .659 8 Perdida Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2
2014−15 Oeste Suroeste 56 26 .683 Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Clippers) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Warriors) 4–1

Rexistro histórico

editar
Estatística Vitorias Derrotas % vitorias
San Diego Rockets en Temporada Regular (1968–1971) 119 209 .363
Houston Rockets en Temporada Regular (1971–presente) 1.892 1.668 .531
Total en Temporada Regular (1968–2014) 2.011 1.877 .517
San Diego Rockets en Playoffs (1969) 2 4 .333
Houston Rockets en Playoffs (1975–presente) 126 133 .483
Total en Playoffs (1969–presente) 128 137 .483
Total en Temporada Regular e Playoffs 2.139 2.014 .515

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Houston Rockets 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
P 12   Adams, Steven 2.11 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb) Pittsburgh
E/A 9   Brooks, Dillon 1.98 m (6 ft 6 in) 102 kg (225 lb) Oregon
A/AP 25   Bullock, Reggie 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) North Carolina
A/AP 17   Eason, Tari 2.03 m (6 ft 8 in) 98 kg (215 lb) LSU
B/E 4   Green, Jalen 1.98 m (6 ft 6 in) 82 kg (180 lb) Prolific Prep (CA)
A/AP 32   Green, Jeff 2.03 m (6 ft 8 in) 107 kg (235 lb) Georgetown
E/A 14   Hinton, Nate 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb) Houston
B/E 0   Holiday, Aaron 1.83 m (6 ft 0 in) 84 kg (185 lb) UCLA
P 2   Landale, Jock 2.11 m (6 ft 11 in) 116 kg (255 lb) Saint Mary's
P 51   Marjanović, Boban 2.24 m (7 ft 4 in) 132 kg (290 lb) Serbia
A/AP 00   Samuels, Jermaine 1.98 m (6 ft 6 in) 104 kg (230 lb) Villanova
P 28   Şengün, Alperen 2.11 m (6 ft 11 in) 110 kg (243 lb) Turquía
A/AP 10   Smith, Jabari Jr. 2.11 m (6 ft 11 in) 100 kg (220 lb) Auburn
A/AP 8   Tate, Jae'Sean 1.93 m (6 ft 4 in) 104 kg (230 lb) Ohio State
E/A 1   Thompson, Amen 2.01 m (6 ft 7 in) 91 kg (200 lb) Pine Crest (FL)
B/E 5   VanVleet, Fred 1.83 m (6 ft 0 in) 89 kg (197 lb) Wichita State
A/AP 7   Whitmore, Cam 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Villanova
E/A 19   Williams, Nate 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) Buffalo
Adestrador
Asistente(s)
  •   Josh Bostic
  •   Will Dunn
  •   Cam Hodges
  •   Royal Ivey

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 25-02-2024

Líderes históricos

editar

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[9]

  1. Hakeem Olajuwon (26.511)
  2. Calvin Murphy (17.949)
  3. Rudy Tomjanovich (13.383)
  4. Elvin Hayes (11.762)
  5. Moses Malone (11.119)
  6. Yao Ming (9.247)
  7. Robert Reid (8.823)
  8. Mike Newlin (8.480)
  9. Otis Thorpe (8.177)
  10. Cuttino Mobley (7.448)
  11. Steve Francis (7.281)
  12. Tracy McGrady (6.888)
  13. Allen Leavell (6.684)
  14. James Harden (6.091)
  15. Vernon Maxwell (6.002)
  16. Ralph Sampson (5.995)
  17. Kenny Smith (5.910)
  18. Luis Scola (5.597)
  19. Rodney McCray (5.059)
  20. Sleepy Floyd (5.030)
  21. Stu Lantz (4.947)
  22. Lewis Lloyd (4.384)
  23. Clyde Drexler (4.155)
  24. Buck Johnson (4.139)
  25. John Block (4.138)
  26. Don Kojis (4.037)
  27. John Lucas II (3.756)
  28. Kevin Kunnert (3.550)
  29. Aaron Brooks (3.465)
  30. Rafer Alston (3.370)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[10]

Minutos xogados

  1. Hakeem Olajuwon (42.844)
  2. Calvin Murphy (30.607)
  3. Rudy Tomjanovich (25.714)
  4. Robert Reid (21.718)
  5. Elvin Hayes (20.782)

Rebotes

  1. Hakeem Olajuwon (13.382)
  2. Elvin Hayes (6.974)
  3. Moses Malone (6.959)
  4. Rudy Tomjanovich (6.198)
  5. Otis Thorpe (5.010)

Asistencias

  1. Calvin Murphy (4.402)
  2. Allen Leavell (3.339)
  3. Hakeem Olajuwon (2.992)
  4. Mike Newlin (2.581)
  5. Kenny Smith (2.457)

Roubos

  1. Hakeem Olajuwon (2.088)
  2. Calvin Murphy (1.165)
  3. Allen Leavell (929)
  4. Robert Reid (881)
  5. Steve Francis (619)

Tapóns

  1. Hakeem Olajuwon (3.740)
  2. Yao Ming (920)
  3. Moses Malone (758)
  4. Ralph Sampson (585)
  5. Kelvin Cato (431)

Basketball Hall of Fame

editar
Membros do Basketball Hall of Fame dos Houston Rockets
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
2
4
Rick Barry A 1978–80 1987
11
44
Elvin Hayes P 1968–72
1981–84
1990
23 Calvin Murphy B 1970–83 1993
24 Moses Malone P 1976–82 2001
22 Clyde Drexler 1 E 1995–98 2004
4 Charles Barkley 2 AP 1996–00 2006
34 Hakeem Olajuwon P 1984–01 2008
33 Scottie Pippen 3 A 1998–99 2010
50 Ralph Sampson P 1983–87 2012
55 Dikembe Mutombo P 2004–09 2015
Adestradores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Alex Hannum Adestr. 1969–71 1998
Tex Winter Adestr. 1971–73 2011
Notas:

Dorsais retirados

editar
Dorsais retirados polos Houston Rockets
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
22 Clyde Drexler E 1995–98 3 de febreiro de 2000
23 Calvin Murphy B 1970–83 17 de marzo de 1984
24 Moses Malone P 1976–82 19 de abril de 1998
34 Hakeem Olajuwon P 1984–01 9 de novembro de 2002
45 Rudy Tomjanovich A 1970–81 28 de xaneiro de 1982
CD Carroll Dawson 1979–07 16 de abril de 2007

Galardóns individuais

editar

Participacións no All-Star Weekend

editar

Adestradores

editar
 
Rudy Tomjanovich.
# Nome Anos Tempada regular Playoffs Logros
P V D % P V D %
San Diego Rockets
1
Jack McMahon
19681970
190
61
129
.321
6
2
4
.333
2
Alex Hannum
1970–1971
138
58
80
.420
Houston Rockets
3
Tex Winter
19711973
129
51
78
.395
4
Johnny Egan
19731976
281
129
152
.459
8
3
5
.375
5
Tom Nissalke
19761979
246
124
122
.504
14
6
8
.429
Adestrador do Ano da NBA (1976–77)
6
Del Harris
19791983
328
141
187
.430
31
15
16
.484
7
Bill Fitch
19831988
410
216
194
.527
39
21
18
.538
Incluído nos 10 mellores adestradores da historia da NBA
8
Don Chaney
19881992
298
164
134
.550
11
2
9
.182
Adestrador do Ano da NBA (1990–91)
9
Rudy Tomjanovich
19922003
900
503
397
.559
90
51
39
.567
Dous títulos da NBA (1994, 1995)
10
Jeff Van Gundy
20032007
328
182
146
.555
19
7
12
.368
11
Rick Adelman
20072011
328
193
135
.588
19
9
10
.474
Cuarta xeira de vitorias máis longa da historia da NBA
12
Kevin McHale
20112015
323
193
130
.598
29
13
16
.448
13
J. B. Bickerstaff
2015
0
0
0
.000
  1. 1,0 1,1 1,2 "Owners, fans waited years before Rockets took off". Chron (en inglés). 16 de setembro de 2001. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  2. "A Roundup Of The Sports Information Of The Week". Sports Illustrated (en inglés). 25 de marzo de 1968. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  3. Varga, George (9 de setembro de 2008). "Arm of entertainment giant taking over at Sports Arena". The San Diego Union-Tribune (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  4. Horton, Marianne (2005). "Lakewood Church Set to Open Doors". H Texas (en inglés). Archived from the original on 09 de outubro de 2007. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  5. Creamer, Chris. "San Diego Rockets Logos". Sports Logos (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Creamer, Chris. "Houston Rockets Logos". Sports Logos (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Going Retro: Houston Rockets". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  8. Hlavaty, Craig (16 de agosto de 2010). "Mascoty School: How To Entertain, and What About Having To Pee?". Houston Press (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  9. "Rockets: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  10. "Houston Rockets Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 1
HOME 2
Idea 2
idea 2
iOS 3
mac 2
OOP 1
os 215
todo 2