Huelva[1] é unha cidade e concello español, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaHuelva
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°15′N 6°57′O / 37.25, -6.95
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Huelva Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Huelva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación142.532 (2023) Editar o valor en Wikidata (956,59 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie149.000.000 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude54 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSebastián Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataPilar Miranda Plata (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal21001 y otros Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE21041 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webhuelva.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451320

Xeografía

editar

Huelva atópase localizada nunha pequena península confluencia dos ríos Tinto e Odiel, na chamada terra chaira pertencendo á conca do Guadiana. Está situada a escasos quilómetros do mesmo, do que o separan unha ría e varias illas. Os dous ríos fusiónanse no punto coñecido como Punta do Sebo (ou Península de Huelva ou Anicoba). A altitude media varía desde os cero aos cincuenta e catro metros sobre o nivel do mar.

Noroeste: San Bartolomé de la Torre Norte: Gibraleón Nordés: San Juan del Puerto
Oeste: Aljaraque e río Odiel   Leste: Moguer, Palos de la Frontera e río Tinto
Suroeste El Rompido e o océano Atlántico Sur: Punta Umbría e o océano Atlántico Sueste: Mazagón e o océano Atlántico

O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa arrefría o caloroso clima.

Historia

editar

O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade de Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.

Economía

editar

As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla frota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama. O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século XX.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onubense.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1