Hílidos
A dos hílidos (Hylidae) é unha familia de anfibios anuros, coñecidos como ras arborícolas comúns, moi variábeis morfolóxica e ecoloxicamente.
Hílidos (Hylidae) Ras arborícolas comúns | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Agalychnis callidryas | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Distribución dos hílidos (en negro)
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.
Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.[1]
Características
editarO dos hílidos constitúen un grupo de ras moi amplo e de grande éxito, que están presentes en gran parte do mundo tropical e temperado, agás en parte do SE asiático e na maior parte de África.
As tres especies europeas son membro típicos do xénero Hyla que, porén, é un grupo tipicamente americano. Son ras pequenas, repoludas, de pel lisa, con ollos coa pupila horizontal, patas longas e discos adhesivos na punta dos dedos, que se alimentan principalmente de insectos voadores que capturan con gran axilidade.
A reprodución ten lugar na noite, en pozas, lagoas ou en pequenos ríos de curso lento. Os machos desenvolven pequenas calosidades nupciais nos polgares, e abrazan ás femias nun amplexo axilar. Os ovos son depositados en paquetes flotantes, do tamaño dunha noz, que conteñen de 800 a 1 000 ovos. Os cágados, que tenden a seren solitarios, teñen unha profunda aleta caudal que se estende cara a diante até o dorso, e nadan con movementos rápidos similares aos dun peixe.[2][3]
Clasificación
editarA familia dividíase tradicionalmente en tres subfamilias, con 46 xéneros.[4]
Tres das anteriores subfamilias seguen incluídas en Hylidae, aínda que dúas delas considéranse agora como unha soa porque son monofiléticas.
A subfamilia Hylinae divídese, segundo certos autores, en catro tribos.[5]
- Familia Hylidae
- Subfamilia Pelodryadinae
- Subfamilia Phyllomedusinae
- Subfamilia Hylinae
- Acris
- Anotheca
- Aparasphenodon
- Aplastodiscus
- Argenteohyla
- Bokermannohyla
- Bromeliohyla
- Charadrahyla
- Corythomantis
- Dendropsophus
- Diaglena
- Duellmanohyla
- Ecnomiohyla
- Exerodonta
- Hyla
- Hyloscirtus
- Hypsiboas
- Isthmohyla
- Itapotihyla
- Megastomatohyla
- Myersiohyla
- Nyctimantis
- Osteocephalus
- Osteopilus
- Phyllodytes
- Plectrohyla
- Pseudacris
- Pseudis
- Ptychohyla
- Scarthyla
- Scinax
- Smilisca
- Sphaenorhynchus
- Tepuihyla
- Tlalocohyla
- Trachycephalus
- Triprion
- Xenohyla
O estudo xenético separou da familia Hylidae a subfamilia Hemiphractinae:[5]
Familia Hemiphractidae
- Xénero Cryptobatrachus
- Xénero Hemiphractus
- Xénero Stefania
Os xéneros Flectonotus e Gastrotheca considéranse parte da familia Amphignathodontidae.
Notas
editar- ↑ Zweifel (1998), pp. 93–94.
- ↑ Arnold e Burton (1978), pp. 74-75.
- ↑ Andrada (1980), p. 68.
- ↑ Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2. Electronic Database (accesíbel en Amphibia American Museum of Natural History, New York, USA).
- ↑ 5,0 5,1 Faivovich, Julián et. al. (2005): "Systematic review of the frog familiy Hylidae, with special reference to Hylinae: phylogenetic analysis and taxonomic revisio", in Bulletin of the American Museum of Natural History, 294 (1): 1–240. Resume
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hílidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hílidos |
Bibliografía
editar- Andrada, J. (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
- Arnold, E. N. & J. A. Burron (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
- Zweifel, Robert G. (1998): in Cogger, H. G. & R. G. Zweifel (eds.) Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Clasificación dos Hylidae (en inglés) Consultada o 2/10/2012.
- Amphibian Species of the World (en inglés) Consultada o 2/10/2012.
- Familia Hylidae (en inglés) Consultada o 2/10/2012.