Icare
filme de 2022 dirixido por Carlo Vogele
Icare é un filme de animación luxemburgués, belga e francés de 2022 dirixido por Carlo Vogele. Inspirado na mitoloxía grega, relata unha reescritura dos mitos de Ícaro, o Minotauro, Ariadna e Teseo imaxinando o Minotauro como unha criatura pacífica. Foi escollido como candidato de Luxemburgo para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Icare | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Icare |
Director | Carlo Vogele |
Guión | Carlo Vogele Isabelle Andrivet |
Música | André Dziezuk |
Montaxe | Michel Dimmer |
Estudio | Rezo Productions Iris Productions |
Distribuidora | Bac Films Distribution |
Estrea | 30 de marzo de 2022 |
Duración | 77 minutos |
Orixe | Luxemburgo Francia Bélxica |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Personaxes
editar- Wolf Van Cappellen como Ícaro, neno
- Igor Van Dessel como Ícaro, adolescente
- Alexis Flamant como Asterion, o Minotauro
- Maia Baran como Pasífae
- Isabelle Andrivet como Pasífae, moza
- Mark Irons como Minos
- Camille Cottin como Ariadna
- Niels Schneider como Teseo
- Féodor Atkine como Dédalo
Notas
editar- ↑ "ICARE défendra les couleurs du Luxembourg dans la course aux Oscars". L'essential. 23 de setembro de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022.