Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires
A Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires é un templo románico da parroquia de Taboada dos Freires, no concello de Taboada (provincia de Lugo).
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires | |
---|---|
País | España |
Advocación | Santa María |
Localización | Taboada dos Freires (Taboada) |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Diocese de Lugo |
Arquitectura | |
Construción | 1190 [1] |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarÉ das poucas igrexas construídas polos templarios[Cómpre referencia] no concello e das poucas na súa contorna.
Consiste nunha soa nave de planta basilical, que foi prolongada na súa cabeceira aproximadamente en 1920. Do punto de vista estético, cabe destacar a portada occidental, onde hai unha representación de Sansón degolando un león relizada polo mestre Pelaxio, enmarcada en arquivoltas. A parte románica da nave conta con canzorros, e tamén hai unha xanela que foi recolocada na cabeceira cando foi ampliada. No interior, cabe salientar un retablo en madeira de principios do século XX.
Xusto en fronte da igrexa estaba a casa reitoral, construída no século XVII e que posibelmente albergase no seu momento un mosteiro, que estivo habitada aproximadamente até 1980 e que en 2018 se veu abaixo, após décadas de desleixo.[2]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da igrexa de Santa María de Taboada dos Freires.
Notas
editar- ↑ Cegarra Martínez, Basilio (1999): VI Guía e rutas da arte, Lugo, pp. 83-84. Galaxia, Vigo, ISBN 84-8288-327-5.
- ↑ "Cae unha reitoral do século XVII en Taboada logo da visita duns técnicos que dixeran que non corría perigo". 19/2/2018. Consultado o 2/3/2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires |
Bibliografía
editar- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Barrié. p. 594. ISBN 84-85728-62-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Igrexa Parroquial Santa Mª de Taboada dos Freires en Turgalicia
- Delgado Gómez, Jaime. "Igrexa de Taboada dos Freires". Concello de Taboada (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 28 de marzo de 2015.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |