Igrexa de Santa María do Azougue
A igrexa de Santa María do Azougue atópase situada na cidade de Betanzos, na provincia da Coruña. Está declarada Monumento Nacional, e Ben de Interese Cultural por Decreto de 1944[1].
Igrexa de Santa María do Azougue | |
---|---|
Fachada principal. | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Galicia |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santa María |
Localización | Betanzos |
Coordenadas | 43°16′55″N 8°12′40″O / 43.281965415948, -8.2111604982224 |
Catalogación | Ben de Interese Cultural (1944) |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1350-1450 |
Estilo | gótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi construída entre a segunda metade do século XIV e a primeira do XV sobre outro templo máis antigo de época románica. A obra promovérana os condes de Andrade: Fernán Peres de Andrade o Boo e o seu sucesor Fernán Pérez de Andrade o Mozo.
Descrición
editarIgrexa de estilo gótico, presenta unha planta basilical de tres naves con catro tramos, sen abovedar e desembocando todas elas nunha tripla ábsida; a central máis ancha que as laterais. A capela maior debuxa unha traza poligonal, heptagonal, mentres que as capelas absidais teñen planta cadrada. Estas tres dependencias son as únicas que se cobren con bóveda de aresta.
O coro levántase aos pés do templo. Da ornamentación interior destaca o retablo da capela maior. No século XV instalouse nese lugar un retablo hispano-flamengo, que foi substituído na súa armazón por outro novo en 1748, no cal se colocaron as tallas góticas do orixinal, con representación da vida de Cristo en madeira dourada e policromada. No ano 1981 foron roubadas tódalas súas tallas, aínda que posteriormente se foron recuperando. Iluminan o interior do templo catro fiestras con parteluz, xunto a outras máis modernas a capela maior, e unha sinxela, coetánea á igrexa, a capela absidal do Evanxeo[2].
No ano 2022 lévanse a cabo na igrexa de Santa María labores de restauración patrocinados pola Xunta de Galicia. Durante a restauración e co traslado do retablo de San Pedro, queda ao descuberto un arcosolio decorado con volumes en pedra e policromías, e descóbrese que acolle un enterramento decorado cun panel de pintura mural na zona superior. O conxunto ata agora descoñecido na igrexa de Santa María, constitúe o único arcosolio funerario que conserva policromías e pinturas murais na vila de Betanzos.[3]
No seu exterior sobresaen as portadas. Na fachada principal encóntrase o tema da Epifanía, e sobre fornelos preséntanse as imaxes da Anunciación. A portada norte reproduce o tema do Xuízo Final, no que San Miguel pesa nunha balanza a alma dun xusto en actitude orante, mentres un morto recibe dun monstro un chorro de líquido fervente. A porta de entrada está cuberta por un arco de medio punto, decorado con arquiños a xeito de palmeiras invertidas e nas arquivoltas varias ordes de motivos vexetais e xeométricos. No tímpano dúas escenas da Adoración dos Reis e a Anunciación. Enriba loce un amplo rosetón.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da igrexa de Santa María do Azougue.
-
Fachada principal
-
Porta de acceso
-
Reprodución do Xuízo Final nunha das fachadas da igrexa.
-
Porta lateral.
-
Tímpano da porta principal.
-
Detalle do tímpano.
-
Capiteis.
-
Vista da ábsida.
-
Vista da ábsida e xardíns anexos.
-
Nave principal.
-
Crucifixo e pía bautismal.
-
Vista de elementos interiores.
-
Interior do templo.
Notas
editar- ↑ "Relación de bens de interese cultural en Galicia". Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Consultado o 30/9/2018.
- ↑ "Monumentos". www.betanzos.net. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2016. Consultado o 30-8-2016.
- ↑ López Brea, Carlota (2022). "Traballos de restauración na igrexa de Santa María do Azougue: O retablo de San Pedro e o arcosolio policromado". Anuario brigantino (45): 81–110. ISSN 1130-7625.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa María do Azougue |
Ligazóns externas
editar- www.betanzos.net (en castelán).
- Igrexa de Santa María do Azougue na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Ficha Arquivado 11 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia.