Il trovatore (en galego O trobador) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseada na obra de teatro El trovador (1836) de Antonio García Gutiérrez. Foi estreada no Teatro Apollo de Roma, o 19 de xaneiro de 1853.[4] Forma parte, xunto con Rigoletto e La traviata, da chamada "triloxía verdiana", formada polas óperas máis populares de Verdi escritas de xeito consecutivo.

Il trovatore
O trobador
Cartel de 1885 no Covent Garden.
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos (indicados como "partes")
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaS. Cammarano, rematado por Leone Emanuele Bardare
Fontes literariasBaseado na obra de Antonio García Gutiérrez, El Trovador (1836)
Estrea19 de xaneiro de 1853
Teatro da estreaTeatro Apollo
Lugar da estreaRoma
Duración2 horas 15 minutos[1]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
coroParticipación destacable[2]
Personaxes

Manrico (tenor lírico-spinto)
O conde de Luna (barítono)
Leonora (soprano dramática)
Inés (soprano)
Azucena (mezzosoprano)
Ferrando (baixo)
Ruiz (tenor)[3]

Cammarano morreu a mediados de 1852 antes de rematar o libreto, feito que dou ao compositor a oportunidade de propor revisións significativas, que baixo a súa dirección realizou o xove libretista Leone Emanuele Bardare,[5] e se ven en gran medida na ampliación do papel de Leonora.

A trama -intricada e novelesca- desenvólvese entre Biscaia e Aragón, no marco da revolta de Jaume d'Urgel a principios do século XV contra Fernando de Antequera, a raíz do resultado do Compromiso de Casp, ao que se chegou logo da morte sen fillos de Martiño o Humano.[6]

Personaxes

editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea,
19 de xaneiro de 1853[7]
(Director: – )
Versión revisada en francés
(Le trouvère),
12 de xaneiro de 1857[8]
(Director: – )
Conde de Luna, un nobre ao servizo do príncipe de Aragón barítono Giovanni Guicciardi Marc Bonnehée
Manrico, un trobador e oficial no exército do príncipe de Urgell tenor Carlo Baucardé Louis Guéymard
Azucena, unha xitana, supostamente nai de Manrico mezzosoprano Emilia Goggi Adelaide Borghi-Mamo
Leonora, dama nobre, namorada de Manrico e cortexada por De Luna soprano Rosina Penco Pauline Guéymard-Lauters
Ferrando, oficial de Luna baixo Arcangelo Balderi Prosper Dérivis
Ines, confidente de Leonora soprano Francesca Quadri Mme Dameron
Ruiz, secuaz de Manrico tenor Giuseppe Bazzoli Sapin
Un vello xitano baixo Raffaele Marconi
Un mensaxeiro tenor Luigi Fani
Amigos de Leonora, monxas, lacaios do conde, guerreiros, xitanos
  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 172–173. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. Roger Alier, Marc Heilbron e Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
  3. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  4. Budden, Vol. 2, p. 66
  5. Budden, Vol. 2, p. 65
  6. Alier, Roger Guia Universal de la ópera. Barcelona, 2007, Edicións Robinbook. Pág. 912. ISBN 978-84-96924-03-1
  7. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 58.
  8. Lista de cantantes tomada de Pitou, p. 1335.

Véxase tamén

editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
Idea 1
idea 1
iOS 2
os 27
todo 1
visual 1