Irving Thalberg

produtor de cinema estadounidense

Irving Grant Thalberg, nado en Nova York o 30 de maio de 1899 e finado en Santa Monica (California) o 14 de setembro de 1936, foi un produtor estadounidense das primeiras décadas do cine. Era coñecido como "The Wonder Boy" (o mozo marabilla) pola súa xuventude e pola súa habilidade para escoller bos guións, seleccionar os actores axeitados, contratar o mellor equipo e, sobre todo, facer rendibles todos os filmes nos que participou.

Modelo:BiografíaIrving Thalberg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1899 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónBoys and Girls High School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutor de cinema, produtor, montador, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor en Wikidata - 1936 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Sur de California
Metro-Goldwyn-Mayer Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNorma Shearer (1927–1936) Editar o valor en Wikidata
FillosIrving Thalberg, Jr., Katherine Thalberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsSylvia Thalberg Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0856921 Allocine: 55761 Allmovie: p113918 TCM: 190595
BNE: XX4926288 WikiTree: Thalberg-2 Find a Grave: 1025 Editar o valor en Wikidata

Fíxose dono de todas as facetas da produción nunha época en que o director era considerado o máximo responsable do filme. Faleceu vítima da súa fráxil saúde aos 37 anos tras alterar e consolidar a figuras do produtor.

Traxectoria

editar

Fillo de inmigrantes xudeus alemáns, Thalberg naceu en Brooklyn, Nova York, en 1899. De saúde fráxil, xa de neno tivo problemas de corazón e outras doenzas que o acompañaron toda a súa vida. Tras completar os seus estudos en 1919, conseguiu traballo na sucursal de Nova York da Universal Pictures, onde exerceu de secretario do fundador do estudio, o seu tío Carl Laemmle, dono dos estudios. Aos 21 anos xa era produtor executivo do estudio en Universal City, o estudio de produción de Universal en California.

En 1922 gañou a súa reputación de controlador absoluto cando comezou unha batalla con Erich von Stroheim, un dos grandes directores da época, pola duración de Foolish Wives, para logo despedilo fulminantemente do seu filme Merry-Go-Round. Tamén pasou a controlar cada aspecto de The Hunchback of Notre Dame (1923). Dous anos máis tarde, á idade de 25 anos, uniuse a Louis B. Mayer para converterse en vicepresidente e xefe de produción de Metro-Goldwyn-Mayer (MGM), o novo grande estudio nado en 1924 da fusión corporativa entre Metro Picture Corporation (fundada en 1915), Goldwyn Picture Corporation (fundada en 1917), e Louis B. Mayer Pictures (fundada en 1918).

Durante a década seguinte, Thalberg produciu e supervisou decenas de filmes sen aparecer el na ficha técnica, xa que o poder da creación e o seu resultado final, eran máis importantes para el que o recoñecemento do público. Precursor da figura do produtor controlador, Thalberg apareceu nunha época en que o director aínda estaba considerado o responsable final do filme, invertendo esa tendencia da historia do cinema.

O maior éxito de Thalberg á fronte de MGM foi The Big Parade, de King Vidor, e ata o seu ataque ao corazón de 1932, Thalberg orixinou, reescribiu, escolleu o elenco e montou gran parte dos filmes da MGM das décadas de 1920 e 1930, incluídos Ben-Hur (1925), The Big Parade (1925), The Broadway Melody (1929), Mata Hari (1931) ou Tarzan the Ape Man (1932), entre outras moitas.

Tras coñecer a actriz Norma Shearer, casou con ela en 1927 e tivo dous fillos, Irving Jr. (1930–1988) e Katherine (1935–2006). Tralo nacemento do seu segundo fillo, Shearer pensou en retirarse, mais o seu home estaba obsesionado en convertela na maior estrela da pantalla.

O poder de Thalberg era tal que mentres se recuperaba do seu ataque cardíaco, Louis B. Mayer decidiu substituílo por David O. Selznick e Walter Wanger. Ao seu regreso, Thalberg non era máis que un dos produtores do estudio. Con todo, iso non lle impediu continuar a fabricar algúns dos seus maiores éxitos para MGM como Grand Hotel (1932), Mutiny on the Bounty (1935), China Seas (1935), Unha noite na ópera (1935) cos irmáns Marx, No More Ladies (1935) e Romeo and Juliet (1936).

Thalberg andaba a traballar na preprodución de A Day at the Races (1937) e Marie Antoinette (1938), cando enfermou o 8 de setembro de 1937, cun prognóstico de catarro, que foi seguido de febre e diagnóstico de pneumonía. A súa saúde non o resistiu e faleceu de pneumonía o 15 de setembro aos 37 anos en Santa Monica.

O enterro de Irving Thalberg tivo lugar o 17 de setembro, cunha cerimonia no Wilshire Boulevard Temple. Ducias de estrelas do cinema, miles de persoas e os grandes magnates da industria (Louis B. Mayer, Adolph Zukor, os irmáns Jack e Harry Warner) reuníronse para despedilo. Foi enterrado no Gran Mausoleo do Forest Lawn Memorial Park en Glendale (California), onde descansa a carón da súa dona Norma Shearer, na cripta Norma Shearer Arrouge. Na lápida de Thalberg pódese ler "My Sweetheart Forever" (Meu cariño para sempre).[1]

Legado

editar

Dende 1937 outórgase na cerimonia dos premios Óscar o Premio en memoria de Irving Thalberg (Irving G. Thalberg Memorial Award), destinado a premiar personaxes especialmente importantes no mundo da produción cinematográfica, e que consiste nun pequeno busto do propio Thalberg.

Filmografía

editar

Produtor

editar

Guionista

editar
  • The Trap (1922)
  • The Dangerous Little Demon (1922)

Premios

editar
Ano Premio Resultado Categoría Filme
1928 Premios Óscar Ganador Óscar ao mellor filme The Broadway Melody
1923 Premios Photoplay Medalla de honor The Big Parade
1932 Smilin' Through
1934 The Barretts of Wimpole Street
  1. "Find A Grave". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2013. Consultado o 09 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Thalberg: Life and Legend por Bob Thomas (1969)
  • Thalberg: The Last Tycoon and the World of M-G-M por Roland Flamini (1994)
  • Mayer and Thalberg: The Make-believe Saints por Samuel Marx (1975)
  • Vieira, Mark A. Irving Thalberg's M-G-M. Nova York: Harry N. Abrams, 2008.
  • Vieira, Mark A. Irving Thalberg: Boy Wonder to Producer Prince. Berkeley: University of California Press, 2009.

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 3
dada 3
Done 1
eth 1
orte 4
Todos 1