Irwin Allen
Irwin Allen, nado o 12 de xuño de 1916 en Nova York e finado o 2 de novembro de 1991 en Santa Monica (California), foi un produtor e director de cine e televisión estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1916 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de novembro de 1991 (75 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemitério Mount Sinai Memorial Park (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Produción de cinema |
Ocupación | director de cinema, produtor de televisión, realizador, guionista, director de televisión, produtor de cinema, produtor |
Período de actividade | 1950 - 1986 |
Familia | |
Cónxuxe | Sheila Matthews Allen (1974–1991), morte |
Premios | |
| |
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Traxectoria
editarNa década de 1950 e a comezos da seguinte Allen produciu filmes como Dangerous Mission (1954), The Animal World (1956), The Story of Mankind (1957), The Big Circus (1959), The Lost World (1960), Voyage to the Bottom of the Sea (1961) e Five Weeks in a Balloon (1962). Na década de 1960, Allen mudouse á televisión e foi responsable de series como Voyage to the Bottom of the Sea (1964–1968), Lost in Space (1965–1968), The Time Tunnel (1966–1967), Land of the Giants (1968–1970), The Swiss Family Robinson (1975–1976), Code Red (1981–1982). Nos anos 70, Allen volveu ao cine, asociándose o seu nome co xénero de catástrofes, producindo filmes como A aventura do Poseidón (1972) e The Towering Inferno (1974), filmes que tamén codirixiu, tamén levou o xénero á televisión, con telefilmes como Flood! (1976), Fire! (1977), Hanging by a Thread (1978) e en 1979 The Night the Bridge Fell Down e Cave In!. Para o cine dirixiu e produciu The Swarm (1978) e mais Beyond the Poseidon Adventure (1979) e produciu When Time Ran Out (1980).
A finais de 1970 e comezos de 1980 traballou esporadicamente en televisión, coa miniserie The Return of Captain Nemo/The Amazing Captain Nemo (1978) ou o telefilme en dúas partes Alice in Wonderland (1985).