Isabel Celaá
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
María Isabel Celaá Diéguez, nada en Bilbao o 23 de maio de 1949,[1] é unha política e catedrática de ensino secundario vasca, membro do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSOE-EE) e actual portavoz e ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Isabel Celaá Diéguez 23 de maio de 1949 (75 anos) Bilbao, España |
Embaixadora de España na Santa Sé | |
26 de xaneiro de 2022 – | |
Deputada de España | |
3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Daniel Senderos Oraá (en) → Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Araba Electa en: Q69822811 | |
Deputada de España | |
16 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Araba | |
Voceiro do Goberno de España | |
7 de xuño de 2018 – 13 de xaneiro de 2020 ← Íñigo Méndez de Vigo – María Jesús Montero → | |
Ministra de Educación e Formación Profesional | |
7 de xuño de 2018 – 11 de xullo de 2021 ← Íñigo Méndez de Vigo – Pilar Alegría → Membro do gabinete: Primeiro Goberno de Pedro Sánchez | |
Ministro da educação (pt) | |
2018 – 2021 | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
20 de novembro de 2012 – 2 de agosto de 2016 Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Minister of Education (en) | |
9 de maio de 2009 – 14 de decembro de 2012 ← Tontxu Campos – Cristina Uriarte (pt) → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de abril de 2009 – 12 de maio de 2009 – Pilar Pérez-Fuentes Hernández (pt) → Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Vicepresidente Parlamento Vasco | |
25 de marzo de 2008 – 3 de abril de 2009 ← Miguel Buen (en) – Blanca Roncal (en) → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
16 de maio de 2005 – 3 de abril de 2009 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 12 de maio de 2009 Circunscrición electoral: Biscaia | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Deusto Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, diplomática, mestra, profesora de ensino secundario |
Empregador | Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Traxectoria política
editarInicios
editarIniciouse na política en 1987 como responsable do gabinete do conselleiro de Educación, Universidades e Investigación José Ramón Recalde. Tras o breve interregno do goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Euskadiko Ezkerra de 1991, foi viceconselleira de Educación, Universidades e Investigación con Fernando Buesa como conselleiro ata o fin da lexislatura (1995).[2] Na seguinte lexislatura abandonou as responsabilidades educativas, sendo directora de gabinete do conselleiro de Xustiza, Economía, Traballo e Seguridade Social, Ramón Jáuregui. Desde outubro de 1998 é parlamentaria autonómica vasca por Biscaia. Como parlamentaria foi responsable dos temas educativos do seu grupo. Entre 2008 e 2009 foi vicepresidenta primeira do Parlamento Vasco.
Conselleira de Educación
editarDe 2009 a 2012 exerceu o cargo de conselleira de Educación, Universidades e Investigación no Goberno Vasco presidido por Patxi López.[2][3][4] Impulsou a reforma da Educación Pública Vasca, apostando fortemente polo trilingüismo e a incorporación de novas tecnoloxías en centros escolares, mediante o programa Eskola 2.0. Tamén concedeu gran protagonismo á Formación Profesional.
Celaá combateu o adoutrinamento nacionalista nas aulas. A súa primeira medida foi derrogar o currículo escolar (marca o que deben estudar os alumnos ata os 16 anos) aprobado polo seu antecesor, Tontxu Campos (de Eusko Alkartasuna) para desposuír ao currículo escolar da carga ideolóxica nacionalista que lle infundira o Goberno Vasco anterior, onde gobernaba o PNV en coalición con EA e Esquerda Unida. Entre outras cuestións, ese currículo fixaba o éuscaro como lingua preferente na comunidade. Celaá equiparou éuscaro e castelán ao mesmo nivel, de acordo ao bilingüismo de Euskadi. Outro xesto, moi polémico, foi matizar no currículo escolar o termo «Euskal Herria», borrando a entidade política-administrativa que figuraba nos libros de texto, pero blindando o concepto cultural. «Non o imos a eliminar pola sinxela razón de que Euskal Herria existe. É o país do éuscaro e é un territorio que temos de cultura común, de lingua común e que compartimos os vascos», asegurou nunha das súas primeiras entrevistas como nova conselleira autonómica.[5].
Durante a súa etapa como conselleira puxo en marcha os programas de presenza das vítimas do terrorismo nos centros educativos para que trasladasen a súa experiencia aos alumnos de Secundaria.[6][7]
Foi cabeza de lista do PSE-EE ao Senado pola circunscrición de Biscaia nas eleccións xerais de 2015[8] e 2016[9] pero non resultou elixida.
Ministra de Educación
editarCelaá foi elixida por Pedro Sánchez como ministra de Educación e voceira do seu novo goberno, tras o éxito da moción de censura que o PSOE presentou contra o anterior goberno de Mariano Rajoy (PP) en xuño de 2018.[10]
Cargos desempeñados
editar- Viceconselleira de Educación, Universidades e Investigación (1991-1995)
- Membro do Parlamento Vasco (1998-2009)
- Conselleira de Educación, Universidades e Investigación (2009-2012)
- Membro do Parlamento Vasco (2012-2016)
- Presidenta da Comisión de Asuntos Europeos e Acción Exterior do Parlamento Vasco (2013-2016).
- Ministra de Educación e Formación Profesional (desde 2018)
Vida persoal
editarIsabel Celaá é licenciada en Filosofía e Letras e Dereito[11] polas universidades de Deusto e de Valladolid. Está casada e é nai de dúas fillas. Ten acreditado o nivel C1 de éuscaro mediante o título EGA. Viviu e estudou varios anos en Irlanda.[10]
Notas
editar- ↑ "Isabel Celáa será ministra de Educación en el Gobierno de Pedro Sánchez". RTVE.es (en castelán). 6 de xuño de 2018. Consultado o 23 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Isabel Celaá será la ministra de Educación del Gobierno de Pedro Sánchez". eldiario.es. Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "DECRETO 6/2009, de 8 de mayo, del Lehendakari, de nombramiento de la Consejera de Educación, Universidades e Investigación.". BOPV. 9 de maio de 2009. Consultado o 7 de maio de 2019.
- ↑ "DECRETO 21/2012, de 15 de diciembre, del Lehendakari, por el que se declara el cese en sus funciones de los Consejeros y Consejeras del Gobierno". BOPV. 17 de decembro de 2012. Consultado o 7 de maio de 2019.
- ↑ "Celaá afirma que no eliminarán el término Euskal Herria del currículum vasco porque existe como "país del euskera"". Europa Press. 27 de xullo de 2009. Consultado o 7 de maio de 2019.
- ↑ "El testimonio de las víctimas, en Educación para la Ciudadanía". El Periódico de Catalunya. 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 7 de maio de 2019.
- ↑ "Catorce víctimas del terrorismo, listas para dar su testimonio en las aulas vascas". El Correo. vascopress. 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de maio de 2019.
- ↑ "Elecciones Senado 2015. Candidaturas Bizkaia". www.euskadi.eus. Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Elecciones Senado 2016. Candidaturas proclamadas Bizkaia". www.euskadi.eus. Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ 10,0 10,1 "Las ministras y los ministros de Sánchez". Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Transparencia". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Celaá |
Predecesor: Íñigo Méndez de Vigo (Ministro de Educación, Cultura e Deporte de España) |
Ministra de Educación e Formación Profesional de España 2018 - no cargo |
Sucesor: no cargo |